Édouard Belin
Édouard Belin, nado en Vesoul o 5 de marzo de 1876 e morto en Territet, Montreux (Suíza) o 4 de marzo de 1963, foi un inventor francés.
Édouard Belin | |
---|---|
Édouard Belin no seu laboratorio co belinógrafo en 1920 | |
Nacemento | 5 de marzo de 1876 |
Lugar de nacemento | Vesoul |
Falecemento | 4 de marzo de 1963 |
Lugar de falecemento | Territet |
Soterrado | Veytaux |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | College Gérôme, Higher Federal Graphical Institute of Education and Research e Faculté de droit de Dijon |
Ocupación | inventor, enxeñeiro e fotógrafo |
Coñecido por | belinograph |
Premios | grande oficial da Lexión de Honor, cidadanía honoraria e sen etiquetar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Inventou en 1907 o belinógrafo, un sistema que permitía o envío de fotografías a distancia, por medio das liñas telefónicas ou telegráficas. A partir de 1914 comezouse a transmitir en probas o sistema pero non se perfeccionou ata 1921, permitindo transmitir imaxes por ondas de radio. No aparello cópiase a imaxe punto por punto, e mídese a intensidade lumínica por medio dun ollo eléctrico, esa intensidade envíase ao receptor, e alí unha fonte de luz reproduce as medidas de intensidade do ollo eléctrico, mentres realiza os mesmos desprazamentos exactamente, imprimíndoo en papel fotográfico, obtense así unha copia da imaxe orixinal.
Édouard Belin foi presidente da Sociedade Francesa de Fotografía.