Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios

Esta é a sección xeral do Taboleiro dos administradores

Dereitos
publicar

Bloqueos
publicar

Bots
publicar

Imaxes
publicar

Spam
publicar

Vandalismo
publicar

Nesta sección recóllense os problemas non cubertos polas outras seccións.

Comezar un novo fío de conversa

Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9


Proposta de artigo de calidade: Dodro editar

Solicito a inclusión dun aviso en Sitenotice da proposta do artigo Dodro. --Dodro (conversa) 9 de decembro de 2023 ás 18:51 (UTC)Responder

Riós e Wikipedia:Toponimia editar

En contra das políticas de toponimia oficiais vixentes na Galipedia que di que a toponimia é a que se rexistra no Noménclator de Galicia un usuario pretende engadir no artigo do concello de Riós unha forma non oficial no cabezallo como forma ocasional baseándose nunha nova de información da RAG que nin sequera se pode consultar por non estar ben ligada como se unha nova fose unha referencia normativa da RAG. Solicito a protección do artigo para evitarmonos guerras de edicións. Grazas.--HacheDous=0 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 22:48 (UTC)Responder

Para min o engadido é válido. Segundo a política de toponimia, a forma "Riós" é a oficial ao ser a que aparece recollida no Nomenclátor de Galicia, e por este motivo tal debe ser o título do artigo. Non obstante, considero relevante indicar no propio cabezallo do artigo que hai outras formas recollidas amais da que aparece no Nomenclátor, e máis cando a fonte dada é unha nova da RAG, e que a forma non entra en contradición co desenvolvido na correspondente sección Riós#Toponimia. En calquera caso, e como xa defendín hai tres semanas, considero que as guerras de edicións non se evitan con protección de artigos, senón con diálogo e consenso. Un saúdo, e grazas por iniciar a conversa! :) --Estevo(aei)fálame aquí 22 de xaneiro de 2021 ás 01:50 (UTC)Responder
Xa atopei a fonte orixinal da Comisión de Toponimia/Seminario de Onomástica, que si me parece relevante e que vou engadir o artigo, grazas.--HacheDous=0 (conversa) 22 de xaneiro de 2021 ás 13:08 (UTC)Responder
Resolto logo. Grazas aos tres. --Atobar (conversa comigo) 22 de xaneiro de 2021 ás 16:02 (UTC)Responder

Erro co tradutor editar

Bos días. Estaba traducindo este artigo ao galego co trebello para traducir pero ao premer en publicar dáme o seguinte erro e non me deixa publicar:

Houbo un erro descoñecido e irrecuperable. Detalles do erro: Error converting HTML to wikitext: docserver-http: HTTP 400: {"type":"https://mediawiki.org/wiki/HyperSwitch/errors/unknown_error","method":"post","uri":"/gl.wikipedia.org/v1/transform/html/to/wikitext/Juan_Carlos_Lorenzo"}

Xa me ocorrera anteriormente cun ou dous artigos. A que pode deberse? Nonsonninguen (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 13:06 (UTC)Responder

Parece que é algún tipo de erro do trebello; hai varios comentarios sobre iso aquí --HacheDous=0 (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 14:42 (UTC)Responder
Xa vexo xa... Graciñas. Nonsonninguen (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 15:19 (UTC)Responder

Proposta de artigo de calidade: Terra editar

Solicito a inclusión dun aviso en Sitenotice da proposta do artigo Terra. --Viascos (conversa) 20 de febreiro de 2021 ás 20:35 (UTC)Responder

Eu non teño permisos de administración da interface, @Viascos Só poderían facelo @AMPERIO ou @Banjo e este último non está ultimamente activo. Sínto a tardanza na resposta, pero ao non ter permisos non tiña nada que achegar coa miña resposta. Grazas @Piquito por chamar a atención nas cousas que van quedando pendentes. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 16 de abril de 2021 ás 20:07 (UTC)Responder

Fusionar historiais editar

Tralo traballo de Usuario:Xoacas (grazas), os contidos de "Festa da Arribada" e "A Arribada, Baiona" xa son idénticos. Poderiades fusionar os historiais das dúas páxinas na primeira e eliminar a segunda? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 8 de marzo de 2021 ás 20:25 (UTC)Responder

  Feito!; grazas polo aviso! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de marzo de 2021 ás 22:07 (UTC)Responder

Cambio de logo de MediaWiki editar

Bo día.

Atendede, por favor, isto.

Graciñas. . HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2021 ás 10:20 (UTC)Responder

Cando as mulleres que exercen as ciencias e o nome das ciencias coinciden editar

Conversa trasladada a Conversa @Elisardojm @HombreDHojalata @Lles

Furna* editar

En "Módulo:Imaxe do día/lista", un administrador ten que mudar "furna" por "urna", concretamente na liña:

151 { 'SaintJamesTomb.jpg', 'Furna de prata na catedral de Santiago de Compostela', 'Santiago o Maior', '350', 'n' },

Pediuno User:Miguelferig (con razón) aquí. . HombreDHojalata.conversa 29 de maio de 2021 ás 21:37 (UTC)Responder

  Feito! por Estevoaei. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2021 ás 21:20 (UTC)Responder

Categoría:Wikipedia:Imaxes para borrar editar

Ola compañeiros.

Poderiades facer limpeza en Categoría:Wikipedia:Imaxes para borrar?

Graciñas . HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2021 ás 08:43 (UTC)Responder

Imaxe na portada editar

Bo día. Na portada de hoxe, a imaxe que debía aparecer foi borrada e por iso está o espazo baleiro. Cando se poida, habería que colocar outra. Saúdos MAGHOI (conversa) 8 de xullo de 2021 ás 08:21 (UTC)Responder

 
A imaxe foi trasladouna @Estevoaei: a Wikimedia Commons con outro nome [[Ficheiro:Rio Mera.jpg]] -> commons:Río Mera.jpg ("Río" con acento). Hai que mudar o nome en Módulo:Imaxe do día/lista (unicamente pode facelo un administrador). --. HombreDHojalata.conversa 10 de xullo de 2021 ás 11:57 (UTC)Responder

Trocar o nome do artigo Airas Corpancho polo de Airas Carpancho editar

Ola, solicito trocar o nome do artigo Airas Corpancho polo de Airas Carpancho. Penso que foi un erro. Figura como Airas Carpancho na base de datos 'Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa' do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e tamén no 'Projeto Littera' da Unversidade de Lisboa. Moitas grazas.--Davidhez (conversa) 16 de agosto de 2021 ás 14:04 (UTC)Responder

Troco de nome do artigo Fernando González de Sanabria por Fernan Gonçalvez de Seabra editar

Pido desculpas polo erro.Grazas--Davidhez (conversa) 17 de agosto de 2021 ás 09:11 (UTC)Responder

Please, check You the removed links from the list. editar

Please, Check You the remove links from this list. --Dušan Kreheľ (conversa) 12 de setembro de 2021 ás 20:08 (UTC)Responder

-- pregunteille na páxina de conversa a que se refería exactamente. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de setembro de 2021 ás 05:41 (UTC)Responder

Desfase horario da hora/data da Portada editar

Boas, veño comprobando que hai un desfase horario na Portada. A min paréceme un problema de a.m./p.m, porque se achega a 12 horas. Estaría ben que se resolvese, porque o de ler a Portada de mañá e estar aínda no día anterior non é moi estiloso. Comprobeino entrando coa conta, sen conta (anónima) e en varios navegadores e dispositivos. Supoño que os administradores da interface si poderán facer algo, se non, podo mover este fío á Taberna (Técnica). Saúdos.-- Maria zaos (conversa) 14 de outubro de 2021 ás 23:05 (UTC)Responder

Ola, @Maria zaos. Desculpa que demorase tanto en mirar isto... Vou ver se chequeo cantas cousas funcionan mal de vez, esta noite ou mañá á mañá. Irei informando. --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de outubro de 2021 ás 17:16 (UTC)Responder

Temas pendentes editar

Segundo esta conversa da portada,:

Bo día. Cómpre mudar a ligazón interna da imaxe do día que apunta cara Siro López (xornalista deportivo) por Siro (caricaturista) no Módulo:Imaxe do día/lista. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 16 de xullo de 2021 ás 02:40 (UTC).

Por favor, cambiade Siro López por Siro en aquí @MAGHOI @Chairego apc @Xabier Cid

{ 'Ramón Piñeiro Siro López.jpg', 'Caricatura de Ramón Piñeiro realizada por Siro López.', 'Ramón Piñeiro', , 'n' } Maria zaos (conversa) 16 de outubro de 2021 ás 09:49 (UTC)Responder

@AMPERIO @Atobar Maria zaos (conversa) 16 de outubro de 2021 ás 09:54 (UTC)Responder
@Maria zaos, @RubenWGA.   Feito! --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de outubro de 2021 ás 16:55 (UTC)Responder

Fusión de historiais editar

Por favor, poderiades fusionar historiais de "José Vilas Nogueira" e "Xosé Vilas Nogueira"?

Graciñas e a seguir. . HombreDHojalata.conversa 21 de outubro de 2021 ás 12:50 (UTC)Responder

Problema nas citas editar

Estou traducindo un artigo e copiei as citas do orixinal. Nel funcionan ben, pero ao copialas aparéceme esta mensaxe: "Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome ":0" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome ":0" está definido varias veces con contidos diferentes." Non fixen ningunha edición e non sei cal é o problema. Moitas grazas de antemán! —o anterior comentario sen asinar foi feito por SpookyFlora (conversacontribucións) 15 de febreiro de 2022 ás 17:09

Ola, @Usuario:SpookyFlora. Déixoche a resposta na túa páxina de conversa. Tamén che deixo unhas ligazóns con consellos varios de benvida para mellora-las edicións. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 15 de febreiro de 2022 ás 16:43 (UTC)Responder

Fusionar historiais editar

Hai que fusionar os historiais de Montes Aquilanos e Montes Aquilianos. O artigo que ha permanecer é Montes Aquilanos, Grazas.--HacheDous=0 (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 17:39 (UTC)Responder

  Feito! @ HacheDous=0. Saúdos. --MAGHOI (conversa) 16 de maio de 2022 ás 10:57 (UTC)Responder

Bad article name editar

Some years ago, Manuchansu (conversa · contribucións) did a cross-wiki renaming of Catalan writer Manuel Milà i Fontanals into the wrong name Manuel Milà y Fontanals. Now I was trying to revert it, but had a misstype and it ended up as Manuel Milà i Fontanalsr. Can you please erase this final "r" and move it back to Manuel Milà i Fontanals? I am really sorry for my mistake. --SMP (conversa) 1 de marzo de 2022 ás 10:11 (UTC)Responder

Múltiples redireccións erradas en proxecto pedagóxico. editar

Boas, un usuario do proxecto pedagóxico moveu repetidas veces a súa subpáxina creando unha cadea de redireccións encadeadas. O título a conservar é Anna Maria Primavesi e o resto que localicei marqueinas con lixo. Os contidos moveríanse neste momento dende Quero que se publique/Anna Maria Primavesi a Anna Maria Primavesi. Por favor, informade do cambio a quen editou, Usuario:Galipediantefisico. Graciñas! FormacionWiki (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 19:54 (UTC)Responder

Solucionado. Graciñas!   FormacionWiki (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 20:11 (UTC)Responder

Fusionar historiais editar

Hai que fusionar os historiais de Parahucho perry e Parahucho perryi. O artigo que ha permanecer é Parahucho perryi, Grazas.--HacheDous=0 (conversa) 23 de abril de 2022 ás 11:19 (UTC)Responder

Aproveito para lembrar que tamén fixen a proposta de fusionar o artigo vascularización dentro do artigo anxioxénese. Xa pasei o contido de vascularización a anxioxénese. Non sei se cómpre facer algo máis.--Miguelferig (conversa) 14 de maio de 2022 ás 15:38 (UTC)Responder
  Feito! @Miguelferig. Saúdos. --MAGHOI (conversa) 16 de maio de 2022 ás 10:45 (UTC)Responder
Grazas.--Miguelferig (conversa) 16 de maio de 2022 ás 19:16 (UTC)Responder

Efemérides Isabel Allende editar

Boas; sería bo corrixir a efemérides de hoxe (2-8-22) sobre Isabel Allende. Non é filla do presidente Allende, senón filla dun curmán deste. Angeldomcer (conversa) 2 de agosto de 2022 ás 09:38 (UTC)Responder

  Feito! Grazas polo aviso, @Angeldomcer: --Estevo(aei)fálame aquí 2 de agosto de 2022 ás 10:36 (UTC)Responder

Votación. editar

Bo día. EStaba a mirar as votacións en curso e reparei en que Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/O reino de Galicia na historiografía tradicional española, xa está rematada e aprobada. Porén, entroume a dúbida se a parte de ser un artigo sobre Galiza tamén se debe considerar como Artigo de calidade.. Entendo que si pero non sei se ese é o sentido da votación. Que opinades? Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 5 de setembro de 2022 ás 07:37 (UTC)Responder

Non, é só un artigo sobre Galiza. O do artigo de calidade mencionaba eu que podería selo mais pra iso faría falta outra votación. One2 (conversa) 5 de setembro de 2022 ás 12:41 (UTC)Responder

"Amancio Ortega" editar

Estamos preto de montar unha guerra de edicións en Amancio Ortega (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar). Solicito, por favor, a intervención dun terceiro. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 12 de setembro de 2022 ás 17:53 (UTC)Responder

Ping: @AMPERIO:; @Atobar:; @Banjo:; @Chairego apc:; @Estevoaei:; @MAGHOI:; @Xabier Cid:.

Fususionar historiais editar

Hai que fusionar os historiais de Small Faces e The Small Faces. O artigo que ten que quedar é Small Faces. Grazas. --Beninho (conversa) 17 de novembro de 2022 ás 12:04 (UTC)Responder

  Feito! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de novembro de 2022 ás 12:16 (UTC)Responder

Páxina de usuario redirixida editar

Tras pasala a Fundación San Rosendo, a páxina de borrador Usuario:Tfeliz/Fundación San Rosendo está marcada con { {QuickDelete|Páxina de borrador} } para a súa eliminación. Como pode verse (e non entendo por que), rediríxese a Lixo. Alguen podería revisalo? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 22 de novembro de 2022 ás 10:38 (UTC)Responder

Ola, @Tfeliz: O problema era que Modelo:QuickDelete redirixía a Lixo en vez de a Modelo:Lixo. Para outra vez que queiras marcar para borrar unha páxina de probas, pon directamente {{lixo}}. Graciñas! Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de novembro de 2022 ás 10:42 (UTC)Responder

Fusión de historiais editar

Acabo de editar as seguintes páxinas: J. Castro e Castro (automóbiles). Necesito que alguén fusione os historiais. Mark Gasoline (conversa) 19 de xaneiro de 2023 ás 17:09 (UTC)Responder

  Feito! Graciñas polo aviso, @Mark Gasoline:. --Estevo(aei)fálame aquí 19 de xaneiro de 2023 ás 19:42 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións para borrar/Alberte Fernández Silva editar

Hai unha votación para borrar aberta desde novembro: Wikipedia:Votacións para borrar/Alberte Fernández Silva.

Había que meterlle man e pechar iso. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xaneiro de 2023 ás 11:59 (UTC)Responder

  Feito! Grazas polo aviso, @HombreDHojalata:! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de xaneiro de 2023 ás 09:29 (UTC)Responder

Día da Ilustración editar

Boas, vin que está na portada a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e acabo de crear a súa páxina. Encontrei que o Día da Ilustración este ano está dedicado a María Antonia Dans, e non a Lolita Díaz Baliño. Saúdos! Gasparoff (conversa) 30 de xaneiro de 2023 ás 12:20 (UTC)Responder

  Feito! Grazas polo aviso, @Gasparoff:. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 30 de xaneiro de 2023 ás 12:25 (UTC)Responder

Trocar o nome de "Monoulious DOP" editar

Recentemente creei unha páxina do grupo galego "Monoulious DOP" pero á hora de escribilo nome no título trabuqueime e púxeno mal "Monolious DOP", sen o primeiro "u". Se é posible corrxídeo, moitas grazas de antemán, un saúdo. DarkoLuigi (conversa) 18 de febreiro de 2023 ás 17:43 (UTC)Responder

Modificación datos biográficos incorrectos editar

Ola. Bo día. Son Jorge Armesto Rodríguez e descubrín hai algúns días que teño unha páxina biográfica. Tratei -sen éxito- de facerlle chegar a un administrador varias queixas sobre a mesma pero fixo caso omiso ás mesmas. En primeiro lugar, a mención á miña militancia política na actualidade é falsa. En segundo lugar, considero que esa información é contraria a un dos principios que rexen as páxinas biográficas que falan de que os datos que se ofrecen teñen que ser relevantes con respecto ó que fai relevante ó suxeito. Se a miña "relevancia" ven dada pola miña faceta como músico no pasado e articulista ocasional hoxe, a militancia política -que únicamente tivo un carácter simbólico, sen cargos orgánicos nin electivos- só ten que ver coa miña privacidade. En calquera caso, REITERO: ese dato hoxe É FALSO. Unha invasión á miña privacidade tamén a considero a mención ó meu posto de traballo, no que se especifica o lugar e o sector. Ambas cousas non teñen relevancia algunha no que respecta as cuestións musicais ou periodísticas e supoñen unha difusión da miña privacidade que considero fora de lugar, dada a escasísima relevancia pública da miña persoa. Reitero a solicitude para que eliminen esas informacións incorrectas. Un saúdo. Jorge Armesto (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 06:12 (UTC)Responder

