Álvaro Fernández Fiuza

piragüista galego

Álvaro Fernández Fiuza, nado en Pontevedra o 2 de agosto de 1982, é un policía[1] e deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón.

Infotaula de personaÁlvaro Fiuza

Álvaro Fernández Fiuza (detrás) no Descenso do Sella
Nome orixinalÁlvaro Fernández Fiuza
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1982
Pontevedra
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeportePiragüismo

Foi tres veces campión do mundo en maratón e unha de Europa, gañando en total sete medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2009 e 2015, e cinco medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón entre os anos 2009 e 2017.[2] Ademais, formando parella con Walter Bouzán, gañou oito edicións consecutivas do Descenso Internacional do Sella entre 2010 e 2017.

Traxectoria editar

Comezou a adestrarse como piragüista no Club Naval de Pontevedra, co que gañou algúns títulos nacionais e pasou a formar parte do equipo nacional júnior.[3] Máis tarde pasou polo Club Piragüismo Poio antes de recalar no ADZ Zamora. Participou no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón de 2007, en Eslovaquia, rematando en décima posición en K1.[4] Ao ano seguinte participou no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón, esta vez no K2 formando parella con Emilio Merchán, pero non puideron rematar a carreira.[5]

Os seus primeiros éxitos internacionais chegaron en 2009 ao proclamarse campión do mundo[6] e de Europa[7] en K2, en ambas ocasións xunto a Emilio Merchán. Ao ano seguinte pasou a formar parte do Club Feve Oviedo Kayak e comezou a competir formando parella con Walter Bouzán. Con el gañou ese ano o Descenso Internacional do Sella en K2,[8] a primeira das oito edicións que gañarían consecutivamente.[9] Conseguiu logo o título de campión do mundo nas edicións de 2010[10] e 2011,[11] así como o subcampionato de Europa de 2011, no que chegaron á meta a só dous segundos da embarcación francesa de Edwin Lucas e Romain Marcaud.[12]

En 2012 non puido revalidar o título de campión do mundo no Mundial de Roma, pois el e Bouzán chegaron segundos á meta, a pouco máis dun segundo da embarcación gañadora, formada polo tamén galego Iván Alonso e Emilio Marchán.[13] Ao ano seguinte repetíronse os mesmos dous primeiros postos do podio[14] mentres que no Mundial de 2014 obtiveron outra prata, mais esta vez por diante de Alonso e Merchán e por detrás dos surafricanos Hank McGregor e Jasper Mocke.[15] Tamén participaron no Europeo de 2014, volvendo lograr unha prata por detrás de Alonso e Merchán.[16] Nese mesmo ano Fiuza competiu tamén no Campionato de Europa de kaiak de mar, celebrado en Portugal, onde finalizou en 11ª posición da súa categoría.[17]
No ano 2015 gañou a medalla de bronce tanto no Mundial celebrado en Győr[18] como no Europeo en Bohinj (Eslovenia).[19] Finalmente conseguiu unha medalla de prata no último campionato internacional que disputou, o Campionato de Europa de 2017, en Ponte de Lima.[20]

Tras gañar todas as edicións do Descenso Internacional do Sella en K2 dende 2010 a 2017 e non participar na de 2018, volveu en 2019, desa vez en K1, e finalizou en sexta posición.[21][22]

Palmarés internacional editar

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Evento
2009   Vila Nova de Gaia   Ouro K2
2010   Banyoles   Ouro K2
2011   Singapur   Ouro K2
2012   Roma   Prata K2
2013   Copenhague   Prata K2
2014   Oklahoma City   Prata K2
2015   Győr   Bronce K2
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Evento
2009   Ostróda   Ouro K2
2011   Saint-Jean-de-Losne   Prata K2
2014   Piešťany   Prata K2
2015   Bohinj   Bronce K2
2017   Ponte de Lima   Prata K2

Notas editar

  1. "La patrulla K-2 vigila Oviedo". La Nueva España (en castelán). 10 de agosto de 2012. Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  2. Álvaro Fernández Fiuza en CanoeResults.eu (en inglés).
  3. "Biografía de Álvaro Fiuza" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2019.  Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
  4. "Resultados Trencin 2007" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  5. "Resultados de Tyn nad Vltavou 2008" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  6. "Resultados de Vila de Gaia 2009" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  7. "Resultados de Ostróda 2009" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  8. "74 Descenso Internacional del Sella 2010. Desde Arriondas a Ribadesella, distancia 20 km." (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2019.  Arquivado 28 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  9. "El Descenso del Sella más abierto de la década" (en castelán). 3 de agosto de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  10. "Resultados de Banyoles 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  11. "Resultados de Singapur 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  12. "Resultados de St. Jean de Logne 2011" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  13. "Resultados Roma 2012" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  14. "Resultados de Copenhague 2013" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  15. "Resultados de Oklahoma City 2014" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  16. "Resultados de Piestany 2014" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  17. "Resultados Portugal 2014" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  18. "Resultados Gyor 2015" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  19. "Resultados Bohinj 2015" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  20. "Resultados Ponte de Lima 2017" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  21. "Resultados Descenso Sella" (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  22. "El pontevedrés Fernández Fiuza, sexto en el Sella en K-1" (en castelán). 3 de agosto de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar