Ácido oxalosuccínico

composto químico

O ácido oxalosuccínico[1] é un substrato intermediario do ciclo do ácido cítrico, que se orixina durante a reacción catalizada polo encima isocitrato deshidroxenase. Trátase dun ácido tricarboxílico de 6 carbonos cun grupo cetona, polo que é un cetoácido. Os sales e ésteres do ácido oxalosuccínico denomínanse oxalosuccinatos.

Ácido oxalosuccínico
Identificadores
Número CAS 1948-82-9
PubChem 972
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C6H6O7
Masa molar 190,11 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O oxalosuccinato é un intermediato inestable de do ciclo do ácido cítrico. É un composto alfa-ceto que se forma durante a descarboxilación oxidativa do isocitrato a alfa-cetoglutarato, catalizada pola isocitrato deshidroxenase. En realidade, o oxalosuccinato nunca abandona o centro activo do encima, e como é inestable, sofre inmediatamente unha descarboxilación para producir o alfa cetoglutarato e CO2.[2][3]

Notas editar

  1. PubChem compound Oxalosuccinic acid
  2. Virginia Melo, Virginia Melo Ruiz, Oscar Cuamatzi. Bioquímica de los procesos metabólicos. Google books. [1]
  3. Robert W. McGilvery. Conceptos bioquímicos. Google books