Ʊ
(Redirección desde «Ípsilon latino»)
O ípsilon latino ( Ʊ, ʊ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino. Está baseada na letra grega omega.
Uso
editar- No Alfabeto Fonético Internacional representa a vogal semipechada semiposterior arredondada.
- Forma parte do alfabeto africano de referencia.[1]
- Emprégase no anii.[2]
- Símbolo do mho (a unidade inversa do ohm), en desuso, empregándose actualmente o S de siemens no seu lugar para medir a condutancia eléctrica (1 Ʊ = 1 S).
Unicode
editarA maiúscula e a minúscula están situadas en U+01B1 e U+028A no Unicode, respectivamente.[3]
Notas
editar- ↑ "African Reference Alphabet". Consultado o 3 de febreiro de 2014.
- ↑ "OLAC Language Resource Catalog". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2014.
- ↑ "Unicode Character ‘Latin Capital Letter Upsilon’". Consultado o 21 de febreiro de 2014.