Doctor Mateo é unha serie de ficción producida por Notro Films para a cadea española Antena 3, que a estreou o 22 de febreiro de 2009 e finalizou o 17 de xullo de 2011.

Doctor Mateo
Dirixido porCésar Rodríguez Blanco
Ángeles Reiné
IntérpretesGonzalo de Castro
Natalia Verbeke
Daniel Freire
Rosario Pardo
Álex O'Dogherty
Lulú Palomares
Ricardo de Barreiro
Gonzalo Kindelán
Ramón Pujol
Ángela Moreno
Rodrigo Castellanos
Gorka Otxoa
Elio González
Javi Coll
Xavi Mira
María Esteve
Cesar Vea
Tema de aperturaElixir
Zeno and the stoics
País de orixeEspaña España
Episodios56
Produción
Localización(s)Lastres (Asturias)
Duración80 min. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeAntena 3
Primeiro episodio22 de febreiro de 2009
Derradeiro episodio17 de xullo de 2011
Na rede
http://www.doctormateo.com/
IMDB: tt1320315 Filmaffinity: 603797 Allocine: 5823 valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Está baseada na serie inglesa Doc Martin, que colleitou altos niveis de audiencia en varios dos países nos que se emitiu, entre eles Reino Unido, Alemaña, Italia e Australia. Esta serie conta cunha 1ª tempada de 10 capítulos, unha 2ª tempada de 14 capítulos, unha 3ª tempada de 6 capítulos e 4ª tempada de 14 capítulos. Foi renovada por unha 5ª tempada de 12 capítulos.

Argumento editar

Mateo Sancristóbal é un médico español que reside en Nova York. Logo de empezar a padecer hemofobia, decide deixalo todo alí e fincarse na vila onde veraneaba de pequeno: San Martín del Sella. Alí iniciará unha nova vida como médico do pobo, e ao longo das tempadas se metera de cheo na vida rural e acabará por atopar o amor...

Repartimento editar

Deixaron a serie

Capítulos e audiencias editar

Tempada Capítulos Espectadores Share
Primeira 01-10 3 687 000 19,4%
Segunda 11-24 2 906 000 16,2%
Terceira 25-30 2 501 000 13,7%
Cuarta 31-42 2 424 000 12,8%
Quinta 43-54 1 853 000 10,7%

Premios editar

  • Gonzalo de Castro:
  • Natalia Verbeke:
    • Premio do Festival de Islantilla á mellor actriz protagonista.
    • Premio Ondas á mellor actriz en 2010.
    • Premio Zapping á mellor actriz en 2010.
  • María Esteve:
    • Premio no Festival de Cine de Comedia de Tarazona y El Moncayo "Paco Martínez Soria" á mellor actriz de comedia.
  • Premio Punto Radio La Rioja á mellor serie de televisión..
  • Manín de Honor do Coro Marinero Manín de Lastres, en recoñecemento á difusión que fan de Asturias e a provincia de Colunga.
  • Mellor Ficción de Comedia no FesTVal 2008.
  • Mellor Ficción Nacional no Festival Internacional de Curtametraxes e Cine Alternativo de Benalmadena 2009.
  • Medalla de Ouro do Turismo da Unión Hotelera do Principado de Asturias, por ser un produto de calidade que difunde a imaxe de Asturias e que está tendo unha grande aceptación entre o público.
  • Premio Príncipe de Asturias 2010 a Lastres, como pobo exemplar de toda España.

Localizacións editar

A serie rodouse en Lastres (Asturias) baixo o nome ficticio de San Martín del Sella. Este ficticio pobo, segundo o cartel de benvida, está irmandado con Portwenn (Reino Unido), lugar onde se desenvolve a historia de Doc Martin, serie inglesa na cal baséase a versión española. Tamén ten rodaxe en diversos interiores en Madrid.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar