Ángel Caamaño Villaverde

mestre e político galego

Ángel Jesús Caamaño Villaverde, nado en Parada (Ordes) cara a 1910 e finado en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1937, foi un mestre e político galego.

Ángel Caamaño Villaverde
Nacementoc. 1910
Lugar de nacementoParada
Falecemento8 de febreiro de 1937
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mestre en Toba. No verán de 1936 estaba de vacacións na súa parroquia natal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ordes o 29 de xullo. Xulgado en Santiago de Compostela por traizón na causa 230/36 con outros 19 veciños de Ordes o 22 de decembro,[1] foi condenado a pena de morte. Cando con outros dez condenados a morte estaba a ser transportado para a súa execución, conseguiu soltarse do compañeiro ao que estaba esposado e emprendeu a fuxida pola rúa do Franco, pero foi abatido polos soldados que o custodiaban.

Notas editar

  1. El Eco de Santiago, 22-12-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar