1965 (álbum)

1965 é o sexto álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Afghan Whigs, publicado o 27 de outubro de 1998 a través do selo Columbia Records. Foi gravado principalmente nos Kingsway Studios de Daniel Lanois en Nova Orleáns, realizando gravacións tamén en Ocean Way e Larrabee North en Los Angeles, The American Sector en Nova Orleáns, e London Bridge en Seattle. O disco foi producido enteiramente polo vocalista e guitarrista da banda Greg Dulli, quen tamén compuxo a meirande parte das cancións. A fotografía da portada amosa ao astronauta Ed White no primeiro paseo espacial estadounidense como parte do voo do Gemini 4.

1965
Álbum de The Afghan Whigs
Publicado27 de outubro de 1998
Estudio(s)Kingsway Studios, Nova Orleáns
Duración41:35
Xénero(s)rock
Selo(s)Columbia Records
Producido porGreg Dulli
Cronoloxía
Black Love 1965 Unbreakable: A Retrospective 1990–2006

Listaxe de canciónsEditar

Todos os temas compostos por Greg Dulli, agás onde se indique.

  1. "Somethin' Hot" – 2:58
  2. "Crazy" – 4:04
  3. "Uptown Again" – 3:11
  4. "Sweet Son of a Bitch" – 0:23
  5. "66" – 3:23
  6. "Citi Soleil" – 5:06
  7. "John the Baptist" – 5:34
  8. "The Slide Song" (Dulli, McCollum) – 3:54
  9. "Neglekted" (Dulli, McCollum) – 4:01
  10. "Omertà" (Dulli, McCollum) – 5:40
  11. "The Vampire Lanois" (Dulli, McCollum, Horrigan, Curley) – 3:21