Coordenadas: 51°34′N 0°02′O / 51.567, -0.033

Waltham Forest
Mapa
Situación dentro do Gran Londres
Información
Estado Reino Unido
País Inglaterra
Condado Gran Londres
Capital Walthamstow
Superficie 38,82 km2
Poboación 223.200 (est. 2008)
Densidade 5.749 h/km²
Alcalde Chris Robbins (Partido Laborista)
Web oficial de Waltham Forest

O London Borough of Waltham Forest é un distrito no nordeste de Londres, Inglaterra, e forma parte do Outer London.

Características editar

É unha mestura de urbanizacións residenciais e a quinta parte do distrito está ocupada por bosques, reservas naturais, espazos abertos, parques e campos de xogo. Localízase entre parte de Epping Forest polo leste e o río Lee polo oeste, co que forma dous corredores verdes. Waltham Forest foi un dos cinco distritos de Londres seleccionados para acoller os Xogos Olímpicos de verán de 2012.

Barrios editar

Transporte público editar

Metro editar

A Central line do metro dá servizo ao sur do distrito, discorre paralela á autoestrada A12 con estacións en Leyton e Leytonstone. A Victoria Line atravesa o centro do distrito con estacións en Walthamstow Central e Blackhorse Road. A liña do London Overground de Gospel Oak a Barking ten estacións en Walthamstow Queens Road, Blackhorse Road, Leyton Midland Road e Leytonstone High Road.

Camiños de ferro editar

A National Express East Anglia presta servizo ás estacións de St James Street, Walthamstow Central, Wood Street, Highams Park e Chingford, tendo como principal orixe e destino a estación de Liverpool Street.

Persoeiros editar

Waltham Forest foi o lugar de nacemento do polifacético William Morris, o futbolista David Beckham e o director e produtor de cine Alfred Hitchcock, estes dous últimos no barrio de Leytonstone. A banda de heavy metal Iron Maiden formouse en Leyton e os máis dos seus compoñentes naceron tamén neste distrito.

Clubs deportivos editar

Cidades irmandadas editar

O distrito de Waltham Forest está irmandado [1] con:

Tamén se teñen establecido relacións de irmandade con:

Notas editar