O Rauman Lukko é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Rauma (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga (a máxima competición do hóckey sobre xeo finlandés), competición que gañou nunha ocasión en 1963, antes de que adoptara a denominación actual. O equipo foi fundado en 1936 e xoga os seus encontros como local no Äijänsuo Arena, un pavillón con capacidade para 5.400 espectadores.

Rauman Lukko
Fundación1936
Cidade Rauma,
Satakunta
Finlandia Finlandia
EstadioÄijänsuo Arena
(5.400 espectadores)
LigaLiiga
Champions Hockey League
Campionatos2
Propietario(s)Contineo Oy [1]
DirectorFinlandia Timo Rajala
AdestradorFinlandia Risto Dufva
Afiliado(s)Kajaanin Hokki (Mestis)
HC Satakunta (Suomi-sarja)
CoresAzul e amarelo
           
Na rede
http://www.raumanlukko.fi

Historia editar

O Lukko fundouse o 8 de novembro de 1936 no Rauma Wood, onde se celebrou a reunión fundacional. Inicialmente o club naceu para desenvolver actividades de atletismo durante o verán e de esquí no inverno, e non foi ata unha década despois cando o hóckey sobre xeo integrouse nas actividades do club, sumándose á orientación, o ciclismo, o piragüismo, a ximnasia, a natación, a halterofilia, fútbol, bandy, pesäpallo, hóckey sobre herba, e os xa citados atletismo e esquí.[2]

Oiva Helimo, quen levou as primeiras equipacións da modalidade a Rauma dende Loimaa, é considerado o pai do hóckey sobre xeo en Rauma. En 1946 Helimo invitou á exente a provar o novo deporte no xeo do estanque ao lado do serradoiro.[2]

 
Equipo do Lukko campión de Finlandia en 1963.

Na tempada 1962-63 chegou o maior logro da historia do club cando o equipo de Rauma se proclamou campión do campionato finlandés, a SM-sarja, con tan só un punto máis que Tappara, que finalizou segundo. Este triunfo supuxo ademais o punto e final de seis anos consecutivos de dominio do campionato por parte dos dous grandes equipos de Tampere: Ilves (4 títulos nese período) e o propio Tappara (2 títulos neses seis anos).[3] Lukko alzouse co trofeo logo de derrotar a Tappara no derradeiro partido, disputado o 23 de febreiro, ante 7 820 espectadores. Rauma fora un equipo tradicionalmente feble na portería, problema que solucionaron coa chegada do ex xogador de SaiPa Risto Kaitala, sendo esa tempada ademais o equipo menos goleado do campionato.[4]

O 12 de novembro de 2016 o club celebrou o seu 80º aniversario no partido que o enfrontou ao Tappara.[2]

Xogadores editar

Xogadores destacados editar

 

Números retirados editar

Lukko ten retirado os seguintes sete números ao longo da súa historia. O número catro foi retirado en honor a dous xogadores do equipo, Teppo Rastio e Jouni Peltonen:[5]

Números retirados por Lukko
Xogador
4 Teppo Rastio
4 Jouni Peltonen
7 Matti Keinonen
8 Jorma Vehmanen
13 Jari Torkki
26 Matti Forss
33 Petri Vehanen
77 Erik Hämäläinen

Equipo feminino editar

 
Xogadoras do Lukko durante a tempada 2022-23, a última do hóckey feminino no club de Rauma.
Artigo principal: Lukko Naiset.

Durante anos o club contou cun equipo feminino que chegou competir na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. O Lukko oficializou o seu equipo feminino na tempada 1997-98 ao inscribilo para as eliminatorias de I-divisioona.[6] Con todo, o 28 de abril de 2023 Lukko ry, a empresa que xestionaba o equipo feminino entre outros, decidiu suprimir o equipo da Naisten Liiga sinalando unha presunta falta de xogadoras.[7]

Palmarés editar

Trofeos colectivos editar

 
A Kanada-malja, trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs e polo tanto campión de Finlandia. Lukko proclamouse campión de Finlandia en dúas ocasións.
SM-liiga
  • A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Lukko gañou proclamouse un total de 16 veces campión de Finlandia: 1963 e 2021.[8]
    • 3 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1961, 1966 e 1988.[5]
    • 6 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1965, 1969, 1994, 1996, 2011 e 2014.[5]
Suomen Cup
  • Campión: 1964 e 1969.

Trofeos individuais editar

Trofeos da Asociación de Xogadores

Notas editar

  1. "Lukko teki voitollisen vuosituloksen". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Rauman Lukko perustettiin tasan 80 vuotta sitten!" (en finés). RaumanLukko.fi. 8 de novembro de 2016. Consultado o 4 de marzo de 2024. 
  3. Matilaisen, Ville (24 de maio de 2018). "Rauman Lukko mestaruuskeväänään" (en finés). Yle. Consultado o 25 de marzo de 2020. 
  4. "Championnat de Finlande 1962/63" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Lukko" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 8 de agosto de 2021. 
  6. "Lukko" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023. 
  7. Seppä, Lassi (28 de abril de 2023). "Lukko luopuu Naisten Liigan paikastaan". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 4 de maio de 2023. 
  8. 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 8 de agosto de 2021. 
  9. 9,0 9,1 "Pelaajayhdistyksen Kultainen kypärä Petri Kontiolalle" (en finés). Liiga.fi. 4 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar