Atentados do 7 de xullo de 2005 en Londres

(Redirección desde «7-J»)

Todas as horas están en formato British Summer Time (BST), (UTC+1 / GMT+1).

Atentados do 7 de xullo de 2005 en Londres
LugarLondres, Inglaterra,
Reino Unido Reino Unido
Coordenadas51°30′18″N 0°04′43″O / 51.504872, -0.07857Coordenadas: 51°30′18″N 0°04′43″O / 51.504872, -0.07857
Branco(s)civís
Data7 de xullo de 2005
08:50 - 09:47 (UTC+1)
Tipo de ataqueAtentado terrorista suicida
Arma(s)Mochilas bomba
Mortos52[1]
Feridos700
Perpetrador(es)Célula local de Al Qaida
Sospeitoso(s)Supostamente

Hasib Hussain
Jamal (Germaine) Lindsay
Mohamed Sadique Khan

Shehzad Tanweer
editar datos en Wikidata ]
Ambulancias en Russell Square o 7 de xullo

O xoves 7 de xullo de 2005, catro explosións paralizaron o sistema de transporte público de Londres en plena hora punta matinal. Ás 8:50 AM[1], estouparon tres bombas a 50 s de intervalo entre unha e outra, en tres vagóns do metro de Londres. Unha cuarta bomba estoupou nun autobús ás 9:47 AM na Praza Tavistock.[1] As bombas provocaron unha interrupción severa no transporte da cidade e a infraestrutura de telecomunicacións.

Nos ataques morreron cincuenta e seis persoas, incluídos os catro terroristas sospeitosos, e 700 persoas máis resultaron feridas. Foron os actos de terrorismo máis sanguentos no Reino Unido desde a morte de 270 persoas no atentado de Lockerbie (Escocia) en 1988[2], e os máis mortíferos en Londres desde a segunda guerra mundial.

Os investigadores policiais identificaron a catro homes que se pensa que son terroristas suicidas.[1] Estes foron os segundos atentados suicidas en Europa occidental coa presenza de civís inocentes (tralo 11M en Madrid), e se pensa que foron planeados por organización paramilitares islamistas con sede no Reino Unido. A organización terrorista al-Qaeda asumiu a responsabilidade.

Os atentados ocorreron mentres no Reino Unido estábase dando cita o primeiro día da 31ª Cume do G8[3], un día despois de que Londres fose elixida SEDE dos Xogos Olímpicos de 2012, dous días despois do comezo do xuízo do imán fundamentalista Abu Hamza, cinco días despois de que se realizase o concerto Live 8 alí e pouco despois de que o Reino Unido asumise a presidencia rotatoria do Consello da Unión Europea.

O 21 de xullo de 2005, unha segunda serie de catro explosións tivo lugar no metro de Londres e nun autobús de Londres. Con todo, esta vez só os detonadores das bombas explotaron e os catro terroristas non chegaron a inmolarse. Non houbo vítimas mortais: o único ferido rexistrado resultou ser un asmático hospitalizado. Todos os terroristas deste ataque errado foron arrestados pola policía.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "7 July London bombings:What happended that day?". 3 de xullo de 2015. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  2. "Acciones terroristas más graves en Europa desde 1972" (en español). 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  3. Cowell, Alan (8 xullo de 2005). "Subway and Bus Blasts in London Kill at Least 37". The New York Times. 
  4. "BBC - London blasts cause chaos on Tube" (en inglés). 21 de xullo de 2007. Consultado o 22 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.