Ed White
astronauta estadounidense
Edward Higgins White II, nado en San Antonio, Texas, o 14 de novembro de 1930 e finado o 27 de xaneiro de 1967, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Gemini 4 e faleceu durante as probas da Apollo 1.[1][2]
Traxectoria
editarWhite graduouse en ciencias pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1952 e en enxeñaría aeronáutica pola Universidade de Míchigan en 1959. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando na misión Gemini 4 e finando durante o incendio producido nas probas da misión Apollo 1, o 27 de xaneiro de 1967.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "White, Edward Higgins II" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (4 de agosto de 2006). "Detailed Biographies of Apollo I Crew - Ed White" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ed White |