Avenida de América

Avenida de América foi unha serie de televisión emitida na TVG en 2002, sendo a primeira producida integramente por esta canle. Contou con dúas temporadas de 40 episodios cada unha (80 episodios en total).

Avenida de América
Formatodrama
Dirixido porGonzalo Pintos
IntérpretesAlfonso Agra (don Mario Viveiro), Rosa Álvarez (Asun), Isabel Blanco (Antonia), Evaristo Calvo (Ramón), María Castro Jato (Sara), Merce Castro (Marga), John Eastham (Robert), Fernando Epelde (Mario Viveiro), Juanillo Esteban (León), Xavier Estévez (Bermúdez), Manu Fernández (Daniel), Julia Gómez (Uxía Buciños), Marta Lema (Leticia), Denis López (Ulises), Aitana Míguez (Suzi Toubes), Rebeca Montero (Suzanne), Fernando Moreira (Luis Pintado), Marta Pazos (Belén), Miguel Pernas (Roberto Pintado), Silvia Saavedra (Amparo), Mara Sánchez (Marta Salgado), Vicente de Souza (Simón Toubes), Manuel Suárez (Pechas), Gonzalo Uriarte (Pedro Buciños), Carolina Vázquez (Merche), Tuto Vázquez (alcalde), Estíbaliz Veiga (Bibiana),
Tema de aperturaAvalón
País de orixeGaliza
Episodios80
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Primeira emisión25 de xullo de 2002
editar datos en Wikidata ]

Está gravada nas instalacións da Facultade de Xornalismo de Santiago, onde foron montados os decorados da escola de hostalería.

Sinopse editar

Fala da vida dun grupo de mozos e mozas que estudan na escola de Hostalería e as súas relacións con pais e profesores.

Neste marco a ficción amosa os soños, amizades e amores, cobizas e fracasos, así como outra serie de sentimentos que envolven a vida deste grupo de estudantes.

Colaboracións especiais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar