ABC Braga
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
O Académico Basket Clube Braga é un equipo de balonmán da cidade de Braga (Portugal). Actualmente compite na Liga Portuguesa de Andebol (LPA).
ABC Braga | |||
---|---|---|---|
Equipo do ABC Braga no Trofeo Concello do Rosal 2013 | |||
Nome completo | Académico Basket Clube Braga | ||
Cidade | Braga, Portugal | ||
Fundado | 1933 | ||
Pavillón | Pavilhão Flávio Sá Leite | ||
Presidente | Luís Teles | ||
Adestrador | Jorge Rito | ||
Competición | LPA | ||
Na rede | |||
http://www.abcdebraga.com/ | |||
Historia
editarO club foi fundado o 29 de decembro de 1933, tendo ao longo da súa vida diversas modalidades deportivas coma o hóckey a patíns, baloncesto, atletismo, hóckey herba, voleibol, xadrez e patinaxe artística. O 6 de novembro de 1958 recibiu a Medalla de Ouro da cidade polo servizo prestado polo club á xuventude no ano das súas vodas de prata.
1960 foi un ano rico para o ABC. E non só en hockey a patíns ou no atletismo. O voleibol reapareceu tanto na categoría masculina como na feminina.
Hái pouco máis de dúas décadas, o hóckey a patíns era a modalidade raíña, chegando a ceder algúns atletas ás seleccións nacionais. En 1979 o ABC facíase representar en varias modalidades: balonmán, hóckey a patíns, baloncesto, voleibol, ténis de mesa, atletismo e ximnásia. Na tempada 1982-83 o ABC camiñaba cara a unha bipolarización en termos de modalidades practicadas: hóckey a patíns e balonmán.
Co ascenso á primeira división do equipo de balonmán, António Cunha foi o mentor do ABC tal cal o coñecemos. O troco da cor do equipamento de negro a amarelo provocou unha división no club, de xeito que algúns dos socios máis antigos abandonaron o club.
Ese foi posiblemente o prezo a pagar pola gloria. Apenas tres tempadas despois de ter acadado o título da segunda división, o ABC completou un ascenso meteórico coa conquista do primeiro dos doce campionatos nacionais de primeira división (1986-87).
En 1994 disputou a final da Liga de Campións da EHF co Teka Santander, na que perdeu en dobre partido, empatando a 22 na ida en Portugal, e perdendo a volta por 23-21.
Estes éxitos continúan a día de hoxe a converter ao ABC coma o mellor equipo de formación de xogadores de balonmán en Portugal, e unha referencia para o balonmán en Europa.
En xaneiro do 2009 o club recibiu a Medalha de Mérito Desportivo da Secretaría de Estado da Juventude e Desporto polo seut traballo deportivo e social na Gala do Club na que se conmemoraban as vodas de diamante.
Palmarés
editar- 13 Ligas de Portugal: 1987, 1988, 1991, 1992, 1993, 1995, 1996, 1997, 1998, 2000, 2006, 2007, 2016
- 12 Copas de Portugal: 1990, 1991, 1992, 1993, 1995, 1996, 1997, 2000, 2008, 2009, 2015, 2017
- 6 Supercopa de Portugal: 1991, 1992, 1993, 1996, 1999, 2015
- 1 subcampionato da Liga de Campións da EHF: 1994
- 1 EHF Challenge Cup: 2016