Ézaro (nome)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ézaro (homónimos).
Ézaro[1] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é prerromana, formado a partir da raíz indoeuropea *eis‑ ‘mover(se) impetuosamente, rapidamente’.[1]
En xaneiro de 2023 existían 14 varóns en Galicia co nome Ézaro, cunha media de idade de 6,7 anos.[2]
Uso do nome
editarÉzaro é un nome alternativo do río Xallas e da fervenza do Ézaro. Tamén é o nome da parroquia do Ézaro, no concello de Dumbría, onde se atopa a fervenza.