Axuda:Citas ao pé

(Redirección desde «A:NOTAS»)

Esta páxina explica como crear a sección de Notas nos artigos da Wikipedia. Neste contexto, o termo "Notas" refírese a forma específica da Wikipedia de documentar as fontes dun artigo e fornecer información tanxencial, e non debe confundirse co concepto xeral de "notas ao pé".

As notas ao pé empréganse habitualmente para fornecer:

Polo xeral non é obrigatorio fornecer unha cita ao pé para cada frase, xa que múltiples oracións dentro dun parágrafo poden estar apoiadas nunha mesma cita ao pé. Para saber que información debe ser citada, podes consultar as normas sobre verificabilidade, citar as fontes, biografías de persoas vivas así como as suxestións indicadas en Wikipedia:Cando citar.

As citas ao pé créanse mediante a extensión de MediaWiki cite.php. Esta extensión engade os elementos HTML <ref>...</ref>, <references /> e <references>...</references>. Estes elementos empréganse tamén en diversos modelos, como por exemplo no modelo {{Listaref}}.

Consideracións xerais

editar

O sistema de notas ao pé amosa dous elementos na páxina:

  • Un marcador de referencia no contido do artigo en forma dun número, letra ou palabra entre chaves. Algúns exemplos son: [1] [a] [Nota 1]. Esta etiqueta de notas ao pé liga cara a cita ao pé completa. Ao facer clic no marcador da nota a páxina salta cara abaixo ata chegar á cita correspondente resaltada. Pasar o rato sobre un destes marcadores, amosará unha pequena ventá emerxente que contén o texto da cita ao pé.
  • Unha cita ao pé ou nota ao pé que amosa a cita completa para a fonte. O conxunto de citas ao pé amósanse en forma de lista ordenada alí onde se inclúe o marcador {{listaref}}. Cada entrada comeza coa etiqueta da nota en formato de texto plano, e a lista de referencias amósase cun tamaño de fonte lixeiramente máis pequeno que o do texto do artigo.
Cada nota ao pé sucesiva increméntase de forma sucesiva. O primeiro marcador de cita ao pé será [1], o segundo [2] e así seguidamente. As etiquetas particulares tamén se incrementan sucesivamente: [a][b][c], [Nota 1] [Nota 2] [Nota 3].
Para unha cita de uso único, a etiqueta de número vai acompañada do símbolo (^) que funciona como ligazón cara o marcador de cita ao pé correspondente. Por exemplo:
1. ^ Cita ao pé
Cando se usa unha cita ao pé en múltiples ocasións, as ligazóns aos distintos marcadores correspondentes indícanse en forma de números:
2. ^ 2,0 2,1 2,2 Cita ao pé
Ao facer clic nestas ligazóns ou ao premer a tecla de retroceso retornase o foco cara o marcador no texto.

Exemplo funcional

editar

Este é un marcador de cita ao pé.[1]

  1. Esta é a nota ao pé completa que contén o texto da referencia ou nota.

Ferramentas para o manexo de referencias

editar
 
Imaxe da barra de ferramentas de edición, coa extensión 'Citar'.

A ferramenta 'Citar' é unha extensión da barra de ferramentas de edición.

 
Exemplo de formulario para inserir unha referencia mediante a ferramenta 'Citar', usando o modelo {{cita publicación}}. Preme sobre a imaxe para ver os detalles.

Para utilizala, fai preme sobre o botón 'Citar' e na lista despregable de modelos da esquerda escolle a que máis se axuste ás túas necesidades. Os modelos a inserir ligados na ferramenta mediante o asistente son {{cita web}}, {{cita novas}}, {{cita libro}} e {{cita publicación periódica}}. Se tes dúbidas de como funcionan, consulta as súas páxinas de documentación premendo sobre as súas ligazóns. Despois, só resta encher o formulario cos datos pertinentes, como o título da referencia, URL de Internet, autores, datas, etc.

