Laponia, Finlandia

Rexión de Finlandia

Laponia (en finés: Lappi; en saami: Lappi; en sueco: Lappland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Até finais de 2009 foi unha das seis provincias coas que contaba a organización político-administrativa rexional da República de Finlandia. A súa capital administrativa é a cidade de Rovaniemi. A Laponia finlandesa forma parte dunha rexión xeográfica máis grande chamada Laponia.

Modelo:Xeografía políticaLaponia, Finlandia
Lappi (fi)
Lappland (sv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe
(2015)

HimnoKymmenen virran maa (en) Traducir (1906) Editar o valor em Wikidata

Símbolo oficialDomesticated reindeer (en) Traducir (animais)
Papoazul (aves)
Lago Inari (lago)
Salmón atlántico (peixe)
Trollius europaeus (planta)
Ouro (rocha) Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 67°N 26°L / 67, 26Coordenadas: 67°N 26°L / 67, 26
EstadoFinlandia
Axencia RexionalAxencia de Administración Rexional de Laponia Editar o valor em Wikidata
CapitalRovaniemi Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación176.711 (2021) Editar o valor em Wikidata (1,91 hab./km²)
Lingua usadaLingua saami de Skolt
meänkieli
Lingua saami de Inari
Lingua saami setentrional
lingua finesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie92.683,24 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1 de xaneiro de 2010 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FI-10 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSFI1D7 Editar o valor em Wikidata

Páxina weblapinliitto.fi Editar o valor em Wikidata
Twitter: lapinliitto Editar o valor em Wikidata

A provincia de Laponia tiña soamente uns 186.500 habitantes (2004), que representan o 3,6% da poboación de Finlandia. A densidade de poboación é claramente a máis baixa do país. As cidades máis notables da rexión, ademais da súa capital, son Kemi, Tornio, Kemijärvi e Inari.

Os concellos da provincia cooperan nun Consello Rexional. Laponia fai fronteira coa rexión de Ostrobotnia do Norte ao sur, sendo bordeada tamén polo Golfo de Botnia ao suroeste, co Condado de Norrbotten de Suecia ao oeste, Noruega ao norte e co Oblast de Múrmansk de Rusia ao leste. Nalgunhas partes do mundo, como o Reino Unido, Irlanda e a propia Finlandia considérase a esta rexión como o fogar de Joulupukki, Pai Nadal ou Papá Noël.

Concellos editar

A rexión de Laponia conta con 21 concellos, dos cales catro son cidades (en letra grosa):

 
Rexión de Laponia.

Antigos concellos editar

Subrexións editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar