Élisabeth Badinter
Élisabeth Badinter, nada en Boulogne-Billancourt (Altos do Sena, Illa de Francia) o 5 de marzo de 1944 é unha escritora e pensadora francesa.[1]
Traxectoria
editarÉ catedrática na Escola Politécnica de París e membro do comité científico da Biblioteca Nacional de Francia.[2] Na súa faceta como historiadora salienta como especialista na Ilustración. É tamén expoñente do pensamento feminista. Ten reflexionado sobre a identidade de xénero e a maternidade, defendendo o feminismo como opción intelectual a prol da emancipación da muller como ser independente.
Obras
editar- XY de l´identidé masculine
- Fausse Route
- Le conflit, la femme, la mere
Notas
editar- ↑ "Badinter, Elisabeth". Current Biography Yearbook 2011. Ipswich, MA: H.W. Wilson. 2011. pp. 33-36. ISBN 9780824211219.
- ↑ Davies, Lizzy (12 de febreiro de 2010). "French philosopher says feminism under threat from 'good motherhood'". The Guardian (Londres).