Álex Fidalgo

Xornalista galego

Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.[1]

Modelo:BiografíaÁlex Fidalgo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Corcubión, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Rei Xoán Carlos Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónXornalista, locutor e presentador

Twitter: alex_fidalgo Instagram: alexfidalgo Editar o valor en Wikidata

Traxectoria profesional

editar

Natural de Corcubión (provincia da Coruña), os seus primeiros pasos na radio comezan en 1998, con doce anos, na pequena emisora municipal Radio Neria.[2] En 2004 empeza a carreira de Xornalismo na Universidade Antonio de Nebrija de Madrid, e durante as vacacións de verán incorpórase ó equipo da emisora Radio Nordés (Cadena SER), en Galicia, onde presenta a edición estival do magacín Vivindo A Costa da Morte, con faladoiros, entrevistas e concursos. Tamén colabora nos boletíns informativos e mesmo chega a locutar notas necrolóxicas.

Logo de licenciarse, en 2008 incorpórase ó máster de Radio da Universidade Rei Xoán Carlos. Durante esta etapa realiza prácticas na emisora local Onda Madrid, colaborando nos programas Hoy en Madrid e En Marcha. Rematado o máster, en 2009 é seleccionado por Onda Cero para as súas bolsas de verán. Durante estes meses destaca a súa participación no programa La Mirilla coa súa sección "El Pasacalles", na que a xeito de monólogo repasaba as novas máis curiosas do día.

Un ano despois volve a Onda Cero, cando El Monaguillo decide contar con el para o seu programa La Parroquia, tras a baixa temporal dun membro do seu equipo. Ó mesmo tempo, colabora tamén no programa No son horas de José Luis Salas, na mesma emisora. Con eles estará até 2012, momento no que se reincorpora a persoa á que estaba a substituír.

Tras deixar as madrugadas de Onda Cero, Josep Lobató, presentador e director da emisora online Happy FM, pensa nel para dirixir e presentar cada tarde o show Animal Party!. O equipo do programa complétano Fernando Bajón, Anna 'Banana' e Ainhoa del Castillo. Aos poucos meses, Álex decide deixar a emisora para centrarse noutros proxectos.

Non será até 2014, tras unha breve aventura televisiva, cando volva á radio. Ese ano, o locutor José Antonio Abellán decide contar con el para o seu novo proxecto: Radio 4G. Nesta emisora, participa nos programas La Jungla, Nada que ver e La Marmota. Así mesmo, presenta La Jungla de Verano con Felipe de Luis, e o programa sobre cine Banda Sonora Original.[3]

En setembro de 2015 deixa Radio 4G tras recibir unha oferta de Onda Cero, onde se atopa no presente. Volve a La parroquia e No son horas, programa que agora presenta cando non está José Luis Salas, e ademais pasa a formar parte do equipo dun dos programas máis emblemáticos da cadea: A rosa dos ventos.[4] Neste espazo, dirixiu e presentou as seccións "Azul y verde" e "La era digital", ademais de encargarse da conta de Twitter do programa.

Televisión

editar

En 2013 o produtora Pórtico Audiovisuales selecciónao para presentar o docushow Toc Toc, Con permiso, que emite a Televisión de Galicia.[1][5] Neste formato, mergúllase nas vidas de recoñecidas personalidades galegas como Javier Gutiérrez, José Manuel Parada ou Teté Delgado, co obxectivo de amosar o seu lado máis humano e o seu día a día. Durante catro meses grava a tempada completa, composta por doce entregas.

En 2016, incorpórase como colaborador e guionista ó show nocturno Land Róber Tunai Show, que presenta Roberto Vilar na Televisión de Galicia.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar