Ángel Álvarez Rego
Ángel Álvarez Rego, finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 26 de xuño de 1946 ![]() Milreu, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
![]() |
Traxectoria
editarFormaba parte da IV Agrupación Pasionaria do Exército Guerrilleiro de Galicia, comandada por Marcelino Rodríguez Fernández (Marrofer). Foi reclamado en abril de 1946 polo xuíz militar da Coruña como encartaddo na causa 75/46 xunto con Ángel Asareo Rivas, Marcelino Fernández Villanueva, Marcelino Rodríguez Fernández, Rafael Casabella Souto, Guillermo Lozano, Víctor López Rodríguez, Marcelino Fernández Fernández, José Santiago Temprano, José Castro Veiga, José Basanta Basanta, Luis Sánchez Vázquez, León Araújo, Ciriaco Arroyo e Antonio Somoza.[1] Avistado o seu grupo por unha contrapartida en Milreu, no concello de Aranga, o 26 de xuño de 1946, foi executado xunto cos guerrilleiros Marcelino Rodríguez Fernández, Lisardo Freijo López e José Doldán.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 3-4-1946, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 36. ISBN 84-8485-231-8.