Ángela Banzas

Escritora galega en lingua castelá

Ángela Banzas, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1982, é unha escritora galega en lingua castelá.[1]

Infotaula de personaÁngela Banzas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , consultora Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Ciencias Políticas da Administración na Universidade de Santiago, cursando tamén o mestrado de Administración de Empresas na Escola Europea de Negocios de Madrid e un diploma na University of Cambridge.

Traballou na consultaría de Administración Pública antes de dedicarse á escrita de novela tipo thriller.[2]

En 2021 publicou El silencio de las olas. Conta a historia de Adela Roldán, cuxa vida se ve afectada polo pesadelo que a atormenta desde a infancia e a leva a unha aldea galega para investigar. En 2022 seguiu con La conjura de la niebla, que mestura a superstición e as lendas galegas coa investigación e un segredo familiar[3], a desaparición dunha adolescente, que sacode a pequena localidade de Illa de Cruces -unha illa ficticia inspirada na Illa de Arousa-.[4] En 2023 saíu La sombra de la rosa na que explora o terreo dos autores malditos e xunta misterio, intriga, crime, segredos familiares e relacións públicas[5], unha historia chea de misterio e malditismo ambientada na Illa de Cortegada.[6]

 
Presentación de La sombra de la rosa, Bueu 21/09/2023. Centro Social do Mar, Libraría Miranda.

Obra editar

Notas editar

  1. lecturalia.com. "Ángela Banzas: libros y biografía autora". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2023-09-19. 
  2. "Angela Banzas - Biografía y mejores libros". La Vanguardia (en castelán). 2022-11-23. Consultado o 2023-09-19. 
  3. lecturalia.com (2023-07-20). La conjura de la niebla - Ángela Banzas (en castelán). 
  4. "Ángela Banzas: "Os silencios e a ironía están no noso ADN. Forman parte da alma galega"". Pontevedra Viva. 2022-09-11. Consultado o 2023-09-19. 
  5. lecturalia.com. La sombra de la rosa - Ángela Banzas (en castelán). 
  6. Pontevedra, Diario de (2023-09-19). "Ángela Banzas: "La maternidad me hizo valiente para lanzarme a la escritura"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-09-19.