Benito Portela
Óscar Benito Portela Fernández, nado en Taibó (Sada) en 1975[1], é un enxeñeiro e político galego de Anova.
Benito Portela Fernández | |
![]() | |
13 de xuño de 2015 – 18 de novembro de 2022 | |
Precedido por | Ernesto Anido |
Sucedido por | María Nogareda |
Actualmente no cargo | |
Dende o 17 de xuño de 2023 | |
Precedido por | María Nogareda |
Datos persoais
| |
Nacemento | 1975 Sada |
Partido | Anova-Sadamaioría |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Residencia | Carnoedo, Sada |
Traxectoria editar
Enxeñeiro técnico agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi o secretario do alcalde de Sada, o nacionalista Abel López Soto, entre 2008 e 2011.
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de Sadamaioría á alcaldía de Sada e foi elixido alcalde co apoio de PSdeG-PSOE, BNG e o Partido Demócrata Sada Popular do exalcalde Ramón Rodríguez Ares[2]. Nas municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[3], sendo a forza máis votada e establecendo un pacto de goberno co BNG e Alternativa dos Veciños. En novembro de 2022, trala ruptura do pacto cos concelleiros de Alternativa, foi desaloxado da alcaldía por unha moción de censura apoiado por concelleiros tránsfugas de Alternativa, PPdeG e PSdeG e encabezada pola anterior candidata de AV María Nogareda[4]. Finalmente recuperou a alcaldía tralas municipais de 2023, nas cales logrou de novo se-la forza máis votada e subiu 1 concelleiro, e recibiu o apoio do único edil do BNG, sen chegar os demais grupos a un acordo alternativo[5].
Notas editar
- ↑ Benito Portela. Candidato de Sadamaioría
- ↑ Portela tiende la mano a PSOE y BNG para formar un "gobierno plural y progresista"
- ↑ Concello de Sada na FEGAMP
- ↑ https://www.farodevigo.es/galicia/2022/11/19/sada-cambia-alcalde-bronca-mocion-78777517.html
- ↑ Benito Portela recupera la Alcaldía de Sada con el reto de conformar un “goberno plural e progresista”
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benito Portela |
Outros artigos editar
Predecesor: Ernesto Anido Varela |
Alcalde de Sada 2015 - 2022 |
Sucesor: María Nogareda |
Predecesor: María Nogareda |
Alcalde de Sada 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |