Alpheus Spring Packard

(Redirección desde «A. S. Packard»)

Alpheus Spring , tamén coñecido como Alpheus Spring Packard Jr. para distinguilo do seu pai, nado o 19 de febreiro de 1839 en Brunswick, Maine, e finado o 14 de febreiro de 1905 en Providence, Rhode Island, foi un entomólogo, paleontólogo, profesor universitario estadounidense (e tamén cirurxián na guerra civil).

Alpheus Spring Packard
Nome completoAlpheus Spring Packard Jr.
Nacemento19 de febreiro de 1839
Lugar de nacementoBrunswick, Maine
Falecemento14 de febreiro de 1905
Lugar de falecementoProvidence, Rhode Island
SoterradoCemitério de Mount Auburn
Nacionalidadeestadounidense
Alma máterBowdoin College
Universidade Harvard
Ocupaciónentomólogo, paleontólogo, profesor universitario
PaiAlpheus Spring Packard Sr.
NaiFrances Appleton
IrmánsCharles, George e William Alfred Packard
OrganizaciónUniversidade Brown
Na rede
Find a Grave: 97796011 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Packard era fillo de Alpheus Spring Packard Sr. e irmán de William Alfred Packard. Foi profesor de Zooloxía e Xeoloxía na Universidade Brown en Providence, Rhode Island, desde 1878 até a súa morte. Destacou como un dos defensores do neolamarckismo durante a eclipse do darwinismo.[1]

O seu traballo principal foi a taxonomía e a anatomía dos artrópodos, e as achegas á entomoloxía económica, á zooxeografía e á filoxenia e metamorfoses dos insectos. Packard foi nomeado para a Comisión Entomolóxica dos Estados Unidos en 1877, onde serviu con Charles Valentine Riley e Cyrus Thomas.[2]

Escribiu libros de texto escolares, como Zoology for High Schools and Colleges (undécima edición, 1904). A súa Monograph of the Bombycine Moths of North America publicouse en tres partes (1895, 1905 e 1915).

En 1878 foi elixido membro da American Philosophical Society.[3]

Packard describiu máis de 500 novas especies animais, especialmente bolboretas e avelaíñas, e foi un dos fundadores da revista The American Naturalist.[4]

Morte editar

Alpheus Spring Packard Jr. faleceu en Providence, Rhode Island o 14 de febreiro de 1905.

Algunhas obras editar

Abreviatura editar

A abreviatura Packard emprégase para recoñecer a Alpheus Spring Packard como autoridade na descricón e taxonomía e zooloxía.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar