Uusimaa (en galego Nilandia; en sueco Nyland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada no sur do país, na provincia histórica de Uusimaa, e na actual provincia de Finlandia Meridional. A súa capital e cidade máis poboada é Helsinqui, con 604.380 habitantes. Na rexión atópanse as dúas cidades máis grandes do país, a capital Helsinqui, e Espoo.

Modelo:Xeografía políticaUusimaa
Nyland (sv) Editar o valor em Wikidata

Símbolo oficialOurizo cacho (animais)
Merlo (aves)
Lake Tuusula (en) Traducir (lago)
Lucioperca (peixe)
Anemone de bosque (planta)
Hornblenda (rocha) Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 60°15′N 24°30′L / 60.25, 24.5Coordenadas: 60°15′N 24°30′L / 60.25, 24.5
EstadoFinlandia
Axencia RexionalFinlândia Meridional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalHelsinqui Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.704.607 (2021) Editar o valor em Wikidata (178,14 hab./km²)
Xeografía
Superficie9.568,85 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1 de setembro de 1997 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
28 de marzo de 20202020 isolation of Uusimaa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FI-18 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSFI1B Editar o valor em Wikidata

Sitio webuudenmaanliitto.fi Editar o valor em Wikidata
Facebook: uudenmaanliitto Twitter: uudenmaanliitto Instagram: myuusimaa Youtube: UCGisHHV3ILS1dHksol6FiVw Editar o valor em Wikidata

A rexión ten unha poboación de 1.550.362 habitantes e unha superficie de 9.567,71 km², o que a converte na rexión máis poboada e a 15ª máis grande. Uusimaa limita coas rexións de Tavastia Propia e Päijänne Tavastia ao norte, Kymenlaakso ao leste, e Finlandia Propia ao oeste, e co golfo de Finlandia ao sur.

Historia editar

 
Ekenäs (Tammisaari) old town in Raseborg (Raasepori)
 
Sede de Nokia en Keilaniemi (Kägeludden), Espoo (Esbo)

Uusimaa foi, xunto co resto do sur e o oeste de Finlandia, parte do Reino de Suecia dende o século XII ou XIII.

A costa de Uusimaa foi anteriormente escasamente poboada, maioritariamente por xentes de Tavastia, mais foi dende o século XII cando comezou a ser poboada por colonos suecos, a meirande parte de Hälsingland, e as vilas sueco falantes chegou ata cerca das bocas dos ríos Vantaanjoki e Keravanjoki.

Os nomes Uusimaa e Nyland significan en galego "nova terra". O nome sueco Nyland aparece nos documentos dende o século XIV. O nome finés Uusimaa aparece por primeira vez en 1548 como Wsimaa en Se Wsi Testamenti no Novo Testamento en finés de Mikael Agricola.[1]

As provincias finlandesas foron cedidas ao Imperio Ruso na Guerra de Finlandia en 1809. Logo disto, Uusimaa converteuse na Provincia de Uusimaa/Nyland no antigo sistema lääni. Dende 1997 ata 2010, Uusimaa foi unha parte da Provincia de Finlandia Meridional. Foi dividida nas rexións de Uusimaa e Uusimaa Oriental. En 2011, as dúas rexións se fusionaron.

Linguas editar

A rexión de Uusimaa é oficialmente unha rexión bilingüe na que o finés e o sueco teñen o mesmo status.

A rexión, especialmente as áreas costeiras, é tradicionalmente sueco falante, os dialectos rexionais tradicionais do sueco (nyländska) son actualmente máis falados en Uusimaa Oriental, mentres que no resto da rexión, a lingua sueca estandarizouse máis.

A poboación de fala finesa comezou a medrar cando a capital de Gran Ducado de Finlandia foi trasladdada de Turku a Helsinqui polo emperador Alexandre I de Rusia en 1812, e a rexión atraeu colonos doutras partes de Finlandia. O stadin slangi de Helsinqui (unha xerga local do finés) evolucionou inicialmente no século XIX.

Concellos editar

 
Subrexións, cidades e municipalidades de Uusimaa.

Subrexión de Helsinki:

Subrexión de Raseborg:

Subrexión de Porvoo:

Subrexión de Loviisa:

Antigos concellos editar

Notas editar

  1. Nytt Land, Nylands historia Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine., por Uusimaa Regional Council]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar