Andrés Landín
Andrés Landín, nado en Nogueira (Meis) en 1846 e finado en Pontevedra o 18 de febreiro de 1910[1], foi un impresor, xornalista e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1846 ![]() Nogueira, España ![]() |
Morte | 18 de febreiro de 1910 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Prudencio Landín Tobío ![]() |
Traxectoria
editarInstalouse en Pontevedra. Foi propietario da imprenta A. Landín (1868-69), que despois se denominou Landín y Compañía (1871) e finalmente A. Landín (1873-1900). No seu obradoiro imprimíronse moitos libros e periódicos como El Payaso, La República Federal (do que foi redactor), El Progreso, El Orden, La Crónica, La República e Extracto de Literatura. Fundou e dirixiu La Luz, El Lérez, El Noticiero Gallego e Diario de Pontevedra. Foi un "riestrista" e "monterista" moi destacado. Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Pontevedra e vicepresidente da Cámara de Comercio de Pontevedra.
Vida persoal
editarCasou con Dolores Tobío e foi pai de Prudencio Landín Tobío.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 19-2-1910, p. 2.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Landín |
Bibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Landín, Andrés". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.