Ángel Rodríguez Leira

militar galego

Ángel Rodríguez Leira, coñecido como Cariño López, nado na Pedra (Cariño) o 16 de marzo de 1914 e finado en París o 26 de outubro de 1979, foi un dos primeiros combatentes que, o 26 de agosto de 1944, liberaron París tras tres anos de ocupación nazi.

Infotaula de personaÁngel Rodríguez Leira
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1914 Editar o valor em Wikidata
A Pedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de outubro de 1979 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCariño López Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi marinero e percebeiro. Pertencía á CNT, pero ao non ser un membro destacado do anarcosindicalismo, foi chamado a filas a finais de 1937 e obrigado a alistarse no exército sublevado. Ángel estaba casado e era pai dunha nena, Marina, e a súa muller estaba esperando outro fillo. Xunto ao seu compañeiro Antonio Yáñez, tamén alistado coma el, en canto tiveron oportunidade desertaron e uníronse á causa republicana. Coa derrota republicana fuxiron desde Guardamar del Segura (Alacant) nun bote a remos, cheo de laranxas como provisións, xunto a outras cinco persoas. Conseguiron chegar a Beni Saf (preto de Orán) na Alxeria francesa logo de 17 días de travesía. Foron internados no campo de concentración de Camp Suozzi.

Ángel Rodríguez e Antonio Yáñez tentaron fuxir dúas veces a través do deserto sendo capturados, ofrecéronlles como alternativa ao castigo alistarse na lexión estranxeira. Ángel Rodríguez Leira pasou a chamarse Cariño López, adoptando o nome do seu lugar de orixe, como era habitual na lexión francesa. Remataron enrolados na Compañía La Nueve, formada por 144 exiliados republicanos españois baixo o mando do xeneral Leclerc. A compañía preparouse en África e Inglaterra, desembarcou en Normandía, liberou Estrasburgo e París. La Nueve tiña como misión a avanzada de tropas e sempre era enviada a primeira liña. Os seus homes tiñan a orde de non retroceder nin un palmo de terreo.

Ángel Rodríguez tamén penetrou no Niño de Aguias de Hitler, o santuario do Fürher. Alí os homes de La Nueve fixéronse con diversos obxectos que pertenceran ao ditador alemán. Foi condecorado coa Cruz de Guerra polo xeneral De Gaulle por destruír cinco tanques alemáns nun só día.

Ángel Rodríguez refixo a súa vida en Francia, onde tivo dúas fillas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar