Lousame

concello da comarca de Noia, na provincia da Coruña

Lousame é un concello galego situado no suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 3.268 habitantes (1.624 homes e 1.644 mulleres). O xentilicio é lousamán.[1]

Modelo:Xeografía políticaLousame
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°45′32″N 8°49′46″O / 42.758888888889, -8.8294444444444Coordenadas: 42°45′32″N 8°49′46″O / 42.758888888889, -8.8294444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalPortobravo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.145 (2023) Editar o valor em Wikidata (33,37 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie94,24 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude20 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataTeresa Villaverde Pais Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Lousame Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15214 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15042 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodelousame.com Editar o valor em Wikidata

É un concello principalmente agrario. Abrangue sete parroquias con 75 núcleos de poboación.

Etimoloxía editar

O nome de Lousame consérvase dende a época romana. Provén da palabra latina lausia, que corresponde ás lousas que tanto abundan no concello.[Cómpre referencia]

Xeografía editar

O concello ten unha superficie de 93 km², e abrangue 7 parroquias. Limita ao norte co concello de Brión, ao sur con Boiro e Rianxo, ao leste con Rois e Dodro e ao oeste con Porto do Son. É un territorio cun relevo abrupto, con fortes contrastes entre o fondo dos vales (20 msnm) e cumios de altitude media (monte Iroite, de 685 m, e a Muralla, de 674 m). A estación meteorolóxica de Lousame é a que recolleu máis pluviosidade de toda Galicia nos anos consecutivos de 2017-2022[2].

Historia editar

Nos terreos ocupados polo concello consérvanse restos prehistóricos (mámoas), da Idade de Bronce (petróglifo de Lesende) e da época castrexa. De feito, no propio escudo do concello aparecen reflectidos sete castros (Coto do Castro, Castro de Comparada, Castro de Servia, Castelo de Fruíme, Castelo de San Lourenzo, Castro de Berrimes e Castro do Lourido).

Da época da romanización consérvase o topónimo do concello, procedente da palabra celtolatina lausia, que corresponde aos xistos ou lousas que tanto abundan nesa parroquia (montes de Aldeagrande, Seoane e Cruído).

Na Idade Media fundouse o mosteiro de Toxos Outos, na beira dereita do río de San Xusto. No tombo de san Xusto, do século XII, aparece reflectida moita documentación da época medieval. No século XVII o mosteiro foi anexionado ao de Sobrado dos Monxes, converténdose en priorado do mesmo. Xa coa desamortización de Mendizábal desintegrouse por completo, converténdose na igrexa parroquial de San Xusto de Toxos Outos e perdendo a autonomía xurisdicional que tivera na Idade Media.

Entre 1730 e 1777 viviu na aldea de Fruíme Diego Antonio Cernadas de Castro, escritor e defensor de Galicia, que exerceu o cargo de cura nesta aldea, aínda que neste época a parroquia de Fruíme non era de Lousame.

O concello de Lousame conformouse como tal en 1836, cando tiña 3.514 habitantes. Foi anexionada a parroquia de San Martiño de Fruíme (que pertencía ao concello de Boiro) e a de San Xoán de Camboño (Porto do Son). Amais, a parroquia de Santa María de Roo, que pertencía á xurisdición de San Xusto, pasou ao concello de Noia.

Durante a segunda metade do século XIX chegou a haber 5 fábricas de papel en Lousame na ribeira de varios ríos. A máis importante foi a de Diego Fontán, na ribeira do río Vilacova.

A casa consistorial está na aldea de Portobravo desde a década de 1950, se ben ata entón estivera no lugar de Cruído. Nesa época acadouse o período de máxima poboación (6.555 habitantes) debido ao auxe das explotacións mineiras de Finx.

Poboación editar

Censo total 2014 3.513 habitantes
Menores de 15 anos 400 (11.39 %)
Entre 15 e 64 anos 2.047 (58.27 %)
Maiores de 65 anos 1.066 (30.34 %)
Evolución da poboación de Lousame   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.543 5.857 6.555 5.014 3.912 3.621
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio editar

Mosteiro de San Xusto de Toxos Outos editar

Artigo principal: Mosteiro de Toxos Outos.

Minas de Finx editar

Artigo principal: Minas de San Fins.

Fábrica de papel de Fontán editar

Chegou a haber cinco fábricas de papel á beira dos ríos Vilacoba e San Xusto, sendo a máis importante a fundada en 1863 polo matemático e xeógrafo Domingo Fontán. Estaba situada na ribeira esquerda do Vilacoba, á altura do lugar do Castro. O edificio, de planta rectangular, tiña cuberta a dúas augas e gran cantidade de fiestras dispostas de xeito rítmico. Esta arquitectura era funcional, pois as fiestras servían para ventilar o interior para o secado do papel. Había dous niveis de catorce fiestras, tendo o corpo máis baixo catro aberturas máis grandes. A auga chegaba a través dunha canle de pedra de lonxitude considerable e con moita capacidade, que recollía a auga río arriba.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Lousame.

Parroquias editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Lousame

Camboño (San Xoán) | Fruíme (San Martiño) | Lesende (San Martiño) | Lousame (San Xoán) | Tállara (San Pedro) | Toxos Outos (San Xusto) | Vilacova (Santa Eulalia)

Lugares de Lousame editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lousame vexa: Lugares de Lousame.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar