Jyväskylä é unha cidade finlandesa, é a capital e a cidade máis poboada da rexión de Finlandia Central. A cidade é coñecida como a "Atenas de Finlandia" polos numerosos centros educativos que ten. A cidade tamén é famosa polos edificios deseñados por Alvar Aalto, e por ser a sede do Rally de Finlandia e do Festival de Jyväskylä.

Modelo:Xeografía políticaJyväskylä
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 62°14′25″N 25°44′40″L / 62.2403, 25.7444Coordenadas: 62°14′25″N 25°44′40″L / 62.2403, 25.7444
EstadoFinlandia
Axencia RexionalWestern and Central Finland Regional State Administrative Agency (en) Traducir
RexiónFinlandia Central Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación147.856 (2024) Editar o valor em Wikidata (126,26 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Jyväskylä Editar o valor em Wikidata
Superficie1.171,03 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porPäijänne (pt) Traducir e Jyväsjärvi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude90 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1837 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoTimo Koivisto (pt) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoJyväskylä City Council (en) Traducir , (Escano: 67) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal40014 - 40740 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Minturno (pt) Traducir
concello de Eskilstuna (1947–)
Stavanger (1947–)
Esbjerg (pt) Traducir (1947–)
Enköping (municipio) (1947–)
Fjarðabyggð (pt) Traducir (1958–)
Iaroslavl (pt) Traducir (1966–)
Debrecen (1970–)
Poznan (1974–)
Potsdam (1985–)
Mudanjiang (pt) Traducir (1988–)
Tartu (pt) Traducir (1991–)
Niiza (1997–)
Banská Bystrica (2006–)
Kunming (2008–)
Jining (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webjyvaskyla.fi Editar o valor em Wikidata

Demografía editar

Poboación editar

Jyväskylä foi a cidade finlandesa que maior crecemento experimentou no século XX. A poboación continuou a medrar no século XXI.[1][2][3]

Ano 1838 1850 1860 1900 1939 1952 1960 1970 1990 1997 2010 2012
Poboación de Jyväskylä 189   sobre 500   sobre 1.000   3.000   10.091   31.504   42.768   59.954   66.431   75.353   130.816   131.997

Linguas editar

A lingua predominante entre os habitantes de Jyväskylä e o finés, falado polo 96,7% da poboación como lingua materna en 2010. A porcentaxe de falantes de sueco é dun 0,2%, mentres que os falantes doutras linguas son un 3% da poboación.

Inmigración editar

A finais do ano 2010 a cidade tiña arredor de 3.100 estranxeiros. A meirande parte dos inmigrantes da cidade proceden de Afganistán, Rusia, Estonia e Irán.[4]

Historia editar

Jyväskylä foi fundada o 22 de marzo de 1837 polo tsar Nicolao I de Rusia e construída do nada. A vila orixinal estaba situada entre o lago Jyväsjärvi (que está conectado ao lago Päijänne) e Harju, o monte de Jyväskylä, e consistía na meirande parte do centro urbano actual. A principios do século XX a cidade experimentou un notable crecemento. A meirande ampliación tivo lugar logo da Guerra de Continuación (segunda guerra mundial), cando acolleu aos refuxiados de Carelia e doutros puntos do país. Hoxe en día Jyväskylä ten un crecemento duns 1.000 habitantes por ano.

Xeografía editar

Jyväskylä está situada na Järvi-Suomi (Finlandia Lacustre), habendo ata 328 lagos na cidade. Os lagos e ríos constitúen un 20,1% (295 km2) da superficie total da cidade. Os lagos máis grandes son o Päijänne, o Leppävesi, o Tuomiojärvi, o Palokkajärvi, o Luonetjärvi e o Alvajärvi-Korttajärvi. O centro da cidade está situado á beira do pequeno Jyväsjärvi.[5]

A paisaxe de Jyväskylä é montañosa, boscosa e chea de auga. O arquitecto Alvar Aalto comparou a paisaxe montañosa de Jyväskylä coa Toscana italiana: "A pendente de Jyväskylä é case coma as montañas de viñedos de Fiesole".[6]

Clima editar

A latitude é o factor que máis condiciona o clima de Jyväskylä. Debido á súa situación setentrional, o inverto é longo, con neve, frío e escuro. Durante os meses centrais do inverno a cidade ten unicamente cinco horas de luz. Os veráns son suaves e cunha temperatura diaria media máxima de 22 °C en xullo. Durante o verán Jyväskylä experimenta longos días e noites luminosas coma o sol da media noite.

  Jyväskylä
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media máxima (°C) -5,1 -4,7 0,4 7 14,8 19 21,8 19 13 6,4 0,3 -3,3
7,4
Temperatura media mínima (°C) -12 -12,7 -8,3 -2,7 2,7 7,9 10,9 9,2 4,7 0,8 -4,5 -9,5
-1,1
Precipitacións (mm) 45 32 36 35 44 67 84 78 55 66 54 47
643
Fonte: Climatological statistics for the normal period 1981–2010[7]

Deportes editar

O principal deporte da cidade é o hóckey sobre xeo, o seu principal equipo, o JYP, compite na máxima categoría deste deporte no país, a SM-liiga, competición que gañou en 2009 e 2012. O seu equipo de fútbol xoga na terceira división.

A cidade tamén é coñecida por ser a sede do Rally de Finlandia, que xeralmente se disputa na rexión a primeira fin de semana de agosto, atraendo a gran cantidade de público.

Jyväskylä é un dos catro principais centros do salto de ski do país, sendo a cidade natal do gran campión finlandés desta modalidade, Matti Nykänen.

Notas editar

  1. "A short history of Jyväskylä". A short history of Jyväskylä. City of Jyväskylä. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. 
  2. "Jyväskylän kaupungin elinkeinoelämän vaikuttavuus 1990-luvulla" (PDF). Jyväskylän kaupungin elinkeinoelämän vaikuttavuus 1990-luvulla. University of Jyväskylä. 
  3. "Mouvement de la Population de Finlande en 1939" (PDF). Official Finnish population statistics 1939. Finnish Government. 
  4. "City of Jyväskylä: For immigrants". City of Jyväskylä. 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2012. 
  5. "Jyväskylä". Järviwiki. Finland's Environmental Administration. 2012. 
  6. Nature and space: Aalto and Le Corbusier, en Routledge (2003)
  7. Finnish Meteorological Institute (2011). "Tilastoja Suomen ilmastosta - Climatological Statistics of Finland". Finnish Meteorological Institute. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar