Myth Takes

Myth Takes é un o terceiro álbum da banda estadounidense de dance-punk !!!, editado o 5 de marzo do 2007 a través do selo Warp Records. Foi gravado en Nashville, Tennessee, e conta co batería Jerry Fuchs. As primeias edicións limitadas da versión en CD viñan cun segundo disco con tres remesturas.

Myth Takes
Álbum de !!!
Publicado5 de marzo do 2007
Gravación2006
Duración48:20
Xénero(s)dance-punk
Selo(s)Warp Records
Producido porJustin Van Der Volgen, The Brothers
Cronoloxía
Take Ecstasy with Me/Get Up Myth Takes Strange Weather, Isn't It?

O primeiro sinxelo foi "Heart of Hearts", aparecido como descarga gratuíta e vinilo limitado o 19 de febreiro. Realizouse un vídeo para "Must Be the Moon", dirixido por Ben Dickinson, e este tema foi lanzado como sinxelo o 14 de maio (o 5 de xuño en Norteamérica); este está unicamente dispoñible como descarga dixital e en vinilo de 12".

O tema "All My Heroes Are Weirdos" aparece nos videoxogos Tony Hawk's Proving Ground e FIFA 08. Ademais, a canción "Yadnus" está na emisora Radio Broker do xogo Grand Theft Auto IV. A portada do álbum foi creada polo artista Kevin Hooyman, un amigo da banda.

Listaxe de canciónsEditar

N.º Título Duración
1. "Myth Takes"   2:24
2. "All My Heroes Are Weirdos"   3:04
3. "Must Be the Moon"   5:56
4. "A New Name"   4:54
5. "Heart of Hearts"   6:02
6. "Sweet Life"   3:46
7. "Yadnus"   5:13
8. "Bend Over Beethoven"   8:06
9. "Break in Case of Anything"   3:39
10. "Infinifold"   5:11
Disco extra
N.º Título Duración
1. "Myth Takes" (Acouth Take) 2:14
2. "Bend Over Beethoven" (Original Nashville Jam) 4:03
3. "Heart of Hearts" (The Brothers Mix) 5:43