Ánxela Bugallo

profesora e política galega
(Redirección desde «Ánxela Bugallo Rodríguez»)

Ánxela Bugallo Rodríguez, nada na Coruña o 17 de decembro de 1963, é unha profesora e política galega vencellada ao BNG.

Ánxela Bugallo
Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia
Período2005-2009
Concelleira en Teo
Período1999
Datos persoais
Nacemento1963
 A Coruña
OrganizaciónUnidade Galega (até 1994)
Bloque Nacionalista Galego (dende 1994)
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Profesiónprofesora e política
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Doutorouse en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e traballou no Museo de Historia Natural da USC. Militante nacionalista desde moi nova, foi secretaria xeral de ERGA, e posteriormente militou até a súa disolución en Unidade Galega. Foi concelleira en Teo en 1999. Formou parte do Consello Nacional e da Executiva Nacional do BNG e ocupou o cargo de adxunta á Portavocía Nacional ata a dimisión da executiva desa formación en marzo de 2009. Foi a Conselleira de Cultura da Xunta de Galiza no goberno bipartito saído a partir das eleccións galegas de 2005 e ata 2009.

Actualmente imparte docencia na facultade de ciencias da educación da Universidade da Coruña.


Predecesor:
Xesús Pérez Varela
  
conselleira de Cultura e Deporte
 
2005 - 2009
Sucesor:
Roberto Varela

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar