Outer London é o nome para o grupo de distritos londinienses que conforman o anel arredor do centro de Londres. Eran áreas que non formaban parte do Condado de Londres ata que se incluíron como parte do Gran Londres en 1965. A única excepción era North Woolwich, que si estaba incluída no Condado de Londres ata que foi anexionada como parte do distrito de Newham en 1965.

London Government Act de 1963 editar

Outer London - Constitución Orixinal
 
Outer London segundo a ONS
 

Os distritos do Outer London quedaron definidos pola London Government Act de 1963.[1]

Definición da ONS (estatísticas) editar

A Office for National Statistics e o Censo definen o Outer London de xeito diferente, excluíndo Haringey e Newham (que se inclúen como parte do centro de Londres), e incluíndo Greenwich.[2]

Notas editar

  1. Office of Public Sector Information - London Government Act 1963 (c.33) (as amended)
  2. "Outer London through time: Administrative History (post 1974)". A vision of Britain through time. Great Britain Historical GIS. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2012. Consultado o 2009-11-20.