Tuto Vázquez

actor español

Xosé Manuel Vázquez Martínez, nado en Ribeira o 21 de marzo de 1947 e finado o 29 de abril de 2010,[1] foi un actor galego coñecido como Tuto Vázquez.

Infotaula de personaTuto Vázquez
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1947 Editar o valor em Wikidata
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 2010 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0904839 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Maxisterio e Filosofía e posuía o título de Declamación polo Conservatorio Profesional da Coruña e o de Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona.

Tiña grande experiencia como actor teatral e de dobraxe, e na última década participara en varias series de televisión galegas, así como nalgunhas películas con pequenas intervencións e multitude de curtametraxes. Tamén traballou en publicidade, participando en varios spots, e na radio, nun total de 8 temporadas do espazo Preescolar na casa.

Interveu en montaxes teatrais coas compañías Tespis, O facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Produccións do Noroeste, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego e Producións Librescena.

O seu último traballo televisivo foi na serie Padre Casares, onde tivo que ser substituído no personaxe de Don Crisanto por Gonzalo Rei Chao a principios de 2008 debido ao cancro que padecía e do que faleceu en abril de 2010.

Filmografía editar

Televisión editar

Teatro editar

(lista parcial)

  • Historias del zoo
  • En alta mar
  • Escena para 4 personajes
  • Don Juan
  • Sonata de espectros
  • Os vellos non deben de namorarse
  • A noite vai coma un río
  • A voda de Sganarello
  • O canto to cisne
  • Galileo Galilei
  • As tres irmás
  • Espectros
  • As alegres casadas
  • O barbeiro de Sevilla
  • Cyrano de Bergerac
  • Escuadra hacia la muerte
  • El amor de los cuatro coroneles
  • Sin querer
  • Farsa y justicia del corregidor
  • Puntila e o seu criado Matti
  • O Señor Bonome e os incendiarios
  • Macbeth
  • A longa viaxe do Capitán Zelta
  • Chejov, Chejov
  • ¡Ei Freihmulle!

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor actor secundario Padre Casares Nomeado

Notas editar

  1. "Fallece el gallego Tuto Vázquez", artigo en Faro de Vigo, 30 de abril de 2010 (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar