Áed Allán
Áed Allán (ou Áed mac Fergaile), finado en 743, foi un rei irlandés do século VIII, rei de Ailech e Rei Supremo de Irlanda. Áed Allán era fillo de Fergal mac Máele Dúin e membro de Cenél nEógain, unha póla dos Uí Néill do norte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII Irlanda |
Morte | 743 (Gregoriano) Irlanda |
Grande Rei da Irlanda (pt) | |
734 – 743 ← Flaithbertach mac Loingsig – Domnall Midi (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Cenél nEógain |
Fillos | Máel Dúin mac Áedo Alláin |
Pais | Fergal mac Máele Dúin e unknown daughter (?) |
Fergal foi asasinado, xunto con moitos outros, na batalla de Almain, en 722. Esta batalla tivo lugar contra Murchad mac Brain Mut de Uí Dúnlainge, rei de Leinster. O rei de Uí Néill neste tempo era Flaithbertach mac Loingsig de Cenél Conaill. Áed Allán loitou contra Flaithbertach en Mag Itha en 734, e foi derrotado. Emporiso, Flaithbertach abdicou ou foi deposto pouco despois e entrou no mosteiro en Ard Macha (Armagh).
O principal requisito para ser un potencial rei supremo era o éxito en batalla, e Áed Allán enfrontouse ós Ulaid, baixo Áed Róin dos Dál Fiatach en Faughart. Os reis do Ulaid controlaban a maioría do Ulster oriental, mentres os Cenél nEógain estaban radicados no condado de Tyrone. Áed Allán derrotou ós Ulaid, asasinando a Áed Róin e ó rei do Uí Echach Cobo, obtendo así o control de Conailli Muirthemne.
En 737, Áed Allán reuniuse co rei Eóganachta Cathal mac Finguine en Terryglass, probablemente terreo neutral. Byrne di que é improbable que Cathal, rei de Munster, recoñecese a autoridade de Áed Allán — os Uí Néill tiñan bastante pouca influencia no sur; pero se Cathal agardaba algún beneficio da reunión, onde quizais recoñecese a supremacía eclesiástica de Armagh, resultou decepcionado. Aínda así, os clérigos de Armagh puideron quedar satisfeitos xa que os Anais do Ulster, na entrada que segue á que informa da reunión de Áed Allán e Cathal, din que a lei de Patricio estivo vixente en Irlanda. Isto presumiblemente significa que Áed Allán e Cathal apalabraron o tratamento especial da igrexa, as súas terras e os seus inquilinos, segundo indicaba a lei de Patricio.
En 738, Áed Allán loitou contra os exércitos de Leinster na batalla de Áth Senaig. Os Anais do Ulster e os Anais de Tigernach dedican espazo considerable á batalla, na que Áed Allán reultou ferido e o rei de Leinster Áed mac Colggen de Uí Cheinnselaig, morto. Bran Bec de Uí Dúnlainge, fillo daquel Murchad mac Brain Mut que derrotara ó pai de Áed Allán en 722, tamén morreu.
Esta derrota parece teresmagado ós Uí Chennselaig xa que, por case tres séculos despois da batalla de Áth Senaig, os Uí Dúnlainge dominaron Leinster.
Áed Allán morreu en 743, na batalla en Seredmag, derrotado por Domnall Midi de Clann Cholmáin.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Áed Allán |
Bibliografía
editar- Byrne, Francis John, Irish Kings and High-Kings. Batsford, Londres, 1973. ISBN 0-7134-5882-8
- Ó Cróinín, Dáibhí, Early Medieval Ireland: 400–1200. Longman, Londres, 1995. ISBN 0-582-01565-0