Óscar Ínsua
político español
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Óscar Ínsua Lema é concelleiro do BNG no concello de Corcubión dende xuño de 2007, logo das eleccións municipais do 27 de maio do mesmo ano. Dende entón, asume tarefas no goberno municipal como delegado nas áreas de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal.
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Óscar Insua é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Milita dende moi novo en Galiza Nova, rama xuvenil do BNG. Durante o seu paso pola universidade, participou nos Comités Abertos de Faculdade (CAF), organización da esquerda nacionalista no ensino superior.