¿Y tú quién eres?
¿Y tú quién eres? é unha película española de Antonio Mercero. A película, rodada entre Madrid e Donostia, trata a enfermidade de Alzheimer. Estreouse o 21 de setembro de 2007, o día desta doenza dexenerativa. Por desgraza, dita doenza seríalle diagnosticada a Mercero dous anos despois. Xa durante a rodaxe, a terapeuta a quen está dedicada a película e que foi asesora do director, descubriu que Mercero tiña os primeiros síntomas da enfermidade.[1] Foi a última película para o director e tamén para López Vázquez.
¿Y tú quién eres? | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ¿Y tú quién eres? |
Director | Antonio Mercero |
Produtor | Miguel Menéndez de Zubillaga |
Guión | Antonio Mercero |
Intérpretes | Cristina Brondo Manuel Alexandre José Luis López Vázquez Álvaro de Luna Amparo Moreno Monti Castiñeiras |
Fotografía | Gonzalo F. Berridi |
Montaxe | José María Biurrun |
Distribuidora | Columbia Tristar |
Estrea | 2007 |
Duración | 85 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Orzamento | 3.000.000€ |
Na rede | |
Argumento
editarLuis Rivero (Álvaro de Luna) marcha coa súa familia de vacacións a Donostia e deixa nunha residencia o seu pai Ricardo (Manuel Alexandre), unha persoa anciá e con inicios de Alzheimer. Alí, Ricardo coñece a Andrés (José Luis López Vázquez), o seu compañeiro de cuarto, e fanse bos amigos. Ana, filla de Luis e neta de Ricardo (Cristina Brondo), quedou preparando oposicións na cidade. Porén, acaba por deixalas por mor das visitas ao seu avó, o que desgusta ao seu pai, e decide dedicarse ao coidado destes enfermos. Tamén namora do médico (Monti Castiñeiras) que traballa na residencia.
Elenco
editarNotas
editar- ↑ Emisión da película en "Versión española" (TVE) 24-xuño-2018 con coloquio posterior