Óscar Guimeráns Rodríguez
Óscar Guimeráns Rodríguez, nado en Monte Porreiro (Mourente, Pontevedra) o 31 de outubro de 1986, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Portonovo SD.
Óscar Guimeráns | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Óscar Guimeráns Rodríguez | ||
Nacemento | 31 de outubro de 1986 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Pontevedra | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Portonovo | ||
Carreira xuvenil | |||
ACD A Seca | |||
Deportivo da Coruña | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2006 | Deportivo B | ||
2006–2007 | Portonovo | 37 | (10) |
2007–2009 | Pontevedra | 41 | (2) |
2009– | Portonovo | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarFormouse nas categorías inferiores da ACD A Seca, onde estivo ata os 14 anos. Probou sorte no Valencia CF, pero non se adaptou e ó pouco regresou a Galiza, indo ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Permaneceu cinco campañas nas súas filas, chegando a debutar na Terceira División co Deportivo B na tempada 2005–06, co que loitou por ascender a Segunda División B en 2006.
Un ano máis tarde incorporouse ao Portonovo SD, converténdose en fixo nas aliñacións do club. Xogou 37 partidos nos que anotou 10 goles e deu 9 asistencias, rematando a tempada na oitava posición.
No verán de 2007 optou por fichar polo Pontevedra CF, en Segunda División B.