«3 Libras»
sinxelo de A Perfect Circle
do álbum Mer de Noms
Lanzamento 13 de febreiro de 2001
Formato {{{formato}}}
Gravada
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:35
Discográfica Virgin
Produtor(es) Billy Howerdel, Alan Moulder
Escritor(es) A Perfect Circle
Cronoloxía
«"The Hollow «3 Libras» «"Weak and Powerless
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"3 Libras" é unha canción da banda de rock alternativo A Perfect Circle, editada o 13 de febreiro do 2001 como segundo sinxelo do seu álbum de estrea Mer de Noms. O tema foi ben recibido tanto pola crítica como comercialmente, chegando ao número 12 das listas da Billboard Modern Rock e Mainstream Rock en 2001.

Antecedentes editar

Ao igual que con todo o álbum Mer de Noms, a música de "3 Libras" foi composta polo guitarrista Billy Howerdel, mentres que as letras foron escritas polo vocalista Maynard James Keenan e Christopher Washington.[1] Os dous imaxinaron orixinalmente este tema como primeiro sinxelo do seu álbum de estrea, antes de que os executivos da discográfica os convencesen para escoller a máis dura "Judith", que pensaban que este tema era mellor para dar a coñecer o grupo debido a que afastábase menos da outra banda de Keenan, Tool.[2]

Fixéronse dúas versións "remix" oficiais da canción; a "Feel My Ice Dub Mix" polo membro da banda Danny Lohner, e a "All Main Courses Mix" por Robert "3D" Del Naja de Massive Attack. Estes temas foron recompilados no álbum de remesturas de 2004 aMOTION.

Composición editar

Mentres que gran parte do son de Mer de Noms identifícase cunha estética hard rock convencional, o son de "3 Libras" está conducido principalmente por guitarra acústica e violín.[3] A meirande parte da canción consiste en melódicos tons limpos de guitarra, e unha melodía de violín tocada por riba, composta pola baixista e violinista da banda Paz Lenchantin.[3][4] O batería Josh Freese toca o aro da batería cada oitava nota, estando o tema interpretado nun tempo 6/8.[4] A canción remata cunha banda ao completo e guitarras eléctricas distorsionadas no outro do tema, finalizando cun escuro acorde de guitarra.[4]

Varias versións do tema teñen composicións diferentes. A "Feel My Ice Dub Mix" ten un tempo ralentizado e engade beats e efectos electrónicos, dándolle un son máis trance, e a "All Main Courses Mix" usa extensivamente estática de radio e efectos de ruído.[5] Cando é interpretada ao vivo, na ausencia dun violinista, a banda normalmente toca unha versión alternativa da canción, con Howerdel tocando a guitarra eléctrica con tons limpos durante toda a súa extensión, mentres o resto da banda acompaña no fondo cos seus respectivos instrumentos.[6]

Recepción editar

Polo xeral a canción foi ben recibida, tanto comercialmente como pola crítica. Puido escoitarse con frecuencia a través da radio, e acadou o número 12 das listas estadounidenses da Billboard Modern Rock e Mainstream Rock.[7] Os críticos loubaron a canción. Sputnik Music falou dela como "unha das cancións máis fermosas que APC editou" e "unha das edicións máis emocionais do álbum".[4] O editor xefe de Artist Direct, Rick Florino, nomeou á pista unha das "mellores 20 cancións de Maynard James Keenan", calificándoa como "...un momento tenro de de anhelo encerrado nunha fermosa melodía feliz...'3 Libras' ilumina o gran rango vocal e habilidade do cantante".[8] Á parte, Florino eloxiou tamén a interpretación ao vivo por parte da banda, afirmando que sentía que acadou "alturas celestiais" cando foi tocada nas xiras de reunión en 2010.[9]

Listaxe de cancións editar

Toda a música composta por Billy Howerdel e todas as letras escritas por Maynard James Keenan.

CD 1 editar

  1. "3 Libras"
  2. "Magdalena (Live)"
  3. "3 Libras (Feel My Ice Dub Mix)"
  4. "Judith (Live)"
  5. "3 Libras (Live)"

CD 2 editar

  1. "3 Libras (Live in Phoenix)"
  2. "3 Libras (Feel My Ice Dub)"
  3. "Sleeping Beauty (Live in Phoenix)"
  4. [Untitled Track] [galería de imaxes interactiva] [CD-ROM Track]

Notas editar

  1. Allmusic (ed.). "Mer de Noms en Allmusic". Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  2. Steal the Spotlight (ed.). "Entrevista a Billy Howerdel". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 Louisville Music News (ed.). "Entrevista a Paz Lenchantin". Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Sputnik Music (ed.). "Mer de Noms en Sputnik Music". Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  5. Sputnik Music (ed.). "aMOTION en Sputnik Music". Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  6. IGN (ed.). "A Perfect Circle: local eyzed". Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  7. Blabbernouth (ed.). "A Perfect Circles's 'Thirteenth Step' Enters Billboard Chart At No. 2!". Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  8. Artist Direct (ed.). "Feature: ARTISTdirect.com's Top 20 Maynard James Keenan Songs From Tool, A Perfect Circle, and Puscifer Feature: ARTISTdirect.com's Top 20 Maynard James Keenan Songs From Tool, A Perfect Circle, and Puscifer". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2016. Consultado o 4 de outubro de 2014. 
  9. Artist Direct (ed.). "Live Review: A Perfect Circle Perform "Mer De Noms" — Avalon, Hollywood Live Review: A Perfect Circle Perform "Mer De Noms" — Avalon, Hollywood". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 4 de outubro de 2014.