Ángel Portela Pardo


Ángel José Portela Pardo, nado en Ponte Caldelas cara 1905, foi un farmacéutico e político galego.

Infotaula de personaÁngel Portela Pardo
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Portela. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, foi farmacéutico auxiliar do Exército e profesor axudante de clases prácticas adscrito ás cátedras de Química Inorgánica e Farmacia Práctica. Colaborou en El Pueblo Gallego. Instalado como farmacéurico en Taboada dende 1929, foi Inspector Farmacéutico Municipal. Afiliado a Unión Republicana, foi presidente da agrupación local de Taboada, e foi vogal do comité de propaganda pro-estatuto de Galicia de Taboada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado como inspector farmacéutico municipal ata que foi reposto en 1940. O Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas condenouno en 1941 a unha sanción económica de 500 pesetas. Foi académico correspondente da Real Academia de Farmacia dende 1942.

Vida persoal editar

Casou en Cacabelos coa mestra de Taboada dos Freires Antonia Fernández López en outubro de 1929.[1]

Notas editar

  1. El Progreso, 17-10-1929, p. 1.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar