O Frölunda HC, tamén coñecido como Frölunda Indians (anteriormente Västra Frölunda HC), é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Gotemburgo, Västergötland (Suecia). Foi fundado o 3 de febreiro de 1938. Actualmente compite SHL, a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, competición que gañou en tres ocasións (2 dende que a competición adoptou a denominación actual). Xoga os seus partidos como local no Scandinavium, un pavillón con capacidade para 12.044 espectadores.

Frölunda HC
Fundación3 de febreiro de 1938
Cidade Gotemburgo,
Västergötland
Suecia
EstadioScandinavium (12 044 persoas)
Frölundaborgs isstadion (6 044 persoas)
LigaSHL
Campionatos2
Adestrador Roger Rönnberg
CoresVermello e verde
           
Na rede
http://www.frolundaindians.com/
Facebook: frolundahc Twitter: frolunda_hc Editar o valor em Wikidata

O 28 de decembro de 2009, o club bateu o récord de asistencia a un partido europeo de clubs de hóckey sobre xeo con 30.144 espectadores.[1]

Historia editar

Na tempada 1943-44, o club fundado en 1932 Västra Frölunda IF introduciu a práctica do hóckey sobre xeo, aínda que os xogadores tiveron que agardar ata 1946 para poder xogar o primeiro partido oficial do club a causa dos invernos temperáns que se produciron na cidade de Gotemburgo. Os primeiros xogadores do equipo eran xogadores de bandy que comezaron a xogar ao hóckey sobre xeo.[2] Na tempada 1945-46 o equipo perdeu o campionato distrital fronte o Göteborgs SK por 7-3. O Frölunda acabou precisamente na segunda posición por detrás do mesmo equipo ano despois na Liga de Gotemburgo.[3]

Personalidades editar

Xogadores editar

Números retirados editar

Ao longo da súa historia, o Frölunda retirou os seguintes números:[4]

Números retirados do Frölunda HC
Xogador Posición
13 Lars-Eric Lundvall F
14 Ronald « Sura Pelle » Pettersson F
14 Patrik Carnbäck F
19 Jörgen Pettersson F
23 Ronnie Sundin D
24 Niklas Andersson F
29 Stefan Larsson D

Palmarés editar

Notas editar

  1. Soirée record pour Frölunda, hockeyarchives
  2. "FRÖLUNDA GOTHENBURG" (en inglés). ChampionsHockeyLeague.com. Consultado o 23 de xaneiro de 2023. 
  3. "History" (en inglés). FrolundaHockey.com. Consultado o 23 de xaneiro de 2023. 
  4. "Frölunda HC. RETIRED NUMBERS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar