A Tampere Cup é un torneo de hóckey sobre xeo que se disputa cada ano na cidade de Tampere, Finlandia.

Tampere Cup
Partido entre Ilves e Blues durante a Tampere Cup de 2007.
Fundación1989
RexiónFinlandia
Número de equipos4-8
Actual campiónsFinlandia Tappara (6º título)
Club máis exitosoFinlandia Tappara (6 títulos)

Historia editar

 
Andrei Mezin defendendo a portería do Metallurg Magnitogorsk na edición de 2008, na que o equipo ruso proclamouse campión.

Celebrouse por primeira vez en 1989, cando o Sokol Kíiv soviético derrotou na final a un dos equipos organizadores, o Tappara, por 8-2.[1] En 2008 celebrou a súa vixésima edición consecutiva cun nivel moi alto ao contar con catro equipos na SM-liiga finlandesa (Ilves e Tappara como anfitrións, e Blues e HPK) e dous da recentemente creada Kontinental Hockey League euroasiática (Dinamo Riga e Metallurg Magnitogorsk) Nestes primeiros 20 anos sempre no mesmo escenario, o xeo de Hakametsä, mais tan só en dúas ocasións o trofeo foi entregado a un dos equipos anfitrións, foi en 1996 e 1999, e ambas veces foi o Tappara quen o ergueu. Con todo, a presión das grandes ligas internacionais acabou por eliminalo do calendario.[2][3] Inicialmente eran oito os equipos participantes, aínda que en 2001 o número reduciuse a seis. Ata 2008 participaran no torneo un total de 47 equipos diferentes de 13 países.[4] Nesta primeira etapa do torneo o campionato quedou en Finlandia un total de sete veces. Os equipos organizadores, Ilves e Tappara, participaron en todas as edicións, mentres que o resto foron cambiando. Logo dos equipos de Tampere o seguinte equipo que máis veces participou foi o Luleå, cun total de 11 edicións. En 2009 deixouse de organizar.

Tampere Cup volveuse organizar en agosto de 2015 baixo o nome de Decens Tampere Cup por motivos de patrocinio. Amais de Ilves e Tappara participaron no torneo Helsingin IFK e Turun Palloseura. O torneo disputouse en dous días e o HIFK de Helsinqui proclamouse campión.[5] Na primeira edición da nova etapa do torneo HIFK, que xa derrotara nas semifinais a TPS,[6] impúxose na final a Ilves 2-6.[7]

O torneo tamén se celebrou en agosto de 2016. Ese aano Tappara celebrou a vitoria final fronte a Turun Palloseura con gol de Jere Karjalainen.[8] No partido polo bronce Ilves derrotou a HIFK (2-1) no tempo suplementario logo de ter finalizado o partido con empate 1-1.[9]

En agosto de 2017 a Tampere Cup contou, ademais de con Ilves e Tappara, con HIFK e Pelicans.[10]

En 2018 o torneo contou cos mesmos participantes que o ano anterior. Tappara proclamouse campión por terceira vez consecutiva logo de derrotar na final a HIFK 4-0.

 
Partido polo bronce entre Ilves e HPK durante a edición de 2021 disputada no Tesoman jäähalli.

En 2021 a Tampere Cup amais de Tappara e Ilves, participaron KooKoo e HPK. A sede do torneo foi excepcionalmente o Tesoman jäähalli.[11] Ese ano KooKoo conseguiu a súa primeira Tampere Cup.

En 2022 o torneo, denominado por motivos de patrocinio “Aamulehti Tampere Cup”, disputouse por primeira vez no Nokia Arena coa participación de HPK e JYP amais dos equipos organizadores.[12] Ese ano, o campión finlandés, Tappara, alzou a copa logo de derrotar a HPK 3-2,[13] mentres que o outro equipo da cidade, Ilves, fíxose co bronce logo de remontar tres goles fronte ao equipo de Jyväskylä. [14]

Medallistas editar

Ano Campión Prata Bronce
1989   Sokol Kíiv   Tappara   Ilves
1990   Djurgården   Luleå   Krylja Sovetov
1991   Dynamo Moscova   Team USA   Team Canada
1992   Dynamo Moscova   Luleå   Frölunda
1993   Team USA   Luleå   Ilves
1994   HIFK   Tappara   Frölunda
1995   Luleå   Team USA   CSKA Moscova
1996   Tappara   Köln   Petra Vsetín
1997   TPS   Köln   Tappara
1998   HV71   Davos   Jokerit
1999   Tappara   Ilves   HIFK
2000   Djurgården   Košice   Kloten
2001   Blues   Košice   Tappara
2002   Neftekhimik Nizhnekamsk   Tappara   HV71
2003   Kärpät   Ilves   HV71
2004   Lions   Kärpät   Linköping
2005   Metallurg Magnitogorsk   Blues   Lions
2006   Metallurg Magnitogorsk   Tappara   Brynäs
2007   Blues   Metallurg Magnitogorsk   Tappara
2008   Metallurg Magnitogorsk   Ilves   Blues
2009-14
Non se disputou
2015   HIFK   Ilves   Tappara
2016   Tappara   TPS   Ilves
2017   Tappara   HIFK   Ilves
2018   Tappara   HIFK   Ilves
2019   Ilves   HIFK   Tappara
2020   Lukko   Tappara   Ilves
2021   KooKoo   Tappara   HPK
2022   Tappara   HPK   Ilves
2023   Timrå IK   Ilves   Tappara

Casificación de equipos editar

Equipo   Campión   Prata   Bronce Medallas totais
  Tappara 6 6 5 17
  Metallurg Magnitogorsk 3 1 0 4
  HIFK 2 3 1 6
  Blues 2 1 1 4
  Dynamo Moscova 2 1 1 4
  Djurgården 2 0 0 2
  Ilves 1 4 7 12
  Luleå 1 3 0 4
  Team USA 1 2 0 3
  Kärpät 1 1 0 2
  TPS 1 1 0 2
  HV71 1 0 2 3
  Lions 1 0 1 2
  Sokol Kíiv 1 0 0 1
  KooKoo 1 0 0 1
  Lukko 1 0 0 1
  Neftekhimik Nizhnekamsk 1 0 0 1
  Timrå IK 1 0 0 1
  Košice 0 2 0 2
  Köln 0 2 0 2
  HPK 0 1 1 2
  Davos 0 1 0 1
  Frölunda 0 0 2 2
  Brynäs 0 0 1 1
  Team Canada 0 0 1 1
  CSKA Moscova 0 0 1 1
  Jokerit 0 0 1 1
  Kloten 0 0 1 1
  Krilia Sovetov 0 0 1 1
  Linköping 0 0 1 1
  Petra Vsetín 0 0 1 1

Notas editar

  1. "TAMPERE CUP" (en finés). Tappara.fi. Consultado o 27 de marzo de 2024. 
  2. "TAMPERE CUP" (en finés). Tappara.fi. Consultado o 27 de marzo de 2024. 
  3. Sala, Ville (12 de agosto de 2008). "Tampere-cup viettää juhlavuottaan". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 27 de marzo de 2024. 
  4. "Historia" (en finés). TampereCup.fi. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de marzo de 2024. 
  5. "Decens on Tampere Cupin pääyhteistyökumppani" (en finés). Decens.fi. 27 de xullo de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  6. Sirkkiä-Jarva, Sari (14 de agosto de 2015). "Tampere-cup palasi harjoituskalenteriin – IFK luisteli voiton Tepsistä". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  7. "HIFK tyly vieras Decens Tampere cupin finaalissa" (en finés). Ilves Hockey. 15 de agosto de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  8. "Tappara voitti Tampere Cupin TPS:n nenän edestä" (en finés). Jatkoaika.com - Kaikki jääkiekosta. 13 de agosto de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2021. 
  9. "Ilves voitti Tampere Cupin pronssiottelun − tulokasmaalivahti Lehtonen mies paikallaan" (en finés). Jatkoaika.com - Kaikki jääkiekosta. 13 de agosto de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2021. 
  10. "Decens Tampere Cup avaa uuden kiekkokauden" (en finés). Tappara.fi. Consultado o 14 de agosto de 2021. 
  11. "Tampere Cup 2021: Päivittyvä otteluseuranta − Tappara voitti huipputasaisen paikallistaiston kirittyään Ilves-johdon kiinni" (en finés). Jatkoaika.com - Kaikki jääkiekosta. 13 de agosto de 2021. Consultado o 14 de agosto de 2021. 
  12. "Aamulehti Tampere Cup pelataan ensimmäistä kertaa historiassa Nokia Arenalla 12.–13.8.2022." (en finés). Nokia Arena. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  13. Heimo, Jussi (13 de agosto de 2022). "Tappara näytti tasonsa Tampere Cupissa: ”Tuota Tampere Cupin pokaalia emme vie saunaan”". Aamulehti (en finés). Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  14. Heimo, Jussi (13 de agosto de 2022). "Jouko Myrrä suitsutti pitkältä tauolta palannutta puolustajaa: ”Liikkui jäällä kuin mitään ei olisi tapahtunut”". Aamulehti (en finés). Consultado o 13 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar