Ricardo de Barreiro

actor galego

Ricardo de Barreiro Calo, nado en Merelle (Tállara, Lousame) o 2 de decembro de 1974, é un actor, pintor, poeta e creador galego.

Infotaula de personaRicardo de Barreiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de decembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Merelle, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1239263 Allocine: 258489 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, formouse no Teatro do Curro en Noia e en obradoiros de José Campanari.[1]

Como actor traballou en películas como Lobos sucios, O descoñecido, Celda 211, 18 comidas, Encallados, Os xirasoles cegos, Vilamor, Somos xente honrada, Pradolongo ou After, e en series como Matalobos, Luci, Amar es para siempre, Doctor Mateo, Fariña e O sabor das margaridas.

Como pintor expuxo as súas obras por Galicia.[2]

Como escritor é coautor xunto con Rafael G. García e Xavier Estévez Montoto de Merda, un texto teatral no que exercía como único actor e que lle supuxo a súa entrada na escena teatral. En 2013 publicou o poemario Sobre o desamor e outras mariconadas, que inclúe varios cadros seus e que presentou como proposta escénica canda ao guitarrista Guillerme Fernández. En 2018 publicou A+A, con ilustracións de RdeB.

Libros de poesía editar

Filmografía editar

Televisión editar

Longametraxes editar

Curtametraxes editar

  • Inútil, como Peras. Dir. Paco Rañal (2001)
  • Lobos, como Thor. Dir. Dani de la Torre (2004)
  • Sin plomo, como Ricardo. Dir. Jorge Saavedra Mancebo (2006)
  • Bos días, elenco. Dir. Dani de la Torre (2006)
  • Servicio a domicilio, como Valentín. Dir. Jorge Saavedra Mancebo (2006)
  • Summons, como un policía. Dir. Mario Carbajosa (2012)
  • Einstein-Rosen, como Teo. Dir. Olga Osorio (2016)

Teatro editar

  • Merda
  • A piragua. Cía. CGD y Abrapalabra
  • As actas escuras. Cía. CDG
  • Sobre o desamor e outras mariconadas. Cía. Viscirón
  • O tolleito de Inishmaan. Cía. Contraproduccións

Premios e nomeamentos editar

  • Mención especial do xurado na VII Mostra de Curtas Vila de Noia por Servicio a domicilio (2005)
  • Premio especial na X Mostra de Curtas de Noia (2008)
  • Terceiro premio de teatro A Pousada das Ánimas de Boiro (2013)

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Filme Resultado
2011 Mellor actor secundario Matalobos (serie) Nomeado
2013 Mellor actor secundario Somos xente honrada Gañador
2015 Mellor actor secundario Lobos sucios Nomeado

Festival de Cans editar

Ano Categoría Filme Resultado
2006 Premio do xurado ao mellor actor Bos días Gañador
2017 Premio do xurado ao mellor actor (ex aequo Xúlio Abonjo) Einstein-Rosen Gañador

Notas editar

  1. "Ricardo de Barreiro". culturagalega.gal. Consultado o 23/12/2018. 
  2. "O actor Ricardo de Barreiro amósanos a súa faceta como pintor". crtvg.es. Consultado o 23/12/2018. 
  3. Estévez Iglesias, Adrián (09/04/2016). "Lecturas desde O Alcouce: 'Sobre o desamor e outras mariconadas'". pontevedraviva.com. Consultado o 22/12/2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar