Antiga e Barbuda (en inglés: Antigua and Barbuda) é un país situado ó leste do mar Caribe, en América Central, e que forma parte das Antillas Menores. Antiga e Barbuda está formada principalmente polas dúas illas de Antiga, Barbuda e illas pequenas como Redonda, Great Bird, Green, Guiana, Long, Maiden e York Islands. No ano 2019, a poboación permanente do país roldaba as 97 120 persoas, cun 97% delas residindo na illa de Antiga.[1] A capital e meirande cidade e porto é Saint John's, en Antiga, sendo Codrington a vila máis grande de Barbuda. Situadas unha preto da outra, Antiga e Barbuda atópanse no medio das Illas de Sotavento, parte das Antillas Menores, aproximadamente a 17° N do ecuador.

Modelo:Xeografía políticaAntiga e Barbuda
Imaxe

HimnoFair Antigua, We Salute Thee Editar o valor em Wikidata

Lema«Each Endeavouring, All Achieving»
«Всеки се старае – всички постигаме» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 17°07′N 61°51′O / 17.12, -61.85Coordenadas: 17°07′N 61°51′O / 17.12, -61.85
CapitalSaint John's Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación101.489 (2023) Editar o valor em Wikidata (230,5 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie440,29 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Obama (402 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de novembro de 1981 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Monarch of Antigua and Barbuda (en) Traducir Editar o valor em WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataGaston Browne Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Antigua and Barbuda (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal1.560.518.519 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar Caribe-Leste Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ag Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+1268 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia999 e 911 Editar o valor em Wikidata
Código de paísAG Editar o valor em Wikidata

Sitio webab.gov.ag Editar o valor em Wikidata

A illa Antiga foi explorada por Cristovo Colón en 1493, quen a nomeou na honra da igrexa de Santa María La Antigua.[2] Antiga foi colonizada polos británicos en 1632, e a illa de Barbuda foi colonizada por primeira vez en 1678.[2] Formando parte da Colonia Federal das Illas de Sotavento dende 1871, Antiga e Barbuda uniuse á Federación das Indias Occidentais en 1958.[3] Coa ruptura da federación, converteuse nun dos Estados Asociados das Indias Occidentais en 1967.[4] Despois de coseguir o autogoberno nos seus asuntos internos, a independencia foi concedida polo Reino Unido o 1 de novembro de 1981. Antiga e Barbuda é membro da Commonwealth e Carlos III é o rei e xefe de estado do país.[5]

A economía de Antiga e Barbuda depende especialmente do turismo, que representa o 80% do PIB. Do mesmo xeito que outras nacións insulares, Antiga e Barbuda é particularmente vulnerable aos efectos do quecemento global, como o aumento do nivel do mar e o aumento da intensidade do tempo extremo como os furacáns, que teñen impactos directos na illa pola erosión costeira, a escaseza de auga e outros desafíos.[6] A partir de 2019, Antiga e Barbuda ten unha taxa de imposto sobre a renda individual do 0 %,[7] ao igual que o veciño Saint Kitts e Nevis.

Etimoloxía editar

Antigua (nome oficial do país en inglés) provén do termo castelán para "antiga" e Barbuda é tamén un termo que provén do castelán.[1] A illa de Antiga chamábase orixinalmente Wadadli polos arauacos e hoxe coñécese localmente con ese nome; os caribes posiblemente chamaron á illa de Barbuda como Wa'omoni. Cristovo Colón, mentres navegaba por alí en 1493, chamouna Santa María la Antigua, na honra dunha icona da catedral española de Sevilla. Pénsase que o termo "barbuda" de Barbuda se refire aos habitantes masculinos da illa, ou ás figueiras barbudas alí presentes.

Historia editar

Os primeiros habitantes das illas de Antiga e Barbuda cara ao 2400 a. C. foron amerindios pre-cerámicos. Máis tarde, as tribos amerindias arauacas e caribes poboaron as illas. A illa de Antiga foi chamada orixinalmente polos nativos Wadadli. Cristovo Colón desembarcou na súa segunda viaxe en 1493 e deulle á illa o nome de Antiga. Barbuda recibiu máis tarde o seu estraño nome polas "barbas" de líquenes que adornaban as súas palmeiras.

Aos primeiros colonos españois e franceses sucederon os ingleses, quen formaron unha colonia en 1667 ao transportar católicos irlandeses a Antiga. A escravitude, establecida para dirixir as plantacións de azucre en Antiga, foi abolida oficialmente en 1838 en todas as colonias británicas, pero en Antiga e Barbuda persistiu ata a chegada dos sindicatos en 1939. Vere Bird foi o fundador do Partido Laborista de Antiga (PLA), primeiro partido político creado no país, e tamén o primeiro líder sindical da nacente nación. Logo de décadas de loita, conseguiu gañar as eleccións de 1960 e converterse en Primeiro Ministro.

En 1960 promulgouse unha constitución segundo a cal Antiga e Barbuda comezaba a autogobernarse a través dun Parlamento electo democraticamente, pero o poder oculto de Inglaterra quedaba evidenciado no feito de que Londres exercía os ministerios de Relacións Exteriores e Defensa antiganos.

As illas convertéronse nun estado asociado á coroa británica en 1967, cando Vere foi reelixido, e comezou un longo período en que a familia deste político entrou e saíu do goberno. A primeira derrota electoral de Vere foi en 1971 ante George Walter, pero regresou ao poder tras volver gañar en 1976.

O país obtivo o status de membro independente da Mancomunidade de Nacións o 1º de novembro de 1981, cando Vere Bird converteuse no Primeiro Ministro por enésima vez. País finalmente soberano, unitario e democrático, Antiga e Barbuda foi admitido no CARICOM e a ONU. A pesar da oposición, que non recoñecía o carácter de loitador social de Bird e acusábao por diversos supostos episodios de corrupción, o dirixente conseguiu manterse no poder ata ser reelixido en 1984.

Un ano antes, Antiga e Barbuda adoptou unha alianza con Estados Unidos, mediante a cal permítelle usar o seu territorio con fins militares a cambio do pago dun canon anual de arrendamento. Durante a invasión da illa de Granada de 1983, tropas antiganas acompañaron ás estadounidenses.

Na actualidade, o primeiro ministro é Gaston Browne.

Aínda que as fermosas praias do país convertérono nun dos máis prósperos da rexión, a súa industria azucreira (que debese ser a primordial) foi intermitente durante toda a súa historia, e nos últimos tempos acusouse a Antiga e Barbuda de ser un dos maiores paraísos mundiais para narcotraficantes e branqueadores de diñeiro.

Política editar

Antiga e Barbuda forma parte da Commonwealth de Nacións, polo que a xefa do estado é o rei Carlos III, que está representado nas illas por un Gobernador Xeral.

O poder executivo está nas mans do primeiro ministro, que é tamén o xefe de goberno. O primeiro ministro é normalmente o líder do partido vencedor das eleccións para a Cámara de Representantes (17 membros elixidos), celebradas cada cinco anos. A outra cámara do parlamento, o Senado, ten 17 membros que son nomeados polo gobernador xeral. O seu actual primeiro ministro é Gaston Browne (dende o 13 de xuño de 2014).

Organización político-administrativa editar

A illa de Antiga divídese en seis parishes ou parroquias:-

 
Parroquias Antiga

Tanto a illa de Barbuda como a illa deshabitada de Redonda gozan cada unha de status de dependencia.

Xeografía editar

 
Mapa de Antiga e Barbuda

O país consta de varias illas, da cal Antiga ten unha extensión de 280 km², é a maior e máis poboada; Barbuda que posúe 160,5 km², ao norte de Antiga e Redonda ao suroeste do país con 1,5 km². As illas teñen un clima tropical cálido, con suaves temperaturas constantes durante o ano. Tanto Antiga como Barbuda pertencen ao grupo das Illas de Sotavento.

As illas son na súa maioría de terras baixas, co punto máis alto no monte Obama, a 470 metros, situado en Antiga. A principal vila do pequeno país é a capital Saint John's en Antiga; a maior localidade de Barbuda é Codrington.

Antiga é calcaria e arenosa, con fermosas praias que atraen ao turismo internacional. Barbuda, chamada Dulcina polos antigos conquistadores españois, áchase situada a 40 km ao norte da anterior. Constitúe nunha gran reserva de caza habitada por cervos, xabarís e gran variedade de aves como pombas e patos. A illa Redonda é rochosa e deshabitada pero ten xacementos de fosfato.

Os ríos son moi escasos en Antiga e directamente non existen en Barbuda e Redonda.

O clima é tropical, con escasa amplitude térmica. Entre os meses de febreiro e maio é fresco e seco. A illa Redonda, anexada na década de 1860 cando se descubriu fosfato, ficou deshabitada despois de 1930.

Economía editar

Artigo principal: Economía de Antiga e Barbuda.
 
As praias de Antiga e Barbuda son un excelente reclamo turístico para o país.

A economía depende maiormente do turismo. É importante tamén a produción agrícola de cana de azucre, algodón e froitas; así como o refinado de petróleo e manufacturas téxtiles, de ebanistería e de produción de ron. Produce algo de cervexa, roupa, cemento, artesanías locais e mobiliario.

Entre os seus produtos agropecuarios, ademais dos nomeados, cóntanse as papaias, goiabas, laranxas, ananases, limóns e cenorias. O seu gando consiste en bóvidos e lanares.

A moeda oficial é o dólar caribe leste, cunha paridade de 2,69:1 co dólar EUA (2005). O produto bruto interno era de 11.000 dólares per cápita en 2003 e a taxa de inflación anual é moi baixa (0,4% en 2000). O país ten unha débeda externa de 231 millóns de dólares (2002) e unha moderada taxa de desemprego do 11% (2001).

Antiga e Barbuda exporta derivados do petróleo, maquinaria, equipos de transporte e alimentos á Organización de Estados do Caribe Oriental (16%), Barbados (15%), Güiana (4%), Trinidad e Tobago (2%) e os Estados Unidos (0,3%) (2000).

Importa principalmente dos Estados Unidos (27%), Reino Unido (16%), Canadá (4%), a OECO (3%) e outros países (50%) produtos agrícolas e derivados do petróleo.

Demografía editar

Grupos étnicos editar

 
Poboación de Antiga e Barbuda (1961–2010). Número de habitantes en milleiros.

Antiga ten unha poboación de 96 286 habitantes, formado na súa maioría por persoas de ascendencia africana occidental, británica e madeirense. A distribución étnica componse dun 91% de negros, un 4,4% de raza mixta, un 1,7% de brancos e un 2,9% doutros grupos étnicos (principalmente do sur de Asia). A maioría dos brancos son de orixe británica. Os árabes cristiáns levantinos, e un pequeno número de asiáticos orientais e xudeus sefardís constitúen o resto da poboación.

Unha porcentaxe cada vez maior da poboación vive no estranxeiro, sobre todo no Reino Unido (antiganos británicos), nos Estados Unidos e o Canadá. Unha minoría de residentes en Antiga son inmigrantes doutros países, especialmente de Dominica, Güiana e Xamaica, e, cada vez máis, de República Dominicana, San Vicente e as Granadinas e Nixeria. Estímase que uns 4.500 cidadáns estadounidenses tamén viven en Antiga e Barbuda, o que converte o seu número nunha das poboacións estadounidenses máis grandes do Caribe Oriental de fala inglesa.[8]

Linguas editar

O inglés é a lingua oficial. O acento de Barbuda é lixeiramente diferente do de Antiga. Nos anos anteriores á independencia de Antiga e Barbuda, o inglés estándar era moi falado por diante do crioulo de Antiga. Xeralmente, as clases altas e medias evitan o crioulo. O sistema educativo desaconsella o uso do crioulo e a instrución faise en inglés estándar (británico).

Moitas das palabras usadas no crioulo derivan do inglés británico e de linguasafricanas. Isto pódese ver facilmente en frases como: "Ent it?" que quere dicir “non é?”. Os proverbios comúns das illas a miúdo pódense rastrexar ata África.

O castelán é falado por uns 10 000 habitantes.[9]

Relixión editar

 
Catedral de St. John's.

A maioría (77%)[1] dos antiganos son cristiáns, sendo os anglicanos (17,6%) a denominación individual máis grande. Outras denominacións cristiás presentes son a Igrexa adventista do sétimo día (12,4%), o pentecostalismo (12,2%), a Igrexa Moravia (8,3%), a Igrexa católica (8,2%), a Igrexa metodista (5,6%), a Igrexa da Santidade Wesleyana (4,5%), Igrexa de Deus (4,1%), os baptistas (3,6%),[1] os mormóns (<1,0%), así como as Testemuñas de Xehová.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "The World Factbook – Central America:: Antigua and Barbuda". cia.gov. Central Intelligence Agency. 21 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Crocker, John. "Barbuda Eyes Statehood and Tourists". The Washington Post. 28 de xaneiro de 1968. p. E11.
  3. Fleck, Bryan. "Discover Unspoiled: Barbuda". Everybody's Brooklyn. 31 de outubro de 2004. p. 60.
  4. Sheridan, Richard B. (1974). Sugar and Slavery: An Economic History of the British West Indies, 1623–1775. Canoe Press. p. 185. ISBN 978-976-8125-13-2. 
  5. "Antigua and Barbuda – Countries – Office of the Historian". history.state.gov. 
  6. "World Bank Climate Change Knowledge Portal:Antique and Barbuda". climateknowledgeportal.worldbank.org (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  7. "Individual Income Tax Rates Table - KPMG Global". KPMG (en inglés). 2020-11-11. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-06. 
  8. "Background Note: Antigua and Barbuda". state.gov. Consultado o 23 de agosto de 2007. 
  9. Farquhar, Bernadette, "The Spanish Language in Antigua and Barbuda: Implications for Language Planning and Language Research" Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dyde, Brian, A History of Antigua: The Unsuspected Isle, Londres: Macmillan Caribbean, 2000.
  • McDaniel, Lorna (1999). "Antigua and Barbuda". Garland Encyclopedia of World Music. Volume 2. Routledge. pp. 798–800. ISBN 0-8153-1865-0. 
  • Nicholson, Desmond V., Antigua, Barbuda, and Redonda: A Historical Sketch, St. Johns, Antigua: Antigua and Barbuda Museum, 1991.

Ligazóns externas editar