Étienne Gilson
Étienne Gilson, nado en París o 13 de xuño de 1884 e finado en Auxerre o 19 de setembro de 1978, foi un filósofo e medievalista francés.
Étienne Gilson | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Étienne Henry Gilson |
Nacemento | 13 de xuño de 1884 |
Lugar de nacemento | VII Distrito de París |
Falecemento | 19 de setembro de 1978 |
Lugar de falecemento | Auxerre |
Soterrado | Melun North Cemetery |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Faculty of Arts of Paris e Liceu Henrique IV |
Ocupación | filósofo, historiador, político, catedrático e historiador da filosofía |
Premios | Croix de guerre 1914–1918, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, doutor honoris causa na Universidade de Laval, grande oficial da Lexión de Honor, Aquinas Medal, Serena Medal e Corresponding Fellow of the Medieval Academy of America |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
No College de France foi discípulo de Henri Bergson.
Durante a primeira guerra mundial foi feito prisioneiro en Verdún, situación na que permaneceu varios meses. Recibiu a medalla ao valor (Croix de Guerre).
As súas primeiras investigacións foron sobre René Descartes.
Foi profesor de historia da filosofía na Universidade de Estrasburgo e de filosofía medieval na Universidade de París. Durante tres anos deu clases en Harvard. Fundou o Instituto de Estudos Medievais de Toronto e dirixiu o Instituto científico franco-canadense. Foi membro da Academia francesa dende 1941.
A súa correspondencia con Henri de Lubac foi publicada.
Pensamento Editar
Gilson defende a metafísica e un concepto de home aberto á transcendencia. Para el a idea de verdade é unha meta irrenunciable; segundo as súas concepcións o nihilismo ou o relativismo ameazan con destruír a dignidade do ser humano e non achegan fundamentos sólidos para o seu respecto.
Obras Editar
- Études de philosophie mediévale, 1921
- La philosophie au moyen-âge, 1922
- L'esprit de la philosophie médiévale, 1932
- Les Idées et les Lettres, 1932
- The Unity of philosophical experience, 1937
- L'être et l'essence, 1948
- Peinture et Réalité, 1958
- Linguistique et Philosophie, 1969
- L'athéisme difficile, 1979