!!!
!!! (pronunciado coma chk chk chk) é unha banda estadounidense de dance-punk formada no outono de 1996 en Sacramento (Estados Unidos) polos antigos membros das bandas locais The Yah Mos, Black Liquorice e Popesmashers.
!!! | |
---|---|
Orixe | Sacramento (California), |
Período | 1996 - presente |
Xénero(s) | dance-punk, indie rock, post-punk revival |
Selo(s) discográfico(s) | Touch and Go Records, Warp Records, Gold Standard Laboratories |
Membros | Nic Offer Allan Wilson Mario Andreoni Tyler Pope Sean McGahan Dan Gorman Shannon Funchess Paul Quattrone |
Antigos membros | John Pugh Mikel Gius Jason Racine Justin Van Der Volgen Jerry Fuchs |
Artistas relacionados | Out Hud, The Yah Mos, Pope Smashers, Maserati |
Na rede | |
chkchkchk.net | |
Historia
editarDespois dunha xira xuntos, membros das bandas de Sacramento Black Liquorice e Popesmashers formaron !!!. O nome da banda foi inspirado polos subtítulos da película The Gods Must Be Crazy, na cal os sons dos chasqueos da boca dos bosquimáns representábanse coma "!". Porén, como a banda di na súa web: "!!! pronunciase repetindo tres veces calquera son monosílabo. Chk Chk Chk é a pronunciación máis común, pero poderían ser chamados Pew Pew Pew, Bam Bam Bam, Uh Uh Uh, crabs crabs crabs etc. A URL da súa páxina e o título do seu MySpace, porén, suxiren que "Chk Chk Chk" é a pronunciación preferida.
Baseados en Sacramento (California); Portland (Oregón); e Nova York, o seu traballo de debut publicouse no ano 2000 cun álbum autititulado lanzado polo selo Gold Standard Laboratories. A este seguiuno no 2003 o sinxelo "Me and Giuliani Down By the School Yard".
Un segundo traballo, Louden Up Now, foi editado a través da Touch and Go en América e da Warp Records en Europa en xuño do 2004. Un ano despois, no mes de xuño do 2005, !!! editou un EP versionando "Take Ecstasy With Me" de The Magnetic Fields, e "Get Up" de Nate Dogg. No mes de decembro, o batería orixinal da banda, Mikel Gius, foi atropelado e matado por un coche mentres paseaba en bicicleta. !!! editou o seu terceiro álbum, Myth Takes no ano 2007.
O vocalista e batería John Pugh deixou a banda en xullo do 2007 para concentarse na súa nova banda Free Blood. Shannon Funchess substituíu a Pugh durante a meirande parte da súa xira dese ano.
John Frusciante de Red Hot Chili Peppers presenciou un concerto da banda nos Ánxeles e convidounos como abreconcertos dos Chili Peppers durante a súa xira do 2006 polo Reino Unido.
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
!!! | 2001 | Gold Standard Labs |
Louden Up Now | 2004 | Touch and Go/Warp |
Myth Takes | 2007 | Warp Records |
Strange Weather, Isn't It? | 2010 | Warp Records |
THR!!!ER | 2013 | Warp Records |
As If | 2015 | Warp Records |
Shake the Shudder | 2017 | Warp Records |
Wallop | 2019 | Warp Records |
Let It Be Blue | 2022 | Warp Records |
EPs
editar- GSL26/LAB SERIES VOL. 2 – 1999 (Gold Standard Labs) compartido con Out Hud
- Live Live Live – 2004 (Beat Records)
- Take Ecstasy with Me/Get Up – 2005 (Touch and Go Records)
- Jamie, My Intentions Are Bass E.P. - 2010
Véxase tamén
editarLisgazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: !!! |