Invasión da privacidade editar

Boas tardes. Levo varias horas debatindo cun dos vosos compañeiros. Considero que a mención ó meu posto de traballo actual é irrelevante e unha invasión da privacidade. A miña entrada -que desexaría que non existise- en todo caso ven motivada pola miña actividade cultural ou periodística pero non por onde recibo ou non destino nun concurso de traslados. Ademáis de que é absurdo. ¿an a actualizar a entrada no seguinte concurso de traslados?. Penso que, a mención á miña actividade profesional non é relevante, pero, de selo, debería ter un tratamento máis xeneral. Bastaría con dicir: "funcionario de xustiza" e tal información tería o efecto necesario. Polo contrario, a especificación e a concreción, non aporta información relevante o lector pero sí podería dar lugar a interferencias indeseadas no meu traballo diario. Se o principio é "non facer dano", diría que non se cumpre. Persoalmente, tampoco acabo de entender por qué unha entrada debe facerse dun modo hostil cara á persoa da que se fala, cando todo funcionaría mellor de ser máis amable e consensuado. Un saúdo. Jorge Armesto (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 16:48 (UTC)Responder

Modelo:Xunta de Galicia e Modelo:Consellerías editar

Por favor, fusionade os historiais de edición do Modelo:Xunta de Galicia e o Modelo:Consellerías. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 17 de xuño de 2023 ás 08:56 (UTC)Responder

  Feito! Grazas, @HombreDHojalata:. --Estevo(aei)fálame aquí 17 de xuño de 2023 ás 09:00 (UTC)Responder

Trocar o nome de Astana. editar

Boas tardes. Investigando un pouco o artigo de Astana hai un audio na wikipedia en castelá que recolle que é Astaná pola pronuncia que da (lembremos que o que hai que tentar é escribir o nome mantendo a pronuncia orixinal).

Xunto con iso tamén temos a páxina de conversa do artigo, que na parte de enriba o usuario Usuario:Nachonion xa menciona que incluso foi a Astaná e confirma que o nome é así.

O problema incluso maior é que a páxina contradícese; se fora "Astana" porque o xentilicio e "Astanés"? Eu creo que aquí hai unha contradicción clara: se fora Astana o xentilicio sería Astanes (negrita para denotar que se está cambiando a acentuación).

Tentei buscar durante bastante tempo moita información sobre o tema; no AFI sae que o acento vai no "ta", pero en wikis coma o do castelá que é Astaná; buscando en dicionarios de xentilicios non atopei información e pode ser que tanto Nacho como o do audio na wikipedia en castelá poidan mentir; busquei información oficial e Tokayev (o presidente actual) non deixa moi claro a súa pronuncia; no único vídeo que atopei pronuncia Astaná coma 'Astanan' (nótese que precisamente nese caso a palabra e grave). Esta pronuncia atopeina neste vídeo no minuto 13:30 da canle oficial do goberno (se vandes á información da canle podedes ver que ten a páxina oficial do goberno).

Por todo isto eu trocaría ou o xentilicio ou o nome da páxina, mais gustaríame atopar un consenso antes de facelo. Tisment (conversa) 19 de setembro de 2023 ás 15:51 (UTC)Responder

Ola, @Tisment. A verdade é que nos sei que dicir. Eu tamén teño certos problemas con nomes de reinos da idade antiga dos que non hai referencias en galego. Fixen unha consulta á Academia pero vai lento. MAGHOI (conversa) 20 de setembro de 2023 ás 16:35 (UTC)Responder
Eu farei outra entón. A verdade é que me sorprende; sendo o Galego un idioma que usa Google, é cooficial e ten uns tres millóns de falantes sorpréndeme que non haxa tanto consenso nos xentilicios...
Nese caso imaxino que esperarei á academia tamén. Grazas polo teu comentario. Tisment (conversa) 20 de setembro de 2023 ás 18:03 (UTC)Responder
ACTUALIZACIÓN: decateime de que no AFI (Alfabeto Fonético Internacional) a diferencia do que dixen é, en efecto, unha palabra aguda, iso por lo menos nesta páxina do Wikcionario en castelá (qué onde o atopei) malia tamén hai outra versión que non é aguda; segue sen quedar claro (iso sen esquecer que iso só é en Castelá; en Galego non está claro...). Tisment (conversa) 20 de setembro de 2023 ás 18:29 (UTC)Responder
Todo iso son investigacións orixinais e nós non somos fonte primaria (WP:NFP). Deben procurarse fontes acreditadas (WP:FF, WP:V), que deben ser citadas (WP:CITE).
En todo caso, este fío debería trasladarse a: Conversa:Astana. --. HombreDHojalata.conversa 20 de setembro de 2023 ás 20:11 (UTC)Responder
Vale. Tisment (conversa) 20 de setembro de 2023 ás 21:30 (UTC)Responder

Xosé Lois Foxo editar

O artigo de Xosé Lois Foxo na Wikipedia ten moita información incorrecta, dado que foi redactado por alguén alleo ao suxeito. A Xosé Lois Foxo gustaríalle eliminar toda a información reflectida no artigo e poder incorporar un novo texto.

Como podería facerse isto? 77.26.206.21 29 de setembro de 2023 ás 14:21 (UTC)Responder

Boas tardes. Recomendaríalle ler estas cousas de aquí:
Wikipedia:Cinco piares
Wikipedia:Borrar
Wikipedia:Como comezar a colaborar
En resumo, se a páxina cumpre coas normas da Galipedia (punto de vista neutral, a información está referenciada, o artigo está en galego e ten unha gramática, sintaxe, ortografía e estilo adecuados) a pesar de que poida resultar molesta NON se eliminará; en caso afirmativo hai que facelo mediante un proceso concreto (todo isto está na primeira e segunda ligazón que che puxen).
Hai bastantes máis regras e información pero vendo un pouco o artigo creo que si se pode considerar que pode haber información incorrecta (pois só hai dúas referencias); por iso lle puxen o aviso de Sen referencias para deixar claro que necesita de máis referencias.
En caso de que sexas o propio Xosé Lois Foxo ou un coñecido, sempre podes editar o artigo (podes ver o 3º enlace para ver como comezar a colaborar). Eu ou calquera outro sempre che poden axudar.
Saúdiños. Tisment (conversa) 1 de outubro de 2023 ás 19:43 (UTC)Responder

Mover Juana Capdevielle ao espazo principal editar

Boas, gustariame reverter o movemento que fixen dende o espazo principal á miña subpáxina do artigo de Juana Capdevielle. Podedes ter máis detalles na miña páxina de conversa. Eu non podo revertilo xa que a páxina de destino (Espazo principal) está ocupada e a solicitude de borrado da redirección non se levou a cabo. As miñas desculpas polo lío de movementos, nun primeiro momento semelloume unha solución acaída. Graciñas! Deixo, polo si ou polo non, avisos a @MAGHOI@Chairego apc@Xabier Cid@Estevoaei @Atobar Maria zaos (conversa) 6 de novembro de 2023 ás 15:51 (UTC)Responder

  Feito!--MAGHOI (conversa) 6 de novembro de 2023 ás 17:57 (UTC)Responder
Moitas grazas, @MAGHOI Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de novembro de 2023 ás 18:16 (UTC)Responder

Modelo:Switcher2 editar

Boas, teño unha pequena tarefa para un administrador que poida copiar un texto de código no Modelo:Switcher2 que está protexido, podedes ver o que hai que facer na páxina de conversa do modelo. Semella ben doado. Desta maneira faremos que o modelo de xeografía política baseado en Wikidata que está a traballar Amadalvarez vaia axeitadamente. Saúdos xente. Breogan2008 (conversa) 13 de novembro de 2023 ás 16:25 (UTC)Responder

Incorporar código en common.js editar

Hola. Estoy incorporando a GLwiki la Infocaixa de geografia política {{Infobox political geography}}, copiada de CAwiki.

Hace servir un gadget para mostrar múltiples imagenes seleccionables con una botonera. Podeis ver un ejemplo en ca:special:permalink/32667491 y, la misma versión en Usuario:Amadalvarez/test (antes de instalar el código)

El codigo que hay que cargar en la pàgina MediaWiki:Common.js de GL, se puede obtener de [1] .

Comienza con el texto "//###### comença codi per a plantilla de diapositives (grups d'imatges) #####"

hasta "//###### finalitza codi per a plantilla de diapositives #####"

Después de instalar el código y purgar la caché de la pàgina, ha de verse como el ejemplo de CAwiki.

Gracias ! Amadalvarez (conversa) 13 de novembro de 2023 ás 16:35 (UTC)Responder

Se ha solapado el mensaje con el de @Breogan2008.
Es el mismo tema.
Salut ! Amadalvarez (conversa) 13 de novembro de 2023 ás 16:38 (UTC)Responder
@Amadalvarez @MAGHOI Boas, o código xa está copiado. Esta semana ando algo liado, por favor comprobade que todo funcione correctamente, o único cambio respecto do orixinal foi a tradución das notas. Saúdos, calquera cousa avisade! O Breixo (conversa) 7 de decembro de 2023 ás 12:37 (UTC)Responder
Estupendo. @O Breixo. Grazas. MAGHOI (conversa) 7 de decembro de 2023 ás 13:36 (UTC)Responder
@O Breixo Disculpa, però no es éste el código. Culpa mia, porque corresponde a una versión anterior que aun se conserva en algunos articulos a CAwiki. Lo puedes eliminar.
El que tenemos que copiar lo tienes (él solo) a Usuario:Amadalvarez/common.js, donde lo copie para poder ver si funcionava la infobox.
Si prefieres usar ca:MediaWiki:Common.js el código va de la línia 773 hasta el final.
Mis disculpas ....
Puedes comprovar en el artículo de Singapur; las imagenes que salen en lista, solo se ha de ver una con una botonera debajo para cambiar.
Gracias ! --Amadalvarez (conversa) 7 de decembro de 2023 ás 13:40 (UTC)Responder
Feito! Parece que xa funciona. Grazas @Amadalvarez! O Breixo (conversa) 7 de decembro de 2023 ás 16:19 (UTC)Responder
Gracias a ti, @O Breixo. Funciona perfectamente. Espero que lo disfruteis y lo useis en otras situaciones. !!. Salut ! Amadalvarez (conversa) 8 de decembro de 2023 ás 05:28 (UTC)Responder

