Servicio de urxencias

Servicio de urxencias é unha serie realizada pola Televisión de Galicia, tratábase da primeira serie de ficción de produción propia[1].

Servicio de urxencias
FormatoComedia de situación
Dirixido porXaime Fandiño
IntérpretesLuma Gómez
Fely Manzano
Manuel Pombal
Marisa Soto
Antonio Durán "Morris"
País de orixeGalicia
Lingua(s)Galego
Produción
Duración13 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeTelevisión de Galicia
Primeiro episodio6 de outubro de 1989
Derradeiro episodio-
editar datos en Wikidata ]

Desenvolvemento editar

A serie era unha minicomedia de situación, de apenas trece minutos, que se emitiu por primeira vez no programa de humor Velaí..., e que se emitiu de novo de xeito independente en 1991. Ambientada no servizo de urxencias dun hospital, parodiábase nun ton de humor negro as relacións entre os médicos e cos doentes con guión de Suso de Toro, algúns publicados en libro cun título homónimo en 2002.

Notas editar