Naisten Liiga 2023-2024

41ª edición da Naisten Liiga

A tempada 2023-2024 da Naisten Liiga será a 41ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga comezou o sábado 9 de setembro de 2023 e concluíu o 25 de febreiro de 2024. Pola súa banda os play-offs comezaron o 23 de febreiro de 2024 e finalizaron o 21 de marzo coa disputa do cuarto partido das finais. O IFK de Helsinqui defendeu o título conquistado na tempada precedente.

Naisten Liiga 2023-2024
Naisten Liiga 2023-2024
Liga Naisten Liiga
Deporte Hóckey sobre xeo
Duración 9 de setembro de 2023 - 21 de marzo de 2024
Liga regular
Anotador República Checa Michaela Pejzlova (HIFK)
Campión HIFK
Subcampión K-Espoo
Semifinais KalPa
MVP dos play-offs Francia Clara Rozier (HIFK)
Naisten Liiga
← 2022–23 2024–25 →

Ao final da tempada o IFK revalidou o título logo de gañar nas finais ao K-Espoo en catro partidos (1-3). Pola súa banda o KalPa se fixo coa medalla de bronce logo de derrotar no partido polo bronce ao HPK (1-3).

Nesta edición participaron un total de nove equipos e non se produciron descensos nin ascensos ao non conseguir ningún dos tres equipos da Naisten Mestis interesados en disputar a promoción finalizar entre os tres primeiros.

Movementos na liga editar

Renuncia de Lukko editar

A pesar de que o Lukko conseguira manter a categoría na serie clasificatoria logo de derrotar na derradeira xornada ao HIFK Akatemia,[1] o 28 de abril de 2023 Lukko ry, a empresa que xestionaba o equipo feminino entre outros, decidiu suprimir o equipo da Naisten Liiga sinalando unha presunta falta de xogadoras.[2] Nunha entrevista no portal Jatkoaika, a capitá do equipo, Maija Koski, sinalaba a ausencia de comunicación co equipo por parte de Lukko ry, que en nigún momento se reuniu coas xogadoras para analizar a situación para chegar a un acordo e manter o equipo na competición. Pouco despois da toma da decisión o equipo feminino foi eliminado das listas de equipos do club de Rauma.[3]

O 5 de xuño de 2023 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo confirmou que para a tempada 2023-24 a liga pasaría a estar integrada por tan só nove equipos logo da renuncia do equipo de Rauma.[4]

Nova xerencia editar

O 31 de marzo de 2023 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou no seu sitio web unha convocatoria para procurar unha nova xerente da Naisten Liiga co obxectivo de elevar o nivel da competición e atraer a máis entusiastas, e así levar á competición ao profesionalismo.[5] O 1 de agosto a federación anunciou que a elixida, Henni Laaksonen, comezaría a traballar dende principios dese mesmo mes.[6]

Mudanzas nos corpos técnicos editar

Equipo 2022–23 2023–24 Detalles
Pretempada
RoKi Tuomas Liitola Teemu Koivula O 17 de maio de 2023 o Skellefteå AIK da Nationella Damhockeyligan, a segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco, anunciou a incorporación de Liitola como adestrador xefe do equipo. Liitola chegara a Rovaniemi en 2018 e conseguiu o ascenso á Naisten Liiga co RoKi dous anos despois.[7][8] O seu posto foi ocupado por Teemu Koivula, de 26 anos e que nos anos anteriores xa exercera como adestrador dos equipos masculinos U15 e U16 do equipo de Rovaniemi.[9]
Team Kuortane Mira Kuisma Juuso Nieminen Logo de catro tempadas á fronte da selección finlandesa sub-18 e o Team Kuortane, Kuisma foi nomeada adestradora xefa do equipo nacional sub-18 a tempo completo.[10][11] Nieminen uniuse ao Team Kuortane logo de varias tempadas adestrando nos equipos júnior do RoKi de Rovaniemi, cuxo cargo máis recente foi o de adestrador xefe do RoKi U18 na Mestis U18 masculina durante a tempada 2021–22.[12]
Tempada
Kärpät Sanna Lankosaari Saija Tarkki O 13 de outubro as Kärpät anunciaron que Sanna Lankosaari non continuaría como adestradora xefa do equipo de Oulu. Logo da marcha de Lankosaari, Saija Tarkki asumiu a dirección do equipo mentres non se nomeara unha nova persoa para o posto. A iniciativa de rescindir o contrato tería sido da propia Lankosaari, logo de que as Kärpät tan só sumaran seis puntos en oito partidos, ocupando a penúltima posición, só por diante do RoKi.[13][14]
Kärpät Saija Tarkki Satu Kiipeli O 31 de outubro as Kärpät anunciaron que Satu Kiipeli pasaba a ser a nova adestradora do equipo. Kiipeli, cuxa carreira como xogadora finalizou en 2018, foi xogadora do equipo durante moitos anos e xogou no campionato universitario estadounidense, a NCAA, que gañou en tres ocasións. Kiipeli exercía de adestradora do equipo da academia dende 2016 e substituíu a Saija Tarkki, que logo dunhas semanas como adestradora interina regresou ao seu posto como directora do equipo e adestradora das nenas menores de 10 anos.[15][16]

Retransmisións editar

O 9 de outubro de 2023, a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou que a canle de televisión MTV Katsomo retransmitiría catro partidos da liga regular e as finais. MTV Katsomo retransmitirá un partido ao mes, o considerado "partido do mes", que estará dispoñible por subscripcióna a MTV Katsomo+ Urheilu. O primeiro partido que retransmitiu a canle foi o KalPa vs HIFK o 14 de outubro ás 13:00, mentres que o resto dos partidos foron:[17]

  • 25 de novembro: Kärpät – KalPa
  • 9 de decembro: TPS – Kiekko-Espoo
  • 20 de xaneiro: HPK – Kärpät

Por outra banda, o resto dos partidos da tempada poderánse ver a través de Leijonat TV, a plataforma da propia federación finlandesa,[17] como xa ocorreu en tempadas anteriores.

Ademais, o 12 de marzo a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo informou de que todos os partidos das finais se poderían ver igualmente na canle de televisión MTV Katsomo, ademais da súa propia plataforma.[18]

Acordos de patrocinio editar

 
A principios de 2024 a firma sueca de bebidas Nocco converteuse no primeiro socio da liga.

A finais de xaneiro de 2024 a liga fixo público o acordo de asociación coa firma de bebidas sueca Nocco, que se converteu deste xeito no primeiro socio da liga. Esta cooperación foi visible especialmente nas publicacións da xogadora da semana nas redes sociais.[19]

Menos dun mes despois do acordo con Nocco a liga anunciou a súa cooperación con Veikkaus, a empresa pública finlandesa que posúe o monopolio dos xogos de apostas no país nórdico. Con este acordo leváronse os partidos da Naisten Liiga ás apostas de Veikkaus. O acordo formou parte da estratexia de construcián da Naisten Liiga e valorado do seguinte xeito pola xerente da liga, Henni Laaksonen:[20]

É xenial que consigamos atraer as marcas coñecidas polos finlandeses á Naisten Liiga. Este é un paso importante para construír a notoriedade da liga e o hóckey sobre xeo feminino finlandés.

Clásico de inverno editar

O día 3 de febreiro de 2024 disputarase un clásico de inverno ao aire libre na mítica pista de xeo de Koulukatu de Tampere entre os dous equipos máis laureados do hóckey sobre xeo feminino finlandés, o Ilves e o K-Espoo. A directora do Ilves, Yin Tuorila, sinalou a intención de:[4]

... organizar un feliz evento de inverno para o hóckey feminino e de nenas, tanto co equipo da Naisten Liiga como coas xogadoras novas, familias e fans.

— Yin Tuorila

O 28 de xaneiro de 2012 houbo un precedente dun partido ao aire libre na daquela denominada Naisten SM-sarja no mesmo escenario e cos mesmos protagonistas, se ben daquela o equipo de Espoo era denominado "Espoo Blues", no chamado Koulukarun lassikko.[21]

Estrutura da tempada editar

A tempada 2023-24 comezou co "avausturnaus" (en galego "torneo de abertura") no Matinkylän jäähalli de Espoo, que tivo lugar durante o sábado 9 e o domingo 10 de setembro de 2023, e no que se reuniron todos os equipos participantes na liga agás o Team Kuortane, que comezou a competición na seguinte fin de semana. Como principal atractivo do evento, na primeira xornada enfrontáronse os dous finalistas da tempada precedente, o K-Espoo e o HIFK.[4][22][23]

A liga regular xogarase en formato de cuádrupla volta entre os nove equipos participantes, polo que cada equipo disputará un total de 32 partidos nesta fase, que finalizará o 25 de febreiro de 2024 e a continuación os oito primeiros equipos disputarán os play-offs, que se disputarán en series ao mellor de cinco encontros e que finalizarán como máximo o 23 de marzo.[4][24]

A principios de xaneiro de 2024 decidiuse o sistema de cualificación para decidir os ascensos e descensos. O formato foi confirmado pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo baseándose nunha proposta do comité de competición e logo de consultar co órgano de goberno da Naisten Liiga. De acordo coa decisión aprobada, o noveno clasificado na Naisten Liiga enfrontarase ao mellor equipo disposto a disputar a cualificación sempre e cando este finalice entre os tres primeiros da Naisten Mestis, en caso contrario non se disputaría a cualificación na primavera de 2024. Os equipos do APV, Panelian Raikas e SaiPa anunciaron a súa vontade de participar nas eliminatorias.[25] Finalmente, o día 11 de marzo de 2024 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo informou de que nesta tempada non se disputaría a fase de cualificación, xa que ningún dos tres equipos que manifestaran a súa vontade de disputar as eliminatorias de ascenso conseguiu finalizar nas tres primeiras posicións, que foron ocupadas polos equipos das academias do HIFK (campión), K-Espoo (subcampión) e KalPa (terceiro), mentres que o mellor clasificado dos equipos aspirantes foi o APV, que finalizou na cuarta posición. Deste xeito o RoKi, noveno e último clasificado da liga regular, mantivo a súa praza na máxima categoría sen disputar as eliminatorias.[26]

Equipos participantes editar

Na tempada 2023-24 da Naisten Liiga tomarán parte na competición un total de nove equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, coa excepción do Lukko de Rauma, que cesou a súa actividade logo de que Lukko ry, a empresa que o xestionaba, sinalara unha presunta falta de xogadoras.[2] Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (HIKF e K-Espoo), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa.

Os orzamentos dos equipos sitúanse entre os 115 000  do Ilves e os 220 000  do Team Kuortane. Os clubs afrontan gastos de, entre outros, alugueiro das pistas, transporte ou comidas, que en boa parte son sufragados polas propias xogadoras,[27] que non reciben cartos ao non tratarse dunha liga profesional.

Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, Kärpät, Lukko e TPS) ou a Mestis (K-Espoo e RoKi).

Nome Cidade Estadio Capacidade Adestrador/a Capitá Orzamento
Stadin Gimmat
HIFK Naiset
  Helsinqui Pirkkolan jäähalli 1 100 Saara Niemi[28] Karoliina Rantamäki[29] 150 000[27]
HPK   Hämeenlinna Metritiski Areena 700 Jari Risku[30] Heta Seikkula[31] 160 000[27]
Ilves   Tampere Tesoman jäähalli 1 500 Marjo Voutilainen[32] Jenna Lehtiniemi[33] 115 000[27]
KalPa   Kuopio Olvi Areena 5 224 Mika Väärälä[34] Johanna Juutilainen[35] 160 000[27]
K-Espoo   Espoo Tapiola 2 750 Sami Haapanen[36] Reetta Valkjärvi[37] 130 000[27]
Kärpät   Oulu Oulun Energia Areena 6 614 Sanna Lankosaari[38]
Saija Tarkki
Satu Kiipeli
Aino Kaijankoski[39] 130 000[27]
RoKi   Rovaniemi Lappi Areena 3 500 Teemu Koivula[40] Eveliina Ollila[41] 140 000[27]
Team Kuortane   Kuortane Kuortaneen urheiluopiston jäähalli 350 Juuso Nieminen[10] Jenniina Kuoppala[42] 220 000[27]
TPS   Turku Rajupaja Areena 2 875 Terhi Mertanen[43] Pihla Hämeenniemi[44] 170 000[27]

Liga regular editar

Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts
1 K-Espoo 32 24 2 3 3 168 66 +102 79
2 HIFK[a] 32 27 0 0 5 175 49 +126 75
3 HPK 32 21 0 3 8 120 68 +52 66
4 KalPa 32 18 2 2 10 119 81 +38 60
5 Ilves 32 14 5 1 12 102 94 +8 53
6 Team Kuortane 32 9 2 3 18 65 99 -34 34
7 Kärpät 32 7 2 2 21 69 133 -64 27
8 TPS 32 5 3 2 22 59 133 -74 23
9 RoKi 32 2 1 1 28 55 209 -154 9
Resultados

Estatísticas das xogadoras editar

Líderes de anotación
 
Michaela Pejzlova (HIFK) foi a máxima puntuadora da liga regular.

Ao final da liga regular a xogadora checa do HIFK Michaela Pejzlova finalizou como a mellor puntuadora da liga logo de sumar 71 (30+41) puntos nos 24 partidos que disputou, por diante da súa compañeira de equipo Sanni Vanhanen, que sumou 66 (27+39) en 32 partidos. Polo que respecta aos goles, a xogadora do K-Espoo Lisette Täks sumou 39 goles en 32 partidos, converténdose na máxima goleadora por diante de Holopainen, Pejzlova, Rozier e Nuutinen.[46]

Xogadora Equipo PX G A Pts
1 Michaela Pejzlova HIFK 24 30 41 71
2 Sanni Vanhanen HIFK 32 27 39 66
3 Emma Nuutinen K-Espoo 31 28 35 63
4 Julia Liikala HIFK 26 24 36 60
5 Clara Rozier HIFK 32 29 29 58
6 Elisa Holopainen KalPa 19 32 25 57
7 Lisette Täks K-Espoo 32 39 15 54
8 Julia Schalin K-Espoo 31 11 37 48
9 Johanna Juutilainen KalPa 32 20 26 46
10 Kiti Seikkula HPK 32 22 23 45
Porteiras
 
Kiia Lahtinen (HIFK) finalizou a liga regular como a mellor porteira.

A porteira do HIFK Kiia Lahtinen finalizou como mellor porteira a liga regular logo de rexistrar un 93,3% de paradas, lixeiramente superior que Janika Järvikari (93,1%) e Melisa Mörönen (91,5%).[46]

Xogadora Equipo PX TOI V D S GC SO SV% GAA
1 Kiia Lahtinen HIFK 16 953:13 12 4 320 23 5 93,3 1,45
2 Janika Järvikari HPK 11 633:15 8 1 202 15 4 93,1 1,42
3 Melisa Mörönen Ilves 13 731:58 8 3 259 24 1 91,5 1,97
4 Minja Drufva K-Espoo 17 987:55 15 0 326 31 2 91,3 1,88
5 Eline Gabriele HPK 16 925:48 12 4 313 30 1 91,3 1,94
6 Tiia Pajarinen K-Espoo 16 950:45 10 4 343 33 5 91,2 2,08
7 Kerttu Kuja-Halkola Team Kuortane 13 786:58 3 8 352 34 1 91,2 2,59
8 Olivia Last TPS 22 1237:38 7 13 661 64 3 91,2 3,10
9 Miia Vainio HIFK 11 657:30 10 1 172 17 5 91,0 1,55
10 Tiina Ranne KalPa 21 1234:38 11 9 477 52 2 90,2 2,53
11 Hannele Tarkiainen Kuortane 18 1027:07 10 8 497 55 2 90,0 3,21

Play-offs editar

 
Cuartos de finalSemifinaisFinal
 
          
 
 
 
 
1. K-Espoo 3
 
 
 
8. TPS 0
 
1. K-Espoo 3
 
 
 
4. KalPa 0
 
4. KalPa 3
 
 
 
5. Ilves 1
 
1. K-Espoo 1
 
 
 
2. HIFK 3
 
2. HIFK 3
 
 
 
7. Kärpät 0
 
2. HIFK 3
 
 
 
3. HPK 1 Terceiro posto
 
3. HPK 3
 
 
 
6. Kuortane 0
 
3. HPK 0
 
 
4. KalPa 1
 

Cuartos de final editar

K-Espoo (1) vs TPS (8) editar

24 de febreiro de 2024
15:15
K-Espoo 7 - 0
(0–0, 4–0, 3–0)
TPS Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 101

25 de febreiro de 2024
14:50
TPS 1 - 8
(0–2, 1–5, 0–1)
K-Espoo Kupittaa (Turku)
Asistencia: 70

28 de febreiro de 2024
18:45
K-Espoo 5 - 1
(1–0, 1–1, 3–1)
TPS Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 111
K-Espoo gaña a serie 3 - 0.

HIFK (2) vs Kärpät (7) editar

24 de febreiro de 2024
14:30
HIFK 7 - 2
(1–1, 3–1, 3–0)
Kärpät Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 182

25 de febreiro de 2024
15:00
HIFK 3 - 2
(2–0, 0–1, 1–1)
Kärpät Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 192

28 de febreiro de 2024
18:15
Kärpät 2 - 4
(1–1, 0–0, 1–3)
HIFK Raksila (Oulu)
Asistencia: 207
HIFK gaña a serie 3 - 0.

HPK (3) vs Team Kuortane (6) editar

24 de febreiro de 2024
14:00
HPK 2 - 1 (SO)
(0–0, 1–1, 0–0)
(OT: 0–0)
(SO: 1–0)
Team Kuortane HML hh (Hämeenlinna)
Asistencia: 130

25 de febreiro de 2024
15:00
Team Kuortane 0 - 3
(0–1, 0–1, 0–1)
HPK Kuortaneen jäähalli (Kuortane)
Asistencia: 95

28 de febreiro de 2024
18:45
HPK 5 - 1
(2–0, 0–1, 3–0)
Team Kuortane HML hh (Hämeenlinna)
Asistencia: 90
HPK gaña a serie 3 - 0.

KalPa (4) vs Ilves (5) editar

23 de febreiro de 2024
18:45
KalPa 2 - 1
(0–1, 1–0, 1–0)
Ilves Olvi Areena (Kuopio)
Asistencia: 108

25 de febreiro de 2024
15:00
Ilves 3 - 2
(1–1, 1–0, 1–1)
KalPa Tesoma (Tampere)
Asistencia: 130

27 de febreiro de 2024
18:45
KalPa 2 - 0
(0–0, 1–0, 1–0)
Ilves Olvi Areena (Kuopio)
Asistencia: 169

2 de marzo de 2024
13:45
Ilves 1 - 3
(0–1, 1–1, 1–1)
KalPa Tesoma (Tampere)
Asistencia: 114
KalPa gaña a serie 3 - 1.

Semifinais editar

K-Espoo (1) vs KalPa (4) editar

5 de marzo de 2024
18:45
K-Espoo 5 - 3
(1–2, 3–1, 1–0)
KalPa Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 157

7 de marzo de 2024
18:00
KalPa 4 - 0
(0–2, 0–2, 0–0)
K-Espoo Olvi Areena (Kuopio)
Asistencia: 162

9 de marzo de 2024
17:45
K-Espoo 2 - 1
(0–1, 0–0, 2–0)
KalPa Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 206
K-Espoo gaña a serie 3 - 0.

HIFK (2) vs HPK (3) editar

5 de marzo de 2024
19:00
HIFK 0 - 1
(0–0, 0–0, 0–1)
HPK Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 178

7 de marzo de 2024
18:45
HPK 4 - 5
(2–1, 0–3, 2–1)
HIFK HML hh (Hämeenlinna)
Asistencia: 210

9 de marzo de 2024
13:00
HIFK 5 - 0
(0–0, 2–0, 3–0)
HPK Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 210

10 de marzo de 2024
13:30
HPK 1 - 4
(1–1, 0–2, 0–1)
HIFK HML hh (Hämeenlinna)
Asistencia: 140
HIFK gaña a serie 3 - 1.

Partido polo bronce editar

16 de marzo de 2024
14:00
HPK 1 - 3
(0–2, 0–1, 1–0)
KalPa HML hh (Hämeenlinna)
Asistencia: 230
HPK gaña o partido pola medalla de bronce.

Finais editar

16 de marzo de 2024
14:45
K-Espoo 3 - 0
(2–0, 0–0, 1–0)
HIFK Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 436

17 de marzo de 2024
15:00
HIFK 2 - 0
(1–0, 0–0, 1–0)
K-Espoo Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 419

19 de marzo de 2024
18:45
K-Espoo 2 - 4
(0–1, 0–1, 2–2)
HIFK Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 443

21 de marzo de 2024
18:30
HIFK 3 - 2
(2–1, 1–1, 0–0)
K-Espoo Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 550
HIFK gaña as finais 1 - 3.

Premios editar

Xogadoras da semana editar

 
Elisa Holopainen converteuse na primeira xogadora en ser nomeada "xogadora da semana" na historia da Naisten Liiga.

Xogadoras do mes editar

 
Salla Sivula (Ilves), foi nomeada xogadora do mes de setembro.

Trofeos individuais editar

Equipos das estrelas editar

 
Olivia Last, porteira do TPS foi seleccionada para o primeiro equipo das estrelas. Na imaxe coa camisola do RoKi durante a tempada 2022-23.
1º equipo das estrelas[68]
Posición Xogadora Equipo
Porteira Olivia Last TPS
Defensa Siiri Yrjölä HIFK
Defensa Sanni Rantala KalPa
Á Elisa Holopainen KalPa
Centro Michaela Pejzlova HIFK
Á Emma Nuutinen K-Espoo
 
Minttu Tuominen, do K-Espoo, foi seleccionada como unha das defensas do segundo equipo das estrelas.
2º equipo das estrelas[68]
Posición Xogadora Equipo
Porteira Kerttu Kuja-Halkola Team Kuortane
Defensa Minnamari Tuominen K-Espoo
Defensa Oona Koukkula HPK
Á Julia Liikala HIFK
Á Lisette Täks K-Espoo
Á Emma Ekoluoma Kärpät

Datos de asistencia editar

 
Bancada da pista de xeo de Koulukatu durante o Winter Classic 2024 celebrado en Tampere.

O partido máis visto da tempada foi o que enfrontou en Hämeenlinna ao HPK e ás Kärpät o 20 de xaneiro de 2024, que congregou a 325 persoas nas bancadas, mentres que o partido que enfrontou ao Ilves co TPS en Tampere o 16 de febreiro de 2024 foi o partido menos visto con tan só 42 persoas nas bancadas.

Catro equipos tiveron unha asistencia media superior ás 100 persoas nas bancadas: HIFK, HPK, K-Espoo e Kärpät. De todos eles o equipo das Kärpät foi o que rexistrou a mellor media de afluencia con 126,4 persoas nas bancadas por partido, e non baixaron das 100 persoas nas bancadas en ningún dos partidos que disputaron en Oulu. No extremo oposto situouse o Team Kuortane, o equipo da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo obtivo a peor media de toda a liga con tan só 61,3 persoas nas bancadas por partido.

En termos de audiencia absoluta, as Kärpät rozaron as 2 000 persoas, cun total de 1 986 nos seus 16 partidos como local. Agás o RoKi e Team Kuortane todos os equipos superaron as 1 000 persoas nas bancadas.[69]

Liga regular Play-offs
Equipo Partidos xogados Máxima Mínima Media Partidos xogados Máxima Mínima Media
HIFK 15 204 72 101 6 550 178 288,5
HPK 15 325 50 (x2) 100,6 5 230 90 160
Ilves 15 210 42 75,5 2 130 114 122
KalPa 15 147 55 90,6 3 169 108 146,3
K-Espoo 16 236 65 105,1 6 443 101 242,3
Kärpät 15 235 100 126,4 1 207 - 207
RoKi 15 80 43 64,5
N/A
Team Kuortane 16 80 50 (x3) 61,3 1 95 - 95
TPS 15 110 (x2) 51 (x2) 75,8 1 70 - 70

Notas editar

  1. O HIFK foi penalizado coa perda de seis puntos antes de comezar a competición por non xestionar a transferencia internacional dunha xogadora estranxeira ao equipo na tempada precedente.[45]
Fichas dos partidos
  1. "K-Espoo vs HIFK (9 setembro)" (en finés). 
  2. "Kärpät vs TPS (9 setembro)" (en finés). 
  3. "HPK vs RoKi (9 setembro)" (en finés). 
  4. "Ilves vs KalPa (9 setembro)" (en finés). 
  5. "KalPa vs HPK (10 setembro)" (en finés). 
  6. "TPS vs RoKi (10 setembro)" (en finés). 
  7. "HIFK vs Kärpät (10 setembro)" (en finés). 
  8. "K-Espoo vs Ilves (10 setembro)" (en finés). 
  9. "K-Espoo vs TPS (15 setembro)" (en finés). 
  10. "HPK vs TPS (16 setembro)" (en finés). 
  11. "RoKi vs Ilves (16 setembro)" (en finés). 
  12. "KalPa vs HIFK (16 setembro)" (en finés). 
  13. "Kärpät vs Team Kuortane (16 setembro)" (en finés). 
  14. "RoKi vs Ilves (17 setembro)" (en finés). 
  15. "HIFK vs HPK (17 setembro)" (en finés). 
  16. "KalPa vs Team Kuortane (17 setembro)" (en finés). 
  17. "HPK vs Ilves (21 setembro)" (en finés). 
  18. "RoKi vs Kärpät (23 setembro)" (en finés). 
  19. "TPS vs HIFK (23 setembro)" (en finés). 
  20. "Team Kuortane vs KalPa (23 setembro)" (en finés). 
  21. "K-Espoo vs HPK (23 setembro)" (en finés). 
  22. "TPS vs Team Kuortane (24 setembro)" (en finés). 
  23. "KalPa vs Ilves (24 setembro)" (en finés). 
  24. "Ilves vs HPK (29 setembro)" (en finés). 
  25. "Kärpät vs TPS (30 setembro)" (en finés). 
  26. "Team Kuortane vs K-Espoo (30 setembro)" (en finés). 
  27. "RoKi vs HIFK (30 setembro)" (en finés). 
  28. "KalPa vs Ilves (30 setembro)" (en finés). 
  29. "Team Kuortane vs TPS (1 outubro)" (en finés). 
  30. "Kärpät vs HIFK (1 outubro)" (en finés). 
  31. "KalPa vs K-Espoo (1 outubro)" (en finés). 
  32. "TPS vs HIFK (6 outubro)" (en finés). 
  33. "HPK vs KalPa (7 outubro)" (en finés). 
  34. "HIFK vs Ilves (7 outubro)" (en finés). 
  35. "Team Kuortane vs RoKi (7 outubro)" (en finés). 
  36. "K-Espoo vs Kärpät (7 outubro)" (en finés). 
  37. "HPK vs Kärpät (8 outubro)" (en finés). 
  38. "TPS vs KalPa (8 outubro)" (en finés). 
  39. "Team Kuortane vs RoKi (8 outubro)" (en finés). 
  40. "Team Kuortane vs Ilves (13 outubro)" (en finés). 
  41. "Kärpät vs HPK (14 outubro)" (en finés). 
  42. "RoKi vs K-Espoo (14 outubro)" (en finés). 
  43. "KalPa vs HIFK (14 outubro)" (en finés). 
  44. "Team Kuortane vs TPS (14 outubro)" (en finés). 
  45. "Kärpät vs K-Espoo (15 outubro)" (en finés). 
  46. "RoKi vs HPK (15 outubro)" (en finés). 
  47. "HPK vs TPS (20 outubro)" (en finés). 
  48. "HIFK vs K-Espoo (21 outubro)" (en finés). 
  49. "Ilves vs Kärpät (21 outubro)" (en finés). 
  50. "HPK vs Team Kuortane (21 outubro)" (en finés). 
  51. "KalPa vs RoKi (21 outubro)" (en finés). 
  52. "KalPa vs RoKi (22 outubro)" (en finés). 
  53. "TPS vs Kärpät (22 outubro)" (en finés). 
  54. "Team Kuortane vs HIFK (22 outubro)" (en finés). 
  55. "K-Espoo vs Ilves (22 outubro)" (en finés). 
  56. "KalPa vs TPS (28 outubro)" (en finés). 
  57. "HPK vs K-Espoo (28 outubro)" (en finés). 
  58. "HIFK vs Ilves (28 outubro)" (en finés). 
  59. "Team Kuortane vs Kärpät (28 outubro)" (en finés). 
  60. "Kärpät vs RoKi (29 outubro)" (en finés). 
  61. "(29 outubro)" (en finés). 
  62. "Team Kuortane vs HPK (29 outubro)" (en finés). 
  63. "K-Espoo vs HPK (3 novembro)" (en finés). 
  64. "TPS vs Ilves (3 novembro)" (en finés). 
  65. "Kärpät vs KalPa (4 novembro)" (en finés). 
  66. "Ilves vs HIFK (4 novembro)" (en finés). 
  67. "TPS vs RoKi (4 novembro)" (en finés). 
  68. "K-Espoo vs Team Kuortane (4 novembro)" (en finés). 
  69. "HPK vs RoKi (5 novembro)" (en finés). 
  70. "HIFK vs Team Kuortane (5 novembro)" (en finés). 
  71. "RoKi vs TPS (18 novembro)" (en finés). 
  72. "Kärpät vs Ilves (18 novembro)" (en finés). 
  73. "KalPa vs K-Espoo (18 novembro)" (en finés). 
  74. "Kärpät vs Ilves (19 novembro)" (en finés). 
  75. "RoKi vs TPS (19 novembro)" (en finés). 
  76. "Team Kuortane vs K-Espoo (19 novembro)" (en finés). 
  77. "KalPa vs HPK (19 novembro)" (en finés). 
  78. "Ilves vs TPS (25 novembro)" (en finés). 
  79. "Kärpät vs KalPa (25 novembro)" (en finés). 
  80. "HIFK vs Team Kuortane (25 novembro)" (en finés). 
  81. "K-Espoo vs RoKi (25 novembro)" (en finés). 
  82. "KalPa vs Kärpät (26 novembro)" (en finés). 
  83. "HIFK vs RoKi (26 novembro)" (en finés). 
  84. "K-Espoo vs Team Kuortane (26 novembro)" (en finés). 
  85. "TPS vs HPK (26 novembro)" (en finés). 
  86. "Ilves vs K-Espoo (29 novembro)" (en finés). 
  87. "RoKi vs KalPa (2 decembro)" (en finés). 
  88. "TPS vs Team Kuortane (2 decembro)" (en finés). 
  89. "HIFK vs Kärpät (2 decembro)" (en finés). 
  90. "HPK vs Ilves (2 decembro)" (en finés). 
  91. "RoKi vs KalPa (3 decembro)" (en finés). 
  92. "HPK vs Team Kuortane (3 decembro)" (en finés). 
  93. "K-Espoo vs Kärpät (3 decembro)" (en finés). 
  94. "HIFK vs TPS (3 decembro)" (en finés). 
  95. "HIFK vs K-Espoo (8 decembro)" (en finés). 
  96. "Ilves vs KalPa (9 decembro)" (en finés). 
  97. "Kärpät vs RoKi (9 decembro)" (en finés). 
  98. "TPS vs K-Espoo (9 decembro)" (en finés). 
  99. "Team Kuortane vs HPK (9 decembro)" (en finés). 
  100. "Ilves vs Team Kuortane (10 decembro)" (en finés). 
  101. "KalPa vs Kärpät (10 decembro)" (en finés). 
  102. "HPK vs HIFK (10 decembro)" (en finés). 
  103. "Ilves vs HIFK (12 xaneiro)" (en finés). 
  104. "RoKi vs HPK (13 xaneiro)" (en finés). 
  105. "TPS vs K-Espoo (13 xaneiro)" (en finés). 
  106. "HIFK vs KalPa (13 xaneiro)" (en finés). 
  107. "K-Espoo vs KalPa (14 xaneiro)" (en finés). 
  108. "Kärpät vs HPK (14 xaneiro)" (en finés). 
  109. "TPS vs Ilves (14 xaneiro)" (en finés). 
  110. "HPK vs Kärpät (20 xaneiro)" (en finés). 
  111. "Ilves vs RoKi (20 xaneiro)" (en finés). 
  112. "Team Kuortane vs HIFK (20 xaneiro)" (en finés). 
  113. "K-Espoo vs KalPa (20 xaneiro)" (en finés). 
  114. "Ilves vs RoKi (21 xaneiro)" (en finés). 
  115. "HPK vs K-Espoo (21 xaneiro)" (en finés). 
  116. "TPS vs Kärpät (21 xaneiro)" (en finés). 
  117. "HIFK vs KalPa (21 xaneiro)" (en finés). 
  118. "HIFK vs HPKa (24 xaneiro)" (en finés). 
  119. "Kärpät vs K-Espoo (27 xaneiro)" (en finés). 
  120. "RoKi vs HIFK (27 xaneiro)" (en finés). 
  121. "TPS vs KalPa (27 xaneiro)" (en finés). 
  122. "Team Kuortane vs Ilves (27 xaneiro)" (en finés). 
  123. "Kärpät vs HIFK (28 xaneiro)" (en finés). 
  124. "Roki vs K-Espoo (28 xaneiro)" (en finés). 
  125. "Ilves vs Team Kuortane (28 xaneiro)" (en finés). 
  126. "HPK vs KalPa (28 xaneiro)" (en finés). 
  127. "Ilves vs K-Espoo (3 febreiro)" (en finés). 
  128. "TPS vs HPK (3 febreiro)" (en finés). 
  129. "HIFK vs RoKi (3 febreiro)" (en finés). 
  130. "Team Kuortane vs Kärpät (3 febreiro)" (en finés). 
  131. "Ilves vs Kärpät (4 febreiro)" (en finés). 
  132. "HIFK vs TPS (4 febreiro)" (en finés). 
  133. "Team Kuortane vs KalPa (4 febreiro)" (en finés). 
  134. "K-Espoo vs RoKi (4 febreiro)" (en finés). 
  135. "Kärpät vs Team Kuortane (10 febreiro)" (en finés). 
  136. "Kärpät vs Team Kuortane (11 febreiro)" (en finés). 
  137. "Ilves vs TPS (16 febreiro)" (en finés). 
  138. "Ilves vs HPK (17 febreiro)" (en finés). 
  139. "KalPa vs Team Kuortane (17 febreiro)" (en finés). 
  140. "RoKi vs Kärpät (17 febreiro)" (en finés). 
  141. "K-Espoo vs HIFK (17 febreiro)" (en finés). 
  142. "RoKi vs Team Kuortane (18 febreiro)" (en finés). 
  143. "HPK vs HIFK (18 febreiro)" (en finés). 
  144. "K-Espoo vs TPS (18 febreiro)" (en finés). 
Referencias
  1. Seppä, Lassi (2 de abril de 2023). "Aliisa Toivosen hattutemppu toi Lukon liigataipaleelle jatkoa, akatemiajoukkueiden sinnikkyys ei tuottanut nousua". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 13 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Seppä, Lassi (28 de abril de 2023). "Lukko luopuu Naisten Liigan paikastaan". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 13 de maio de 2023. 
  3. Seppä, Lassi (29 de abril de 2023). "Kapteeni Maija Kosken Lukko-sydän murtui joukkueen lopetusuutisesta − "Aikuisten, maksavien pelaajien mielipidettä ei kysytty"". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 13 de maio de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Mennander, Pasi (5 de xuño de 2023). "Naisten Liigan otteluohjelma on julkistettu – Runkosarja alkaa 9.9.2023 ja päättyy 25.02.2024" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  5. "Suomen Jääkiekkoliitto rekrytoi: Naisten Liigan johtaja" (en finés). Leijonat.fi. 31 de marzo de 2023. Consultado o 1 de agosto de 2023. 
  6. "Henni Laaksosesta Naisten Liigan johtaja" (en finés). Leijonat.fi. 1 de agosto de 2023. Consultado o 1 de agosto de 2023. 
  7. Seppä, Lassi (17 de maio de 2023). "RoKin naisten päävalmentajana toiminut Tuomas Liitola hyppää Ruotsin kakkostasolle". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 17 de maio de 2023. 
  8. "DAMERNA VÄLKOMNAR NY HUVUDTRÄNARE" (en finés). Skellefteå AIK. 17 de maio de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  9. Seppä, Lassi (3 de xuño de 2023). "Teemu Koivula on RoKin naisten uusi päävalmentaja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  10. 10,0 10,1 Oivio, Janne (12 de xuño de 2023). "Jättiyllätys! Tässä on Nuorten Leijonien uusi päävalmentaja". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 6 de setembro de 2023. 
  11. "Poikien ja tyttöjen maajoukkueiden valmennus ja huippukiekon vahvistustoimet kaudella 2023–24" (en finés). Leijonat.fi. 12 de xuño de xuño de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023. 
  12. "Juuso Nieminen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 6 de setembro de 2023. 
  13. Seppä, Lassi (13 de outubro de 2023). "Sanna Lankosaari sivuun Kärppien päävalmentajan tehtävästä". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 14 de outubro de 2023. 
  14. "Sanna Lankosaari ei jatka Naisten Liigan valmentajana" (en finés). Kärpät Naiset no Facebook. 13 de outubro de 2023. Consultado o 14 de outubro de 2023. 
  15. Seppä, Lassi (31 de outubro de 2023). "Kärppien naisten uusi päävalmentaja on Satu Kiipeli". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 2 de novembro de 2023. 
  16. "Satu Kiipeli Naisten Liigan vetovastuuseen" (en finés). KärpätNaiset.fi. 1 de novembro de 2023. Consultado o 2 de novembro de 2023. 
  17. 17,0 17,1 "MTV Katsomo näyttää Naisten Liigan kuukauden ottelut ja finaalit - Leijonat TV näyttää kaikki ottelut" (en finés). Leijonat.fi. 9 de outubro de 2023. Consultado o 14 de outubro de 2023. 
  18. Löfman, Heikki (12 de marzo de 2024). "Naisten Liiga: Finaalien otteluaikataulu on nyt selvillä – loppuottelut katsottavissa MTV Katsomossa ja Leijonat TV:ssä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  19. "Naisten Liigan ensimmäinen kumppanuus julkistettiin" (en finés). Leijonat.fi. 25 de xaneiro de 2024. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  20. "Veikkaus mukaan rakentamaan Naisten Liigan tulevaisuutta" (en finés). Leijonat.fi. 12 de febreiro de 2024. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  21. "Naisten SM-sarjaa: Koulukarun Lassikko la 28.1.2012" (en finés). Ilves Hockey. 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de febreiro de 2023. 
  22. Mennander, Pasi (5 de xuño de 2023). "Naisten Liiga käynnistyy avausturnauksella Espoon Matinkylässä – Tässä ensimmäisen viikonlopun ohjelma!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  23. Seppä, Lassi (5 de xuño de 2023). "HIFK ja Kiekko-Espoo heti vastakkain Naisten Liigan avauksessa, helmikuussa talviklassikko Tampereella". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  24. "Näin pelataan Naisten Liigassa kaudella 2023-24" (en finés). Leijonat.fi. 2 de setembro de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023. 
  25. Löfman, Sini (8 de xaneiro de 2024). "Naisten liigakarsintatapa päätetty" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 10 de xaneiro de 2024. 
  26. Löfman, Sini (11 de marzo de 2024). "Naisten Liigan karsintoja ei pelata tänä keväänä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  27. 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 "Pelipaikat... Lipunmyynti... Budjetit... Ulkomaalaiset... Päävalmentajat... Tässä Naisten Liigan faktat ja tunnusluvut 2023–2024!" (en finés). Leijonat.fi. 5 de setembro de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023. 
  28. Seppä, Lassi (24 de febreiro de 2023). "Saara Niemi on HIFK:n naisten päävalmentaja ensi kaudellakin". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 6 de xuño de 2023. 
  29. "KOKOONPANO HIFK" (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  30. Seppä, Lassi (4 de abril de 2023). "Jari Risku jatkaa HPK:n naisten liigajoukkueen päävalmentajana − tehokas nuori hyökkääjä Turusta Hämeenlinnaan". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 6 de xuño de 2023. 
  31. "KOKOONPANO HPK" (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  32. Seppä, Lassi (15 de marzo de 2023). "Marjo Voutilainen jatkaa Ilveksen naisten päävalmentajana". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 6 de xuño de 2023. 
  33. "KOKOONPANO Ilves" (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  34. Seppä, Lassi (21 de febreiro de 2023). "Mika Väärälä jatkaa KalPan naisten päävalmentajana − "Ainut tavoitteemme on mestaruus"". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 6 de xuño de 2023. 
  35. "KOKOONPANO KalPa" (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  36. Löfman, Heikki (6 de setembro de 2023). "Naisten Liiga: Kiekko-Espoo jahtaa uusia vivahteita ja sävyjä: "Tarvitsemme kokemuksia"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 6 de setembro de 2023. 
  37. "KOKOONPANO K-Espoo" (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  38. Seppä, Lassi (21 de abril de 2023). "Sanna Lankosaari jatkaa Kärppien naisten vastuuvalmentajana". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 6 de xuño de 2023. 
  39. "KOKOONPANO Kärpät" (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  40. Seppä, Lassi (3 de xuño de 2023). "Teemu Koivula on RoKin naisten uusi päävalmentaja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 5 de xuño de 2023. 
  41. "KOKOONPANO RoKi" (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  42. "KOKOONPANO Kuortane" (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  43. Seppä, Lassi (21 de abril de 2023). "TPS:n naiset ensi kauteen tutussa komennossa − Terhi Mertanen jatkaa pestissään". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 6 de xuño de 2023. 
  44. "KOKOONPANO TPS" (en finés). Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  45. "HIFK:lle sakko ja pistemenetyksiä kansainvälisen seurasiirron hoitamatta jättämisestä" (en finés). Leijonat.fi. 2 de setembro de 2023. Consultado o 21 de setembro de 2023. 
  46. 46,0 46,1 Löfman, Heikki (19 de febreiro de 2024). "Naisten Liiga: Pejzlova piste- ja Täks maalipörssin voittoon – Lahtinen tarkin maalinsuulla" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 20 de febreiro de 2024. 
  47. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 5 de decembro de 2023. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  48. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 13 de decembro de 2023. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  49. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 23 de xaneiro de 2024. Consultado o 3 de febreiro de 2024. 
  50. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 31 de xaneiro de 2024. Consultado o 3 de febreiro de 2024. 
  51. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 5 de febreiro de 2024. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  52. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 12 de febreiro de 2024. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  53. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 19 de febreiro de 2024. Consultado o 20 de febreiro de 2024. 
  54. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 27 de febreiro de 2024. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  55. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 4 de marzo de 2024. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  56. "Publicación da nova no Facebook da Naisten Liiga" (en finés). 11 de marzo de 2024. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  57. Mennander, Pasi (3 de outubro de 2023). "Ilveksen Salla Sivula Naisten Liigan syyskuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 3 de outubro de 2023. 
  58. Mennander, Pasi (1 de novembro de 2023). "K-Espoon Lisette Täks Naisten Liigan lokakuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 2 de novembro de 2023. 
  59. Mennander, Pasi (1 de decembro de 2023). "KalPan Elisa Holopainen Naisten Liigan marraskuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  60. Mennander, Pasi (1 de xaneiro de 2024). "Kärppien Emma Ekoluoma Naisten Liigan joulukuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 10 de xaneiro de 2024. 
  61. Mennander, Pasi (1 de febreiro de 2024). "HIFK:n Michaela Pejzlova Naisten Liigan tammikuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 3 de febreiro de 2024. 
  62. Mennander, Pasi (1 de marzo de 2024). "Kiekko-Espoon Emma Nuutinen Naisten Liigan helmikuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  63. 63,0 63,1 63,2 63,3 63,4 Löfman, Heikki (19 de febreiro de 2024). "Naisten Liiga: Palkittuja julki – kunniaa saaneiden joukossa pörssivoittajia ja pian tuplamaisteri" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 20 de febreiro de 2024. 
  64. Mennander, Pasi (27 de febreiro de 2024). "HIFK:n Michaela Pejzlovalle Naisten Liigan pistepörssin voittajan palkinto" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  65. Mennander, Pasi (27 de febreiro de 2024). "HIFK:n Clara Rozier vastaanotti Naisten Liigan tehopelaajan pokaalin" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  66. Löfman, Heikki (21 de marzo de 2024). "Naisten Liigan pudotuspelien arvokkain pelaaja Clara Rozier: "Selkeästi paras kauteni Suomessa"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de marzo de 2024. 
  67. Mennander, Pasi (27 de febreiro de 2024). "Naisten Liigan opiskelijapalkinto HPK:n Ella Välikankaalle" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  68. 68,0 68,1 Löfman, Heikki (20 de febreiro de 2024). "Naisten Liiga: Valmentajien nimeämät All Star -kentälliset ovat nyt selvillä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 20 de febreiro de 2024. 
  69. Seppä, Lassi (15 de febreiro de 2024). "Naisten Liigan runkosarja huipentuu − piikkipaikka jaossa, HIFK dominoi lähes kaikkia pelaajatilastoja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 20 de marzo de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar