a-ha foi unha banda norueguesa de synthpop formada polo vocalista Morten Harket, o guitarrista Paul Waaktaar-Savoy e o tecladista Magne Furuholmen. Tras formaren o grupo en 1982, saíron de Noruega rumbo a Londres co obxectivo de facer unha carreira no mundo da música.

a-ha
OrixeOslo, Noruega
Período1982 - 1994
1998 - 2010
2011
Xénero(s)New Wave, pop rock, synthpop
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros., Polydor
MembrosMorten Harket
Magne Furuholmen
Paul Waaktaar-Savoy
Na rede
http://a-ha.com/
IMDB: nm2165250 Facebook: officialaha Twitter: aha_com Instagram: officialaha Tumblr: officialaha MySpace: aha Youtube: UCeEi1My3KTXHT0SG1JkR9gA Flickr: a-ha_com Souncloud: a-ha Spotify: 2jzc5TC5TVFLXQlBNiIUzE iTunes: 166566 Last fm: a-ha Musicbrainz: 7364dea6-ca9a-48e3-be01-b44ad0d19897 Songkick: 89797 Discogs: 37757 Allmusic: mn0000480108 Deezer: 3106 Genius: A-ha Editar o valor em Wikidata

O grupo alcanzou pronto grande éxito co seu álbum de estrea: Hunting High and Low, lanzado en 1985. O álbum alcanzou a primeira posición en Noruega (país de orixe da banda), a segunda no Reino Unido e a décimo quinta nos Estados Unidos (na lista de álbums máis vendidos da Billboard 200); rendendo, aínda, 3 hits de grande éxito: Take on Me, Hunting High and Low e The Sun Always Shines on T.V.. Debido ó enorme éxito, o grupo recibiu un nomeamento no Grammy Award na categoría de Mellor Revelación e tamén gañou 8 premios da MTV norteamericana, durante a cerimonia do VMA de 1986. En 1994, despois do lanzamento fracasado do seu quinto álbum de estudio Memorial Beach, a banda ficou catro anos inactiva, retornando en 1998.[1]

O trío é lembrado por lanzar diversos éxitos mundiais: alén dos xa citados (Take on Me, Hunting High and Low e The Sun Always Shines on T.V.), tamén alcanzaron enorme éxito as cancións Cry Wolf, I've Been Losing You, Stay on These Roads, Touchy!, There's Never a Forever Thing, Crying in the Rain, Early Morning, entre outros.

O 15 de outubro de 2009, o trío anunciou que ía rematar os seus proxectos e que despois dunha xira mundial separaríanse en 2010[1]. A pesar da fin do grupo, A-*ha rematou a súa actividade con números extremamente positivos: foron 9 álbums de estudio e 40 singles lanzados acadando cerca de 60 millóns de copias vendidas en todo o mundo.[2]

En decembro de 2014, anunciouse unha sociedade entre a organización do festival Rock in Río coa banda para a conmemoración dos seus 30 anos en 2015. O 25 de marzo de 2015, a banda anunciou o seu retorno definitivo co lanzamento dun novo álbum para o día 4 de setembro de 2015, titulado Cast in Steel.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/8308829.stm
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.