Universidade Antonio de Nebrija
A Universidade Antonio de Nebrija é unha universidade privada española, con sede na cidade de Madrid. O seu nome rende homenaxe a Antonio de Nebrija.
Universidade Antonio de Nebrija | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | universidade privada ![]() | |||
Epónimo | Antonio de Nebrija ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1995 ![]() | |||
Membro de | ||||
Membro de
| ||||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | nebrija.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarObtivo o seu pleno recoñecemento oficial pola aprobación da Lei 23/95 de 17 de xullo (BOE de 18 de xullo de 1995).[1]
Escolas e facultades
editar- Escola Politécnica Superior e Escola de Arquitectura
- Facultade de Ciencias da Comunicación
- Facultade de Ciencias Sociais
- Facultade das Artes e as Letras
- Ciencias da Saúde
- Nebrija Business School
Campus
editarA Universidade Antonio de Nebrija conta con dous campus. O da Dehesa de la Villa alberga o Centro de Estudos Hispánicos, a Nebrija Business School, a Escola Politécnica Superior Arquitectura, e varios programas da Escola de Posgrao. Atópase na cidade de Madrid.
No campus da Berzosa están situadas as facultades de Ciencias Sociais, de Ciencias da Comunicación e das Artes e as Letras. Sitúase en Hoyo de Manzanares, xunto a Torrelodones, lindando coa vía de servizo da estrada da Coruña (A-6). Este campus conta coa súa recreación virtual en 3D dentro da plataforma Google Earth.
No Centro Universitario San Rafael-Nebrija, situado no centro de Madrid na rúa Serrano, impártense as titulacións de Ciencias da Saúde.
Programas de intercambio de estudantes
editarConta con programas internacionais, uns con dobre titulación e outros que facilitan aos estudantes españois a posibilidade de realizar cursos en universidades de Europa, Estados Unidos ou Canadá, así como a asistencia de alumnos estranxeiros recibidos nos seus campus.
Fundación Antonio de Nebrija
editarA Fundación Antonio de Nebrija, unha fundación privada de carácter cultural e docente promove a concesión de bolsas e premios de investigación, a convocatoria de foros, actos académicos, conferencias e congresos, así como ao desenvolvemento de actividades universitarias, culturais e sociais. A súa sede atópase na rúa Cea Bermúdez nº 59 de Madrid.
Notas
editar- ↑ "Universidad Antonio de Nebrija". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 15 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Antonio de Nebrija |