Citas ao pé: conceptos básicos

editar

Para crear un marcador de cita ao pé, o primeiro é determinar o punto da páxina onde se quere incluír o marcador e logo introducilo coa referencia ou nota correspondente dentro das etiquetas <ref>...</ref>. Por exemplo

Código Resultado
Isto é texto da páxina.<ref>''LibreOffice For Starters'', 1ª Edición, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18</ref>
{{Listaref}} 

Isto é texto da páxina.[1]

  1. LibreOffice For Starters, 1ª Edición, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18

O contido dentro de <ref>...</ref> amósase dentro da lista de referencias. As etiquetas "ref" poden engadirse alí onde se precisa unha cita ao pé ou unha nota ao pé. Debe existir contido dentro destas etiquetas, xa que en caso contrario amosarán un erro.


O contido das etiquetas "ref" pode formatearse usando a maioría das funcionalidades do etiquetado wiki ou HTML:

Código Resultado
Isto é texto da páxina.<ref>''LibreOffice For Starters'', 1ª Edición, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18</ref>
{{Listaref}} 

Isto é texto da páxina.[1]

  1. LibreOffice For Starters, 1ª Edición, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18

As etiquetas "ref" poden conter tamén ligazóns internas ou externas, así como un modelo de citas:

Código Resultado
Isto é texto da páxina.<ref>''[http://www.example.org LibreOffice For Starters]'', 1ª Edición, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18</ref>
{{Listaref}} 

Isto é texto da páxina.[1]

  1. LibreOffice For Starters, 1ª Edición, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18
Código Resultado
Isto é texto da páxina.<ref>{{Cita libro|título=LibreOffice For Starters|edición=1ª|editorial=Flexible Minds|lugar=Manchester|ano=2002|páxina=18}}</ref>
{{Listaref}} 

Isto é texto da páxina.[1]

  1. LibreOffice For Starters (1ª ed.). Manchester: Flexible Minds. 2002. p. 18. 

Lista de referencias: conceptos básicos

editar

Cando existen unha ou máis citas ao pé no texto do artigo, precísase xerar a lista de referencias Para unha lista básica, engade {{Listaref}} no lugar correspondente do artigo. Cando se garda a páxina, os marcadores de notas e a lista de referencias xéranse automaticamente. A lista de referencias colócase dentro da súa propia sección do artigo, baixo o cabezallo de "Notas".

Código Resultado
Isto é contido da páxina.<ref>''LibreOffice For Starters'', First Edition, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18</ref>

==Notas==
{{Listaref}} 

Isto é contido da páxina.[1]

Notas
  1. LibreOffice For Starters, First Edition, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18

Citas ao pé: reutilizar unha mesma fonte

editar

Pode citarse a mesma fonte máis dunha vez nunha páxina empregando notas ao pé con nome. A sintaxe para definir unha nota con nome é:

<ref name="nome">...</ref>

Para chamar á referencia de novo:

<ref name="nome" />

Os nomes para as citas ao pé e grupos deben seguir as seguintes reglas:

  • Os nomes distinguen entre maiúsculas e minúsculas
  • Os nomes non poden incluír só díxitos
  • Os nomes deben ser únicos, non se pode empregar o mesmo nome para definir grupos ou notas distintas
  • As aspas son opcionais se os únicos caracteres empregados no nome son letras A–Z, a–z, díxitos 0–9 e os símbolos  ! $ % & ( ) * , - . : ; < @ [ ] ^ _ ` { | } ~ .
  • De incluír calquera outro carácter no nome ou espazos en branco, o nome da referencia debe ir entre aspas: name="John Smith".
  • Os nomes das referencias non poden incluír os símbolos <) ou ")
  • Podes incidar un nome para unha referencia índa que non se use máis dunha vez. Isto fai que sexa máis doada de reutilizar nun futuro.
Código Resultado
Isto é contido da páxina.<ref name=manchester2002>''LibreOffice for Starters'', First Edition, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18</ref> Isto é máis contido.<ref name=manchester2002 />
{{Listaref}} 

Isto é contido da páxina.[1] Isto é máis contido.[1]

  1. 1,0 1,1 LibreOffice for Starters, First Edition, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18

O nome indicado pode ser calquera, pero recoméndase que estea relacionado co contido da cita ou nota para que sexa máis doado identificalo. As etiquetas das notas increméntanse segundo o orde no que se usan, e teñen o mesmo identificador cando se reutilizan:

Código Resultado
Isto é contido inicial.<ref name=manchester2002>''LibreOffice for Starters'', First Edition, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18</ref> Isto é contido avanzado.<ref name=lexington2004>''OpenOffice for Experts'', Lexington, 2004, p. 18</ref> E máis contido inicial.<ref name=manchester2002 /> E máis contido avanzado.<ref name=lexington2004 />
{{Listaref}} 

Isto é contido inicial.[1] Isto é contido avanzado.[2] E máis contido inicial.[1] E máis contido avanzado.[2]

  1. 1,0 1,1 LibreOffice for Starters, First Edition, Flexible Minds, Manchester, 2002, p. 18
  2. 2,0 2,1 OpenOffice for Experts, Lexington, 2004, p. 18

Cando se usan tanto nomes como grupos, a sintaxe é:

<ref name=nome group=nomedogrupo>Contido</ref>

Lista de referencias: columnas

editar

Cando se usa {{Listaref}}, a lista de referencias pode dividirse en columnas.

{{Listaref|xxem}} onde xx é o ancho das columnas en em.

Ao definir o ancho empregando "em", o número de columnas resultantes axústase de forma automática ó ancho do monitor empregado.

O número de columnas a usar depende do editor e do número de referencias empregadas no artigo. Xeralmente empréganse os seguintes formatos:

  • {{Listaref}} - Unha columna (valor por defecto): Cando só hai unhas poucas citas ao pé (aproximadamente entre 1-10).
  • {{Listaref|30em}}: Cando hai moitas notas ao pé (máis de 10-15).
  • {{Listaref|20em}}: Cando hai moitas notas ao pé e a maioría delas emprega o formato curto de citas Harvard.
Exemplo

Usando {{Listaref|30em}} créanse columnas cun ancho mínimo de 30 em,

Columnas de 30em
Código Resultado
Lorem ipsum.<ref>Nome da fonte, data, etc.</ref>

Lorem ipsum dolor sit amet.<ref>Nome da fonte, data, etc.</ref>

==Notas==
{{Listaref|30em}} 

Lorem ipsum.[1]

Lorem ipsum dolor sit amet.[2]

Notas
  1. Nome da fonte, data, etc.
  2. Nome da fonte, data, etc.

Referencias definidas dentro da propia lista

editar

Algunhas ou tódalas citas ao pé poden estar definidas dentro da propia lista de referencias, e empregadas en forma de chamada no corpo do artigo. Isto mantén as notas nun lugar central e evita enchér o texto do artigo de código. É unha forma alternativa de indicar o código e non afecta ó resultado para ó lector. A sintaxe é:

{{Listaref|refs=
<ref name=name1>Contido</ref>
<ref name=name2>Contido</ref>
<ref name=name...n>Contido</ref>
}}

Exemplo:

Código Resultado
Os cans teñen catro patas.<ref name=LazyDog/>
O ceo é de cor azul.<ref name=Jukeboxes/>
A capital de Galicia é Santiago.<ref name=JumpingFrogs/>

==Notas==
{{Listaref|
refs=
<ref name=Jukeboxes>Referencia para o can.</ref>
<ref name=LazyDog>Referencia para o ceo.</ref>
<ref name=JumpingFrogs>Referencia para Santiago.</ref>
}} 

Os cans teñen catro patas.[1] O ceo é de cor azul.[2] A capital de Galicia é Santiago.[3]

Notas
  1. Referencia para o ceo.
  2. Referencia para o can.
  3. Referencia para Santiago.

As referencias numéranse e amósanse no resultado na orde na que se chaman no contido do artigo, sen importar a orde na que se atopan dentro da lista. Tódalas referencias incluídas na lista deben empregarse polo menos unha vez no texto do artigo, xa que en caso contrario amósase unha mensaxe de erro.

Citas ao pé: cita dentro doutra nota ao pé

editar

As notas explicativas poden precisar dunha referencia propia. Por mor das limitacións de cite.php, as etiquetas de referencias non poden aniñarse, é dicir, un conxunto de etiquetas <ref>...</ref> non pode colocarse dentro doutro par de etiquetas <ref>...</ref>. Nestes casos pode empregarse o modelo {{refn}} da seguinte forma:

{{refn|name=nome|group=grupo|contido}} onde name e group son opcionais. A referencia pode indicarse xunto ao contido dentro de etiquetas <ref>.

Existen outros modelos para grupos predefinidos que son variantes de {{refn}}. As indicacións para estes modelos poden verse na sección correspondente.

Exemplo:

Código Resultado
Os cans teñen catro patas.{{refn|group=nota|Nota ao pé.<ref>Referencia da nota ao pé.</ref>}}

==Notas==
{{Listaref|group=nota}}

;Referencias
{{Listaref}}
 

Os cans teñen catro patas.[nota 1]

Notas
  1. Nota ao pé.[1]
Referencias
  1. Referencia da nota ao pé.

Citas ao pé: grupos

editar

En ocasións pode ser útil separar as citas ao pé en listas separadas. Isto faise en particular cando se separan as notas explicativas das referencias ás fontes da información por exemplo, ou cando se separan as citas ao pé dunha caixa de información das do artigo xeral. As secuencias dos marcadores de notas é independente en cada grupo indicado.

A sintaxe para definir unha nota ao pé cun grupo é:

<ref group=nomedogrupo>Contido</ref>

O nome do grupo debe indicarse entre aspas se inclúe un espazo en branco para evitar que marque un erro.

A sintaxe para a lista de referencias relativa a un grupo é:

{{Listaref|group=nomedogrupo}}

O nome do grupo na lista non precisa ir entre aspas

Exemplo:

Código Resultado
Esta parte do texto precisa unha explicación,<ref group=nota>Nota listada de forma separada da cita</ref> mentres que o texto completo vai referenciado.<ref>Referencia.</ref> E isto precisa máis explicación aínda.<ref group=nota>Outra nota</ref>

==Notas==
{{Listaref|group=nota}}

;Referencias
{{Listaref}} 

Esta parte do texto precisa unha explicación,[nota 1] mentres que o texto completo vai referenciado.[1] E isto precisa máis explicación aínda.[nota 2]

Notas
  1. Nota listada de forma separada da cita
  2. Outra nota
Referencias
  1. Referencia.

As etiquetas na lista de referencias só amosan o número correspondente e non o nome do grupo. Cando se usan nomes para as citas ó mesmo tempo que grupos, a sintaxe é:

<ref name=nome group=nomedogrupo>Contido</ref>

Para repetir unha mesma nota:

<ref name=nome group=nomedogrupo />

Citas ao pé: grupos predefinidos

editar

Hai varios grupos predefinidos que teñen un formato de marcadores de notas estilizado, no que coincide o marcador do texto coa etiqueta da lista de notas. Estes grupos utilízanse por medio do marcador {{efn}}, que permite incluír unha referencia a maiores dentro da propia nota.

Nome do grupo Código a empregar para a nota Código da lista Exemplo de etiquetas
ningún <ref>...</ref> {{Listaref}} 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
ningún {{refn}} {{Listaref}} 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
lower-alpha {{efn|group=lower-alpha}} {{Listaref|group=lower-alpha}} a b c d e f g h i j
upper-alpha {{efn|group=upper-alpha}} {{Listaref|group=upper-alpha}} A B C D E F G H I J
lower-roman {{efn|group=lower-roman}} {{Listaref|group=lower-roman}} i ii iii iv v vi vii viii ix x
upper-roman {{efn|group=upper-roman}} {{Listaref|group=upper-roman}} I II III IV V VI VII VIII IX X
lower-greek {{efn|group=lower-greek}} {{Listaref|group=lower-greek}} α β γ δ ε ζ η θ ι κ



  Volver á páxina de axuda.