Fusionar artigos editar

movido dende a conversa, desculpas, @MAGHOI

Boas, quedan para fusionar historiais Concepción Arenal e Lista de obras de Concepción Arenal. Cando se fusionen avisaime, por favor para darlle xeito ao apartado Obra. Grazas! Maria zaos (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 20:38 (UTC)Responder

  Feito! @Maria zaos MAGHOI (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 20:51 (UTC)Responder
vale, pois amaño as referencias e ordeno a lista logo, grazas!@MAGHOI Maria zaos (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 21:07 (UTC)Responder
@Maria zaos . As referencias están amañadas. MAGHOI (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 21:09 (UTC)Responder
vaia, xa as amañaras ti, as referencias, moitas grazas! Maria zaos (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 21:12 (UTC)Responder

Tradución da Páxina Principal de Usuario editar

Boas! A interface da Páxina Principal de Usuario está en lingua portuguesa. Senón me engano, a tradución da mesma e dos taboleiros "Edições sugeridas", "O seu impacto" e "Obter ajuda sobre edição" están dentro da sección Growth Experiments - Homepage (ligazón), inda sen traducir. Penso que darlle prioridade a isto sería interesante para conseguir unha interface unificada. Eu intentarei ir facendo o que poida!

@Maria zaos @Xabier Cid @Toliño @Elisardojm

Saúdos! O Breixo (conversa) 13 de decembro de 2023 ás 01:14 (UTC)Responder

desculpa o retraso, Usuario:O Breixo non podo conectarme moito ultimamente. Mireino por riba cando mo indicaras e a verdade é que non o vin de todo claro. Se nos estamos a referir á nova páxina de usuario, si, entendo que si, polo que vexo na imaxe acó e nesta ligazón. Agora ben, non sei o alcance de implantación desa nova funcionalidade: eu téñoa activada e lembro preguntar na comunidade sobre ela, xa que me aparecera por defecto nas contas que se creaban novas no marco dun proxecto de formación wiki que levaba naquel momento. Daquela, as persoas veteranas en wikipedia non sabían do que lles estaba a falar porque a elas non lles aparecían estas páxinas nin funcionalidades. Resumindo: si, penso que si, para estas novas funcionalidades nas novas contas de usuaria, esas semellan as traducións e non, para aquelas mensaxes da interface de usuario máis vella/veterana nas múltiples skins (vector etc.), que poidan ter quedado atrás e figuren na lingua de resgardo, portugués, pero a verdade é que agora mesmo non vexo nada que se visualice en portugués cando menos en Vector. Agardo que estas informacións che sirvan de axuda. Saúdos Maria zaos (conversa) 13 de decembro de 2023 ás 10:34 (UTC)Responder
@Maria zaos Grazas pola resposta, pensei que non viras o primeiro comentario.
Ata onde sei, non é algo que se poida escoller nas preferencias, independentemente da aparencia que use, incluído o Vector antigo (2010). De feito, xa na Portada, se poño o punteiro enriba do nome do meu usuario, arriba á dereita, ponme: " A sua página principal ".
Penso que inda que os usuarios máis antigos non teñan acceso a esta característica, si que é parte da interface que ven diariamente a maior parte dos novos. Non só é a primeira páxina que se ve ao facer clic no usuario, senón que ademais dá información rápida das últimas edicións. Para poder ver a páxina de usuario ( Usuario:Nome ) hai que pasar primeiro por esta páxina, da que a segunda pestana é a páxina de usuario que podes editar. Non é ningún drama que estea en portugués, pero estaría ben ter a interface básica dos "novos" usuarios traducida.
Inda así non quería dar présas a ninguén 😅 Só quería dar a saber o tema por se era unha incógnita. E buscar axuda para revisar 😁 xa hai 16% traducidas e só 1% revisadas. Eu vou facendo o que podo pero é a primeira vez, seguro que estou cometendo erros.
Saúdos! O Breixo (conversa) 13 de decembro de 2023 ás 19:35 (UTC)Responder
Ola, @O Breixo. Se eu fago coma ti dis, colocar o cursor sobre o meu nome de usuario na Portada, aparéceme "A súa páxina de usuario" e o premer paso directamente a "Usuario:nome"; non paso pola que ti indicas. Saúdos MAGHOI (conversa) 13 de decembro de 2023 ás 19:50 (UTC)Responder
Boas @MAGHOI.
Así é coma vexo eu a "Páxina principal", dende aquí podo ir á miña Páxina de usuario.
As traducións fanse dende translatewiki.net, hai que crear unha conta e facer unhas traducións de proba. Despois de "confirmar" a conta podes facer traducións nos diversos proxectos de mediawiki, o que estamos falando é Growth Experiments. Aquí poderás traducir as caixas sen traducir ou revisar/aprobar as traducións xa feitas por outra xente.
Penso que comezan a aplicar a tradución ao chegar a certo porcentaxe de revisadas, pero ata aquí sei. O Breixo (conversa) 14 de decembro de 2023 ás 00:39 (UTC)Responder
Grazas, @O Breixo polas indicacións. xa fixen o procedemento que indicas e vou facendo. Saúdos. MAGHOI (conversa) 14 de decembro de 2023 ás 19:14 (UTC)Responder
Ola de novo: eu estou contigo, @O Breixo, opinaba xa en febreiro de 2022 que era urxente traducila, e bueno, aínda que lamentablemente non me é posible estar moi operativa ultimamente aquí, avísame se necesitases alguén para facer check nas traducións e non atopases. Eu conseguín activala, @MAGHOI, porque a captura que subín daquela era da conta de formación, pero na miña conta de usuaria téñoa tamén dispoñible. Vou ver como raio fixera para activa e póñoo aquí. Maria zaos (conversa) 13 de decembro de 2023 ás 20:04 (UTC)Responder
@MAGHOI Penso que para activala tes que ir a preferencias>información de usuario> Funcións para os editores novos (eu teño marcadas as tres opcións que aparecen por baixo e uso Vector antigo);
@O Breixo acabo de ver que xa me indicabas o da axuda para revisar as traducións, perdoa. Vou tentar ir mirándoas ós poucos, vale. Pero a ver se saen máis voluntari@s na sala   Maria zaos (conversa) 13 de decembro de 2023 ás 20:10 (UTC)Responder
Efectivi. Grazas. @Maria zaos. Si hai que darlle unha volta a isto para que estea ben traducida. @O Breixo, se me dis por onde empezo, boto unha man. Espero instrucións.Saúdos. MAGHOI (conversa) 13 de decembro de 2023 ás 20:53 (UTC)Responder
@MAGHOI@Maria zaos
Parece que xa se van aplicando algunhas cousas, xa corrixín algúns dos erros como "Doados edicións" a ver canto tarda en volverse a actualizar. O Breixo (conversa) 16 de decembro de 2023 ás 13:08 (UTC)Responder

Fusionar Artigos: Barco e Nave editar

Boas gustaríame fusionar Barco e Nave, botádelle un ollo. Grazas O Breixo (conversa) 3 de febreiro de 2024 ás 14:05 (UTC)Responder

Fusión realizada! Grazas por preparar os artigos para facela. Chairego apc (conversa) 3 de febreiro de 2024 ás 15:16 (UTC)Responder

Dúas cousas: "Advertencia xeral" e mudanza de licenza editar

En "Wikipedia:Advertencia xeral" (edición reservada a administradores), había que mudar:

... licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 ... que liga con https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/deed.gl

por

... licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 4.0 ... que debe ligar con https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.gl   Feito! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de febreiro de 2024 ás 08:45 (UTC)Responder


Por outra banda (isto xa non é limitado a administradores):

Na interface, abaixo de todo, na penúltima liña, aparece: (a letra grosa é miña)

Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 4.0; pódense aplicar termos adicionais. Consulte os termos de uso para obter máis información.
Wikipedia® é unha marca rexistrada da Wikimedia Foundation, Inc., unha organización sen fins lucrativos.

Pois ben, en xuño do ano pasado [2] a licenza mudou da 3.0 á 4.0. Habería que facer a tradución de en:Wikipedia:Text of the Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License a Wikipedia:Texto da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0, igual que no seu día se fixo a da 3.0. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2024 ás 12:35 (UTC)Responder