Premios Mestre Mateo

premios do audiovisual galego
Véxase tamén: Mestre Mateu.

Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA),[1] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.

Premios Mestre Mateo
Tipogrupo de premios e evento periódico
Data de fundación2002
Nomeado en referencia aMestre Mateu
PaísGalicia
Na rede
https://premiosmestremateo.gal/
IMDB: ev0003686 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
16ª edición dos Premios Mestre Mateo.
Palacio da Ópera da Coruña.

Os primeiros Premios Mestre Mateo celebráronse no 2002 nunha cerimonia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Premios contan 25 categorías.

O trofeo está inspirado na imaxe do Santo dos Croques, popularmente identificado co mestre Mateu.[2]

Historia editar

Antes de que se constituíse a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) era a responsable de organizar os premios anuais do audiovisual galego, baixo o nome de Premios AGAPI. As cerimonias dos premios celebráronse entre os anos 1996 e 2001. En 2002 os premios recibiron o nome do cineasta Chano Piñeiro, e foron organizados conxuntamente por AGAPI e pola nova asociación de produtoras que se acabara de constituír, a AEGA.

No 2002 adoptaron a súa denominación actual, polo que se fixeron dúas cerimonias do mesmo ano.

Cerimonias editar

A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Mestre Mateo.

Cerimonia Data Mellor filme Presentador(es) Lugar
Premios Chano Piñeiro 2002 7 de abril de 2002 O bosque animado Javier Veiga Pazo da Ópera da Coruña
1ª edición dos Premios Mestre Mateo 7 de xuño de 2003 Os luns ó sol Javier Veiga Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela
2ª edición dos Premios Mestre Mateo 26 de xuño de 2004 Trece badaladas
O lapis do carpinteiro
Javier Veiga Pazo de Congresos de Santiago de Compostela
3ª edición dos Premios Mestre Mateo 20 de marzo de 2005 O ano da carracha Moncho Borrajo Teatro Sala de Concertos de Caixanova, en Vigo
4ª edición dos Premios Mestre Mateo 19 de marzo de 2006 León e Olvido Luis Piedrahita Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña
5ª edición dos Premios Mestre Mateo 9 de maio de 2007 Un franco, 14 pesetas Manuel Manquiña e Antonio Durán "Morris" Teatro Colón da Coruña
6ª edición dos Premios Mestre Mateo 15 de abril de 2008 O neno de barro Manuel Manquiña e Antonio Durán "Morris" Teatro Jofre de Ferrol
7ª edición dos Premios Mestre Mateo 30 de abril de 2009 Os mortos van á présa Sergio Zearreta Pazo da Cultura de Pontevedra
8ª edición dos Premios Mestre Mateo 17 de abril de 2010 Cela 211 Xosé Antonio Touriñán Pazo da Cultura de Narón
9ª edición dos Premios Mestre Mateo 28 de abril de 2011 18 comidas Belén Regueira e Xosé Antonio Touriñán Auditorio Municipal de Ourense
10ª edición dos Premios Mestre Mateo 28 de abril de 2012 Doentes María Castro Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña
11ª edición dos Premios Mestre Mateo 6 de abril de 2013 O Apóstolo Cristina Castaño Palacio da Ópera da Coruña
12ª edición dos Premios Mestre Mateo 12 de abril de 2014 Somos xente honrada Roberto Vilar Palexco da Coruña
13ª edición dos Premios Mestre Mateo 11 de abril de 2015 Os fenómenos Roberto Vilar Palexco da Coruña
14ª edición dos Premios Mestre Mateo 23 de abril de 2016 O descoñecido Marga Pazos e Xosé Antonio Touriñán Palacio da Ópera da Coruña
15ª edición dos Premios Mestre Mateo 4 de marzo de 2017 María (e os demais) Iolanda Muíños Palexco da Coruña
16ª edición dos Premios Mestre Mateo 3 de marzo de 2018 Dhogs Iolanda Muíños Palacio da Ópera da Coruña
17ª edición dos Premios Mestre Mateo 2 de marzo de 2019 A sombra da lei Camila Bossa, David Amor, Xúlio Abonjo, Fernando Epelde e Carolina Iglesias Palacio da Ópera da Coruña
18ª edición dos Premios Mestre Mateo 7 de marzo de 2020 O que arde Patricia Vázquez Palacio da Ópera da Coruña
19ª edición dos Premios Mestre Mateo 10 de abril de 2021 Ons Lucía Veiga Teatro Colón da Coruña
20ª edición dos Premios Mestre Mateo 19 de marzo de 2022 Tres Antonio Durán "Morris", Iolanda Muíños, Javier Veiga, Mela Casal, Monti Castiñeiras e Isabel Blanco Recinto Feiral Expocoruña
21ª edición dos Premios Mestre Mateo 11 de marzo de 2023 O corpo aberto[3] Lucía Veiga, Javier Veiga e Iolanda Muíños Auditorio Municipal de Ourense
22ª edición dos Premios Mestre Mateo 23 de marzo de 2023 O corno[4] Lidia Veiga e Miguel Canalejo Coliseum da Coruña

Categorías editar

Categorías de produción:
  • Premio Mestre Mateo ó mellor filme
  • Mellor longametraxe de animación
  • Mellor documental
  • Mellor serie de televisión
  • Mellor serie web
  • Mellor programa de televisión
  • Mellor película de televisión
  • Mellor curtametraxe de imaxe real
  • Mellor curtametraxe de animación
  • Mellor anuncio publicitario
  • Mellor videoclip

Categorías profesionais:

  • Mellor interpretación feminina protagonista
  • Mellor interpretación masculina protagonista
  • Mellor interpretación feminina secundaria
  • Mellor interpretación masculina secundaria
  • Mellor comunicador/a de televisión
  • Mellor dirección
  • Mellor guión
  • Mellor dirección de fotografía
  • Mellor dirección de arte
  • Mellor montaxe
  • Mellor realización
  • Mellor música orixinal
  • Mellor son
  • Mellor vestiario
  • Mellor maquillaxe e peiteado
  • Mellor dirección de produción

Récords editar

Notas editar

  1. "Academia Galega do Audiovisual: Premios Mestre Mateo". Academia Galega do Audiovisual. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  2. El camino de Santiago (ed.). "El Maestro Mateo o el Santo dos Croques". Centro virtual Cervantes. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2000. Consultado o 17 de outubro de 2010. 
  3. "Palmarés-XXI-PMM.pdf". Google Docs. Consultado o 2024-03-24. 
  4. Pontevedra, Diario de (2024-03-24). "'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete galardóns". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-03-24. 
  5. Academia Galega do Audiovisual (ed.). "A longametraxe Dhogs arrasa nos XVI Premios Mestre Mateo". Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  6. Dopico, Montse (24 de abril de 2016). "O audiovisual galego reclama a igualdade de xénero nuns Mestre Mateo nos que 'O Descoñecido' leva 12 premios". Praza.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 25 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar