¡Maldito bastardo!
filme galego de 2008
¡Maldito bastardo! é un filme galego de terror e comedia dirixido por Javi Camino e protagonizado por Juanillo Esteban.
¡Maldito bastardo! | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ¡Maldito bastardo! |
Director | Javi Camino |
Produtor | Álvaro Novo |
Guión | Javi Camino |
Intérpretes | Juanillo Esteban, Pilar Miguélez, Álvaro Novo, Tamar Novas |
Música | Álvaro Novo |
Fotografía | Antonio Vales, Javi Camino |
Montaxe | Javi Camino |
Estrea | 19 de maio de 2008 |
Duración | 82 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | terror, comedia |
Orzamento | 117.761 € |
Na rede | |
Argumento
editarFonsiño (Tamar Novas) escoita xunto a lareira a historia que lle contan os seus avós sobre o doutor Natalio (Juanillo Esteban), un antigo habitante da aldea que se infectou por erro cun virus da súa propia creación. A súa única esperanza pasaba por crear un antídoto a partir dos fluídos corporais dun pailán.
Elenco
editar- Juanillo Esteban como o doutor Natalio Palomino.
- Pilar Miguélez como Florentina/avoa.
- Álvaro Novo como Alvarito.
- Tamar Novas como Fonsiño.
- Manuel Camino como o avó.
- Carmen López como a enfermeira.
- David Balado como o chaqueteiro.
- Laura Sañudo como a leiteira.
- David Perdomo como a primeira vítima.
Estrea
editarA súa pre-estrea tivo lugar o 19 de maio de 2008 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, mentres que a presentación oficial do filme foi no Festival de Cans.[1]
Notas
editar- ↑ "Cine gore 'made in Compostela'". El Correo Gallego (en castelán). 19 de maio de 2008. Consultado o 13 de maio de 2021.